04/01/2015

NACHAS' POWER IS BACK 9: RAQUELIÑA, A RAÍÑA DE TAMADABA

Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo,inauguramos sección informal centrada en mulleres corredorase que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.

Sostén a nosa Raqueliña  que nin sabe, nin entrena, nin é seria, nin corredora sequera... Pero que saibades (que ela non volo quería contar, pero eu si) que foi a Canarias, correu a Tamadaba e fixo podium, que tamén queda unha cismando aquilo de “non volvo entrenar”, pero lojo éntralle a unha o mono e seje fasendo coma quen corre pero sen correr de verdade, ao contrario que Rakel, que fai coma quen non corre pero corre de carallo,dispensando. Me explico? Para entendelo teríades que ver como vin eu a esta muller camiñar polo monte máis rápido ca moitos corredores; teríades que ser parte dun grupo (o mundialmente coñesido como grupo das juapas, sobre todo Pocholo) que un domingo da pasada primavera nos Ancares seguía os pasos da mellor e máis experimentada sherpa do país; teríades que ter compartido algunha subida e vela moverse coma unha gasela, voando o monte, fasendo cumios con ese xeito único e rexio de coroar da nosa Raqueliña, a raíña de Tamadaba.



Na Tamadaba de Gran Canaria, 18 km


PRESENTACIÓN...
Vexo que as demais entrevistadas poñen información persoal…
Tamén son docente…mestra de ed. Física…xa sabes…
Gústame ir ao ximnasio a actividades dirixidas como gap, tbc, …pero desde hai 3 anos vou menos do que quero por culpa do dichoso inglés…o que máis me gusta é camiñar: sendeirismo ou montaña…neso xa levo 7 ou máis anos, non sei…
Tiven que baixar o ritmo hai uns anos por problemillas de saúde, que non eran graves pero sí bastante limitadores do que me gustaba facer…Agora xa estou ben!!!
O que non soporto é ver o meu lecer coma unha obriga e ter que “entrenar”…de aí, supoño, a miña inconstancia…porque para correr necesitas ser un pouco máis “serio”, digo eu…non sei…

...E PREJUNTAS:
Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running? 

O primeiro recordar iso que che digo sempre…que non son corredora! Non podo dicir unha data concreta porque a miña relación co running é pura inconstancia. Corrín hai moitos anos por obligación, o típico de pasar probas físicas, facendo series…creo que lle pillei unha tirria de aúpa…Hai 15 anos reenganchei co que está de moda agora: o de correr polo monte porque saía co meu cuñado, ás veces cos seus cans tamén. Chegamos a darnos algunha boa panzada, sempre correndo, nada de andar…pero, daquela era un pouco “raro” iso de correr polo monte e cando marchei traballar fora parei…Hai moito menos tempo, pola “mala influencia” da miña parella voltei a trotar outra vez…agora xa combinando marcha e trote, que é o que máis me convence…pero, que se me pillas facendo iso máis de dúas veces no ano xa é moito…

Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?

O que realmente me motiva é o desconecte mental e físico, pero sempre prefiro camiñar e, a poder ser, en entorno natural…se non pode ser, confórmome co paseo marítimo e as súas espléndidas vistas…eso sí, marcha moi rapidiña…

Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?

Sen ningunha dúbida trail…o asfalto nin de lonxe…aí non queda ben parar e camiñar un rato!!

A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?

Supoño que depende das modas e da intensidade das actividades. Hai moitos anos o exercicio físico das mulleres que non eran profesionais do deporte non tiña nada que ver co dos homes, era tipo ximnasia Eva Nasarre…lembras? Menos mal que niso xa evolucionamos moito…aínda haberá  máis por facer pero penso que hoxe en día corre  moita xente, en xeral, e mulleres tamén. O que está claro é que o running está de moda e que non é cousa de homes coma antes…hai que ser positivos e ver o que se evolucionou…

Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir? 

Pode ser, non o teño claro…desde o que eu coñezo, as mulleres que queren facer deporte buscan o modo de ter ese tempo para elas. Falo de mulleres casadas con fillos…cuestión de organizarse…teñen o mesmo dereito que os seus maridos…outras poñen eso como desculpa para non ir ao ximnasio, pero si buscan tempo para tomar café coas colegas…entón? Supoño que cada caso é distinto e que haberá de todo…

 
 No Soplao, 46 km… hai 3 ou 4 anos 
"era andaina, pero trotei algo nas baixadas pq mo pedían as pernas e a cadeira"

 Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller? 
 Nunca…pero a miña experiencia é moi curta…discriminación non, pode que algunha mirada estraña dalgún “limitado mental” que se pasas diante del intenta tirar máis ca ti porque leva escrito na cara que non pode ser que lle adiante unha muller…esto foi hai 3 ou 4 anos no Soplao, subindo por un cortalume de aúpa…e casi me fixo gracia…ten que haber de todo!

Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
 Totalmente en contra…casi estou por pensar que se consegue o efecto contrario…que pasaría se houbese unha carreira só para homes? Se o obxectivo é recadar fondos que deixen correr a mulleres e homes e recadarán máis…

Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?

Ese é o exemplo perfecto para corroborar o de antes…case me parece denigrante…por que non un gloss deses? Polo menos o podes usar un día de festa (é irónico ehhh)… Ademais, cobrar 10 euros por unha carreira de 5 km e destinar 0,60 para o seu fin humanitario?? É o que teño entendido, se é certo, penso que as revistas xa chas cobraron antes…e non son das que mercaría eu precisamente…

Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?

Non penso que se deban facer distincións por cuestión de sexo…ao mellor ofertar certa clase de servizos como garderías, pero tamén podería ser para pais non? En xeral, o running creo que está bastante fomentado actualmente…Hai carreiras por todas partes, para todos os gustos…pero, sen convertilo nun negocio…
Na curta do Courel, hai 2 anos…"36 ou 37 km  non recordo"

 Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?

Ningunha concreta…todas as que o “sufren” con placer, sexa running ou diferente…

Que momentos foron os máis especiales para ti como corredora?
 
Os momentos nos que coñeces xente desa que sempre atopas e que vale a pena e, por suposto, o momento da chegada a meta que é superemotivo… Aí sempre penso que vou repetir…e despois nunca atopo o momento…quen sabe? Cando teña menos ocupacións…;)