4 de out. de 2013

TURRARLLE DAS ORELLAS AO LOBO

Acabo de lerlle a Cándido a nova entrada do seu blog Por piernas, sobre a oitava edición de Penedos do Lobo, que tiven o privilexio de compartir con el e con outros cinco corredores, que veñen sendo Ezeq, Luis, Manuel, Miguel e Paco.

Lende, lende:


Mola, eh?

De feito mola tanto que aghora a ver que raio conto eu pa non desmerecer. Tócate las narices. Dichoso Cándido, mecajina.

Porque non vaiades crer que o rapás soamente ten un blog deses que te fai pensar ai diormío quen mo dera (o blog, non me malinterpreten), non… É que ademais diso -tócate las narices- e de ternos axudado a todos os koruños a base de consellos expertos, adestramentos guiados polo monte, algunha birra en boa compaña, e no meu caso ata instrucións para desasnarme bloghísticamente, disía eu que ademais diso, tócate las narices, desta volta o tío organizounos o aloxamento e a viaxe, puxo o coche con neverita de birras incluída, conduciu, levounos de excursión de véspera ao Monte Furado, trouxo os ingredientes para a cea, cociñou como para un patrón, correu o cross e fixo podium. Tócate las narices, ou tocádevos o que mellor vos preste, e si, prometo non repetir máis o palabro nariz (ai, o que acabo de disir)

O cherif de Monte Furado

Cheghar e encher


Como disían en Amanece que no es poco: Alcalde, todos somos contingentes, sólo tú eres necesario.

Retomando o fío perdido: e aghora que raio conto eu pa non desmerecer? Ein?

Que quede aquí entre nós: vou apuntalar aquí ben apuntalada unha cita desas tan prácticas para poñerme en valor (en balor non, leñe, en valor, por vella que vaia), vale?

Aí a vai, aí vai a cita, atensión tod@s:

Ou coñeces a velocidade ou coñeces a situación. Nunca as dúas ao mesmo tempo, disía Antón Lopo en Obediencia.

Obediente sonvos de natural (malditas monxas), e ben guiadiña resultei -pa variar- nesta oitava edisión de Penedos do Lobo, que desta volta non perdín de vista as noutrora esquivas balisas. Aghora ben, moita rasón leva Antón Lopo, porque velocidade, o que se di velocidade, nin cheirala. Tamén era visto, arre carai, que nunca tan fondona cheghara a unha cita destas polo verde. Se mesmo ao ir recoller o dorsal no lindo pavillón paresía que non mo querían dar as rapasas aquelas, preghuntando se era pa min. E pa quen vai ser? Ai que cabreo agarrei, miñas pobres, e que pouco meresido o tiñan, porque debo dicir que a organización de Penedos merece matrícula de honra mínimo. E as retacas que asomamos por alí de excursión cronometrada dabondo temos con que non nos veten a participación.

Todos atentos a Redonet

Un momento… Releo o parágrafo anterior e algho me dá que non sei promocionarme demasiado ben. Pa contrarrestar esta querensia de refregarme na merda no lado escuro, vouvos chantar aquí un retrato penedolobense no que ignoro como se amañaron pa sacarme tan ghuapa que non pareso eu (e dálle coa autoflaxelación, taba mellor calada):

Autobombo

Vistes? A típica foto pa poñer no perfil do feisbuk, desas de calquera parecido coa realidade é pura coincidencia. O caso que ma sacaron AS AVITUALLADORAS.



Fotos roubadas aquí: galería de fotos - Penedos do Lobo

Si, AVITUALLADORAS con maiúscula. Por simpáticas, amables, cariñosas, pacientes –aturaron estoicamente o meu relato pormenorizado do proceso da premenopausa e as súas consecuencias no rendemento físico, pero iso foi antes de caer na conta de que estaba nunha carreira e de que cando estás no medio dunha carreira igual cómpre amosarse algho menos lábil- e sobre todo en maiúscula, como non, por sacarme este peaso de foto. Así a todo, esta querencia polos avituallamentos igual téñenma que mirar. Ou ighual fasía mellor quedando nos bares directamente, que se me dan moitismo mellor có monte, onde vai parar.

Pero que fagho xa embalada a escribir do último avituallamento? Ai mimadriña, que desfeita, que caos. Dándelle aí ao rew, ao flashbacks, ao return, eu que sei, dádelle a algho, abrochade os cintos, veña:

Porque...como non volver atrás e describir a sensación de paz que me invadía a noite anterior deitada no sofá fronte á fiestra contemplando as siluetas das árbores contra o ceo de Manzaneda? (Pedinme o sofá por non compartir cuarto, tanto traballiño me levou inventar o ronquido como pa deixar que me rouben a patente). Congratulábame eu naqueles intres de ter tomado a decisión de estar en Penedos… Hai ocasións para dubidar e hai ocasións en que as circunstancias sinalan nidio o camiño. E o meu camiño ese 15 de setembro pasaba claramente por compartir viaxe, carreira e risos cos meus compañeiros de apartamento. Sobre todo risos, os risos máis escandalosos posibles, risos cheos de dentes que apoñerlle as negras sombras ata deixalas tinguidas das cores máis rechamantes e fóra de combate. Ou como disían os Lamatumbá, sopramos nós aínda máis forte para facela marchar. E pedíndolle algho prestado a Rivas, como vén sendo habitual: O medo, o verdadeiro medo, non é a visión do lobo. O medo vaise cando o tes de fronte. O medo de verdade, o que estarrece, é o do aire do lobo". Chegarmos a Penedos para turrarlle das orellas ao lobo. Non é un mal plan.


E como non retroceder outro cachiño máis, se non é molestia, e lembrarnos a tarde do sábado descansando nas rochas ao pé do río acariñados polo sol nunha quietude perfecta se non fose por aqueles fenómenos que chegharon e deron en competir en lanzamento de pedrolos descomunais ao tempo que entoaban cánticos de elevado lirismo protagonizados por xente que che vai comer os melocotóns, nena?

Ezeq sobrepoñéndose aos cánticos populares

Esto…Case mellor imos volvendo ao domingo, se vos parece. 

Ai, non! Agardade un momentiño, que me falta a foto do kit de recepción no apartamento a Luis, que chegou algo máis tarde con Paco e Manuel. Sabede todos que Luis devece polo brécol, por se alghún día o convidades a xantar:



Contra, que mal se me está dando a cousa cronolóxica... Fágovos empezar no podium do domingo ao mediodía, sigo coa recollida do dorsal e a charla técnica do sábado antes da cea, paso ao último avituallamento da carreira do domingo, retrotráiovos (toma palabro!) as reflexións nocturnas do sábado, retro-retrotráiovos á tarde do sábado no río, volvemos á noite do sábado e aghora, por se non estades desorientad@s abondo, tomade aí domingo pola mañá cedo:

(Música: O Equipo A)

Domingo, 15 de setembro, 09.15 h, Cabeza de Manzaneda. A porta do apartamento 317 ábrese para deixar paso a catro individuos de porte atlético enfundados en prendas técnicas de trail que trotan vigorosos escaleiras abaixo rumbo á saída da oitava edición do cross Penedos do Lobo. Un quinto elemento, unha señora baixiña disfrazada de runner, vailles á zaga escarallándose de risa e chamándolles frikis.

Que marcas baterán estes catro atletas, así como os outros dous que destas horas xa están a disputar a proba estrela, o maratón de montaña?

Que carallo fai aquí a señora baixiña?

Conseguirá verlle os penedos ao Lobo?

A resposta a todas estas preguntas e moitas máis, na próxima entrada.

Ou non. Depende da ansia de escribir que teña. Total, xa o contou todo ben contado Cándido. Tócate las narices.