28/04/2013

A SACHAR

Atrevinme, e que ben fixen. Fun pisar o sol do Xalo e trouxeno todo para a casa; de feito ainda o teño aquí comigo mentres escribo. Xa veremos maña se os cuadriceps superexcentricados opinan o mesmo, pero maña e outro dia e por moi repunantiñas que se poñan as pernas, non lles hei de faser caso ninghun, porque traio o sol do Xalo e porque as veces non chega con sacudir a vida, as veces hai que volvela do reves varias veces e arrearlle unhas boas chaparretas ben dadas.


Tipico exemplo de chaparretas existenciais


E moitas vidiñas mallables hai no mundo, porque cando arribamos a Castelo o meu colega Candido, Oscar o maratoniano e mais eu encontramos unha boa morea de frikis deses que se botan ao monte -coma nos- dispostos a conquistar o mitico Peton –non coma min (os frikis, non o Peton, que Peton si que son bastante), senon citius, altius e fortius, todo hai que dicilo; pero pa disimular a miña ineptitude trailera, ir de interesante e facerme valer sexa coma sexa, entro en modo pedante e cito a W. Fernandez Flores: “la ciudad tiene la inquietud ansiosa de un eterno acecho, en el que cada uno es pieza y cazador. La ciudad es un corral de hombres y algunos huyen de ese corral, aunque por poco tiempo”. Bueno, “por pouco tempo” e un supoñer, que a min os case 20 kms das narices levaronme unha eternidade, pero deixemolo asi, que non son eu quen para corrixir ao autor, madia leva.

E si, unha eternidade. Ao principio ainda fun coindidindo un pouquechin coas miñas runners preferidas de Santiago, Belen e Cristina creo que se chaman, e mira que lles teño dito que quero practicar baixadas con elas, pero como vivimos lonxe e non me podo acoplar aos seus entrenos, pasou o que tiña que pasar, era visto: na primeira baixada esvaradia ai as vexo ir con alegria cada vez mais pequeniñas, e eu pisando ovos e rezando por non deixar ciscados os piños naquela trampa de barranco antipatico.

Fomonos quedando sos a baixada, o medo e mais nos (adoro plaxiar a Manuel Antonio). Defino “nos”: Alberto, un rapas que se estreaba no monte e unha servidora. E asi paseniño fomos debullando os traballos daquel sobebaixa continuo, botando os fighados nas trepadas, mirando de pisar con xeito nas pendentes, enlamandonos, admirando as magnificas vistas, sacando fotos no Peton e parolando sen parar, que isto de abafar de penultimos e o que ten, que une moito a xente. Pero pa min que no derradeiro avituallamento botaronme drogha na isotonica os orghanisadores eses, porque todo foi bebela e botarme monte abaixo a fume de caroso (dentro dos meus parametros), os pes non querian parar e mesmo parecia que entrara en trance coas ansias que tiña de meterlle brasa e co subidon que sentia deixandome ir asi, soa no medio do monte, e matinaba en que nunca xamais poderia renunciar a esa sensacion. Que friki.

E ainda menos mal que canto mais vella, menos vergoña teño, porque a ver a quen se lle ocorre perderse xa chegando, nos ultimos metros, alo a vista de tanta xente, que tiveron que berrarme e facerme sinais para que dese volta e endereitase o camiño; e logho ao chegar ao pe do pavillon non encontraba a meta, que de non ser por Carliños (ghrasias!!!!) que me avisou xa tiraba pa outro lado toda contenta. O Xalo me confunde, seica.

Houben botar bastante bastante bastante mais de tres horas (diormio, diormio, que non fosen catro!!!) Pero en fin... Na Guia del autoestopista galactico, que deberia ser o libro de cabeceira de calquera, lin unha frase tremendamente seria e profunda, preparadevos: “el tiempo es una ilusion. Y la hora de comer, mas todavia”. Canta razon leva. E se ainda por riba compartes risos, birras e churrascada cortesia de Castelo Deporte con Candido, Oscar, Luis, Lucia, Ana, Manuel, Mar, Carliños, Loli (Loli, tas nomeada filla predilecta deste blog)… daquela a ilusion xa e completa.

Os meus parabens para a organización e en particular para Fero, o superdesbrozador de camiños, que iso si que ten merito e non as conachadas que facemos o resto polo monte. A sachar tiñan que poñernos a todos e deixarnos de trailaradas, que moito visio e o que hai ;)

16/04/2013

NANORUNNER NO MINITRAIL

O domingho, 14 de abril, Dia da Republica (Himno de Riego e man no corason tricolor) tocou pasarse ao maquis na Serra do Ghaliñeiro, alo por Gondomar, que os rapases do GMTA disian que algho habia alo polo Sur.

 E mira ti que aquilo que citara eu toda pedante o outro dia de “piu nessuno me portara nel Sud” era todo mentira, que ao final si que me levaron ao Sur e me aturaron ida e volta, que ten moito merito e ademais e unha gran labor social pasear a Miss Riveter polos trails adiante (Ghrasias, Carlos e compañia).

E nada, aquí a nanorunner puxo a coleta alta, calzou as Salomon de oferta (que agradecidas, a coleta alta e as alzas das zapas nada minimalistas, para as infimas nanorunners que malamente sobrepasamos o metro e medio), cinguiu no pulso tres fitas para compoñer a bandeira da Republica e…perdeuse.

Perdinme, si, duas veses perdinme antes de embarcar no coche de Carlos, que non dou saido de palurda, cajina. A primeira ves para recoller a Eloi, que pasei tan ricamente co meu Opel Austwich por diante do punto de encontro e seguin tirando millas toda consentrada, e a segunda ves mesmamente no segundo punto de encontro, na area de servizo do Burgo. Coñecedes a alguen que se perdese na area de servizo do Burgo? Ui, se mua.

Falta de sono, idade avanzada, estuticia conxenita, aliñacion dos astros, fase da lua… Botei case media viaxe cismando a que raio botarlle a culpa do meu natural pailaroco.

Outra case media viaxe cavilei sobre se levar ou non a mochila trailarailarita a un paseiño de dez quilometros –que ridiculo, habendo avituallamentos deses, pero claro, mola ter o cortaventos na mochila para cando remate e entre en hipotermia, ese feo costume que teño, ou por se houbese insidensia no camiño e quedase ai espatarrada nun lameiro media morta e tiritando, e pensamentos optimistas polo estilo.

O resto da viaxe que non son as case duas metades escoitei a Carlos, gran montañes que te transporta aos Picos de Eropa co seu don de palabra, a Eloi que relataba o seu accidente biciclistico, recuperacion e marcas atleticas familiares que che fan sentir ainda mais vella e anana en xeral, pero chea de admiracion cara aos kriptonitos, que habelos hainos, e ao sempre moi agradable Serxio, que coñecin naquela proba de orientacion en Orro (parece unha broma, eu nunha de orientacion, pero e veridico) e seguin coñecendo no Mandeo e en Moaña. Forza, Seixi, con esa recuperacion!

E xa tamos.

Vincios, Gondomar, pouso indiano:



Xente que quere café, e eu detrás deles para sacarlles a foto:



Encontro co comando Ferrol, ou Picapedras (Pedro, Pablo e Vilma- vaale, chamase Quirina, pero non me cadraba o nome –Quirina, sintoo, pero quedouche Vilma):



Alegroume mooooito encontrar a SuperPaco, que a min me parese asi como un geiperman pletorico de enerxia, quen ma dera, a Marga, na sua case primeira cita trailera con Rafita, biciclista trotamundos, e Berta, loira lambona :D

Moutinho quixo chamarnos a capitulo pero ali non calaba nin dios:

Moutinho intentando arengar as masas

E como non calamos, mandounos castigados ao monte. Veña lio.

E claro, como eu non fago tempos decentes nin indecentes nin nada, nin me fixo en nada que non sexa pisar ben para non romper, que teño moito que coidar na casa eu como pa esguinzarme, nin uso trebellos para medir distancias nin tempos, nin teño case experienSia nin preprasion nisto do monte, pois xa tamos, que cando chega a chicha do relato non sei que dicir. E que mellor que poñer un enlace a cronica doutro kriptonito deses que corre a todo filispin: Cibreiro Picapiedra

Foto roubada, xa vos direi de quen

Vistes que cara de consentrasion?

Porque o que son eu, a ver… Quedei admirada das vistas, tanto que quixen ir emighrada pras Rias Baixas e tiven que parar a quitar fotos, cutres, pero afotos:


Paseino bomba aghatuñando polos penedos, que cada ves teño eu mais querensia polo status cuadrupede, e sentin una algho asi como de envexa pola xente que nos cruzamos practicando escalada. E deles non teño fotos, porras.

Tamen pasei un certo acongojamiento ao pasar pegada a unha vaca ceiba (que fobia pendente bovina arrastro, por favor); rin moito co nacho aquel animador do cencerro e con outro da organización que taba alo nun alto e que algho me comentou dos Koruños traileros (eche un mundo ben pequeño, este do maquis) (Un saudo, organizador!).

Baixada timida, covarde (many baixadas to cross, abofe) pero divertida, con moito palique. Con todo, estrañei aquel mergullarse anfibio de Moaña, pero chegar a meta no posto 69 do minitrail para recibir o superabrazo de Moutinhoiso non ten prezo :D

Eiqui queria poñer unha foto de Marga, Rafita e Berta, pero como non ma manden ides ter que esperar sentados.

ESPAZO PARA A FOTO DE MARGA, RAFITA E BERTA
 QUE ME DEBERIAN ENVIAR


Adorro o GMTA, toume facendo moi fan das cousas estas que orghanisan, e ainda por riba poñenche asi un musicote a saida e a chegada que che entran ganas de bailar (escoitade eiqui o himno do Galiñeiro, que eu non daba aturado as ghanas de botarlle unha peza). Fante sentir coma na casa, pero mais alo. E –xa sabedes da miña teima de non pasar sen unha cita, neste caso unha parafrase de Hernan Casciari- fannos sospeitar que somos felices. Ainda sen republica e todo  :D

10/04/2013

PISAR O SOL

Teredes que desculpar que volva citar a Manuel Rivas, non me dou desprendido desta teima:

“Tiña oito anos. Os dous irmans foran recrutados para a guerra. E tocoulle a ela. Non habia outra. Levar o gando. As vacas, dous bois e un cabalo.
-         Vai ao Xalo. Hai pasto dabondo. Andaran mais ceibos. Non tes que andar pendente de que pisen aqui ou acola.
-         ¿E canto tempo?
-         Volve cando pises o sol
Por mais que preguntou non soubo como ia pisar o sol. Ate que chegou a hora. Ela toda tarde a espreita. Como ia facer para pisalo. Ate que chegou o intre e foi ben doado. O sol estaba aos seus peus. E pisouno.”

Se fose eu a autora destas liñas dedicariallas a todos aqueles que nalgun intre se senten coma un neno de oito anos diante do descoñecido, as persoas que a cotio enfrontan medos e incertezas e dalgun xeito se amañan para chegar a pisar o sol.

E por suposto, a todos os que estades entrenando para pisar o sol do Xalo a finais de abril.

Forza

07/04/2013

O SOL PRIMEIRO DO MES DE ABRIL, COMO DIRIA ANDRES DO BARRO

Estrear abril hibernando traeche a cabesa o verso aquel de Quasimodo “Piu nessuno mi portera nel Sud*, tanta fame de luz atrasada levamos.

E tanta desgana, tanta, que nesta semana encasilleime no papel de zombie de eliptica e ainda ghrasias que non me embrearan, me emplumaran e me botaran ao mar de San Amaro, que ben o houben merecer por desaboria, por bocexar tan ostensiblemente a ximnasio vista aborrecementos, claustrofobias e sopores varios.

Pero si, hoxe, sabado, por fin agromou o sur engalanado de luz; abril espertou festeiro, asi que cumpria saudar o sol e aproveitar un anaquiño de dia libre para trotar polos camiños da Torre. E para comprobar que estou feita unha pataca tamen.

As veces preguntome por que raio prendin no feo visio este de correr. Quero dicir, se fose especialmente rapida, ou axil, ou resistente, ou ainda se lucise un pouquechin… Pero a ver: unha tartaruga vellota modelo tapon afoghando polo mundo adiante, que sentido ten? A onde leva?

Corredores, de Antonio Heredia


Porque hoxe, se algunha faragulla de amor propio ficase en min por ter entrenado unha hora e media sen molestias, ala vai todo a tomar vento cando leo no blog do Cibreiro ese que adestrou 4 horas e fixo 47 quilometros, el muy militar, e o condenado ainda ten queixa porque iso non e nada e tal e cual. Moita soberbia hai no mundo, señores :D

Asi e todo, pa min que por moi paquete que sexa, por pouco rendemento que saque, por moi ridicula que me sinta vestida co traxe de luces, por moita vergoña que me dea cruzarme con descoñecidos e coñecidos -ola, Anarky :D-, por pouco sentido que lle encontre a esta teima de correr, por moita tentacion de colgar as zapatillas e empezar a surfear e aprender a patinar como e debido, pois pa min que ainda con todo iso non vou ser capaz de deixalo.

Porque o xantar e as cervexas que seguiron na sempre agradable compaña de Mar e Javier e mais a tarde cos cativos na praia e logo no monte, aproveitando ata a derradeira raiola, non terian sido tan luminosos nin divertidos se non fose por ese trote teimudo, pausado, torpe e absurdo con que dei por estreado abril e rematada a hibernacion.



E se ninguen nos leva ao Sur, xa faremos por que veña el a nosoutros.


*Conste que nunca lin a Quasimodo, xurovolo. A culpa e de Montalban por citalo reiteradamente en Los mares del Sur, lectura moito mais acorde cos meus gustos populares.

04/04/2013

NACHAS POWER - 1

Botar os anos mozos en Ferrol deixache unha fonda pegada lexica que abrangue termos como nacha/o, conacho ou a todo filispin, xenialidade esta ultima que compite coa impresionante capacidade lusa de adaptacion directa de calquera estranxeirismo que se lles poña por diante (ainda que hai que recoñecer que os chilindrins –“cativos”- acruñados en Celeiro andan polo mesmo nivel) Logho tamen aprendin en Cadiz –Cai- que o equivalente do meu nacha e nacho son shoso e pisha (sonvos moi partidarios da parte polo todo, alo no Sur), pero isto non ven a conto, xa tou saindo do rego. 

Aquí o que importan aghora son as nachas, elas, nosoutras (toma!). Mais ca nada, porque como desde o luns que botei 50 mins na eliptica ata hoxe mercores non volvin dar pao a auga, vou asubiar, aquí non pasou nada, e collo e escribo sobre corredoras exemplares para desviar a atencion da miña vaghansia. Pero unha vez posta na faena, digo eu que podiamos inaugurar unha seccion informal sobre nachas runners co unico e exclusivo criterio de que sexan obxecto da miña admiracion, que para algho o blog e meu.
 


AS MIÑAS RUNNERS COÑECIDAS MAIS PREFERIDAS (polo de aghora):

  1. Paula: porque e a cousa mais riquiña do mundo, porque cando a vin en Moaña decateime de que hai xente que ainda o pasa mellor ca min correndo e porque adoro a xente non competitiva.
  2. Virginia, triatleta vivariense supermedallista que e o optimismo personificado e sen sabelo contaxioume moitas ganas de seguir dandolle.
  3. Almudena Suarez, que e das que fan podium: ignoro por que ela e non outras superwomen coas que coincidin montuneando (e cheghando eu unha hora mais tarde, claro). Igual porque no Roteiro de San Bartolomeu achegouse e dedicoume unhas palabras cando eu estaba estaba ali soa, morta de corte e de medo, e ainda que soamente fun quen de responderlle coma unha boba monosilabica, agradecinlle o xesto infinitamente.
  4. Duas rapazas de Santiago coas que coincidin en Penedos do Lobo e en Moaña, porque quero entrenar baixadas con elas.
Ningunha delas o sabe, pero heinas entrevistar para esta miasma de blog.

Mentres tanto, que son as tantas e tou aquí na casa co neno recen deitado e os marujeos a medio faser e non podo entrevistar a ninghen, podemos falar dunha figura coruñesa historica, Dolores Tasende. Sinto ser tan recorrente nas citas, pero como estou lendo As Voces Baixas de Manuel Rivas (tedelo que ler, e un prodixio), teredesme que aturar ata que remate. Iso si, a referencia ven moi de refilon, asociada as victorias do seu irman Ramon, gran corredor, amante das mirindas e dos cacahuetes, e todo no contexto das memorias do Castro de Elviña:

E da mesma estirpe era a sua irma mais nova, Maruxa Tasende. Foi unha grande atleta, corredora de fondo. Pero vimola por primeira vez en accion no equipo de futbol feminino, no entroido. O mundo puñase do reves. Nunca volvin ver  a ninguen correr e canear coma ela pola banda”.
(Non imaxinades como odio escribir sen acentos, pero citar sen acentos xa me parece o peor do peor… un dia destes levo o portatil a arranxar, xurovolo)

O mundo do reves…unha muller correndo e xogando ao futbol. Polo que lin nunha entrevista de La Opinion, parece ser que lle chamaban “pirucho”, ese palabro que non sei por que tantas veces lle teño escoitado a miña avoa :D

Fotografia extraida de La Voz de Galicia

Noutra entrevista que lle fixeron en La Voz de Galicia no 2011, no seu 60 aniversario, lemos esta introducion:

En la década de los setenta colocó al atletismo gallego en primera línea, al ganar el campeonato nacional Educación y Descanso en 800 metros […]en 1971 fue campeona gallega absoluta de campo a través; al año siguiente se hizo con el campeonato gallego de 800; en 1974 volvió a lo más alto del podio en el gallego de 1.500 metros y consiguió el récord de España de 3.000 metros en pista cubierta con un tiempo de 10 minutos y 4,4 segundos, y en 1975 volvió a ser campeona gallega de 3.000 al aire libre. Y esto solo por citar algunos de los logros deportivos de esta coruñesa nacida en Elviña que el próximo fin de semana cumplirá 60 años.

E tamen as impresions da entrevistada sobre aqueles adestramentos nos 70:

“No teníamos medios, ni material, ni dinero para los desplazamientos... Era todo muy difícil. Salíamos mucho a la calle. Cuando tocaba hacer kilómetros íbamos hasta San Pedro de Nós por la carretera, pegadas a la orilla y mirando a los coches, porque no había chalecos reflectantes

Soa heroico. Pioneiras. Adiantadas a unha epoca escura e mojigata.

Pero… Aqui segue a entrevista:

“El atletismo fue su vida -incluso ahí conoció a su marido- hasta que otros intereses mayores se cruzaron en su camino: sus dos hijas. «Con las niñas era muy complicado andar viajando constantemente a campeonatos y dejarlas solas con el padre. Así que me retiré de la competición, aunque físicamente estaba bien. No lo eché de menos, porque lo compensaba la familia», explica.

Hai que joderse. Os finales felices clasicos sempre foron a ruina das mulleres interesantes.

Pero ameazamos con seguir.