Amosando publicacións coa etiqueta Douglas Adams. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Douglas Adams. Amosar todas as publicacións

5 de xan. de 2014

OS REIS NON EXISTEN E O GRINCH É METEOGHALISIA

“No hay tiempo que perder; el Apocalipsis está muy cerca”*

Ou iso era o que anunciaban na páxina de Meteoghalisia para o sábado 4 de xaneiro: cicloxénese -ou jalerna. Iso os meteorólogos, porque o que anunciaban en Sada, máis concretamente no clube de atletismo, era unha xornada de trail -ou free running, ou manda de tolos silvestres, ou corre Carmela que chove- seguindo o percorrido do CTO aló no Dexo. E digho eu que a apocalipse, ou cicloxénese, ou jalerna, se non é no monte nin é apocalipse nin cicloxénese nin jalerna nin nada de nada.

Foi por iso, e aproveitando a visita da señora Carmiña, que decidín deixar a avoa e neto na casa –iso si que ten perigo-, disfrazarme de runner modalidade tempada invernal, buffs mediante, e achegarme a Mera a botarlle aló unha peza, ou como se diga, que se digo botarlle unha peza é porque cada ves que arranco da casa rumbo ao monte –unha vez superado o obrigado ataque de pánico previo- sinto aquela ilusión de cando era pequena e chegaban as festas de agosto e nos deixaban saír de noite e  bailar diante do palco da música.

Música non había aló en Mera, pero si unha xuntanza de betanceiros, sadenses (sádicos?), ferroláns, coruñeses e un señor de Cabanas, Pontedeume, que pasaba por alí, todos dispostos a meterlle unha palliña no ollo a Meteoghalisia por desaboría.

Foto de J M Lodeiro. Eu non saio porque cheghamos tarde eu e máis outros dous. 
Fernanda, ¿viches? Xa coñecín o teu cuñao  :D

E que ben o fixemos, mimadriña, se mesmo daba ghloria mirar para nós -quitando as pintas-, porque nunca un grupo tan compacto –coma min-, tan ben levado e con tanto compañeirismo fozara naqueles carreiros do Dexo. Aquilo todo foi agardar uns por outros nos puntos estratéxicos, ofrecernos mutuamente bebida, alimentos e huesitos (o prato típico de Cabanas, seica), advertirnos das zonas esvaradías para non enfuciñar de máis, turrar con empeño polos zoupóns arriba nas trepadas enlamadas –a min polo menos fixéronme voar, non sei se por ser pequena ou eles brutos ou por un compendio de circunstancias- e en xeral compartir moita lama, risos, suor, vento, choiva e algho de sarabia, que aí xa foi o máximo, o manto branco así tan jingle bells.

Imaxe rapiñada no facebook do Clube de Atletismo de Sada

Aquí merecen premio todos por completar tan felices eses 18,5 km. Todos menos unha señora pequena que deu en atallar un anaquiño no penúltimo treito, que esa impresentable o que meresía era que a chimpasen ao mar no Seixo Branco.

Señora impresentable. 
O Jabalí responsable da foto tamén sae retratado. 
Ana a betanceira ao fondo


O resto, todos uns fenómenos. Agora que se mo permitides, hei nomear soamente a algúns, sexa por coñecelos mellor ou por cadrar máis tempo no camiño:

- Bea Fariña, porque sendo prácticamente novata nisto de andar por aí correndo, estase atrevendo con auténticas animaladas, apocalipses explosivas incluídas

- O señor Jabalí do Sacho, tamén coñecido como Cibreiro, que desde que se nos fixo hippy (léase con h xorda, “ipi”) e organiza free runnings e declara públicamente que pasa de tempos e de marcas, disía eu que o Jabalí do Sacho, que se lle peta pode alcansar velosidades ultrasónicas, debeu esghotar no Dexo toda a súa reserva de paciencia para aturar o ritmo infame do furgón de cola e divertirse ao mesmo tempo, que ben se lle notaba que mal non o pasaba  J

- E ghran condecorasión para os señores Valdés e Lodeiro polo seu minucioso e extenuante labor de pastoreo humano. Se teño que marcar eu semellantes cambios de ritmo para moverme entre as primeiras e as derradeiras posicións, arre demo se me habían quedar forsas para ofrecer sempre sorrisos, azos, bromas e labor fotográfico, como foi o caso. Que nin nunha mísera foto saquei, cajina, e aghora tou aquí espera que te espera por ver se alghuén as publica no feisbuk e llelas podo roubar para ilustrar esta miasma, pero nada. En fin, xa irei editando a medida que rapiñe imaxes alleas.

Esta acábolla de arrepañar ao Grinch, ou señor Valdés, 
e póñoa porque saio bastante favoresida.
Hai outras que dá medo verme


Permitídeme uns últimos apuntamentos sobre a xornada:

  • Mágoa de baño na praia ao rematar e terceiro tempo con mexilóns de Lorbé. Que menos para selebrar unha apocalipse en condisións. Na próxima non falla.
  • Bea Fariña vai dar moito que falar.
  • Os reis magos non existen. Son Cibreiro, Valdés e Lodeiro.
  • O Grinch é Meteoghalisia.

Veña, deixade internés dunha vez e índeme todos á cabalgata de Reis, eses grandes impostores. E a páxina de Meteoghalisia nin tocala.


*Eu non fun, foi Douglas Adams


13 de maio de 2013

EU QUERO SER ARTABRA - CAPITULO I

Vaia ataque de cordura sufrin a vespera do Costa Trail de Oleiros, arre demo. Deitada na cama vinme asaltada a traizon por unha espelusnancia parda de algho asi como pensamentos viscosos tal coma estes:

-         Quen me mandaba a min inscribirme na lista de espera? Por que os artabros eses, os xefes da lista de espera non me tacharon por anana impresentable e chamaron a a outro/a? Por que, se total no fondo non quero ir? Que significado oculto ten o dorsal 300? Vou tardar 300 minutos en rematar? Vou chegar xusto no posto 300, ou me vai adiantar algun xubilado espontaneo que estea a mornear nun banco da praia?

 Funcionarias, cual es vuestro oficio?

-         Quen me implantou no serebro esta teima absurda de reptar traballosamente polo monte, sabendo de anteman que son unha pataca: paquete subindo, pacata baixando e demais palabros que leven p, t, e k? (moi produtivas resultan as oclusivas xordas para describir a ineptitude)

-         Desde cando unha caralladas coma min non sae un sabado por cheghar en condicions minimas a unha carreira? Ein? Tanto me descoñezo –“con lo que yo fui”, como diria Corredoira-, que ghanas me entran de retirarme o saudo por transfuga.

-         Por que non aproveitei esta fin de semana para mirar escaparates de roupa e calzado de xentiña normal e botei horas babeando no Decatlon? En que intre da miña existensia se desencadenou esta estraña mutasion? Aquilo de chamarme pirucho de nena tiña fundamento?

-         Como me vou sentir cando me plante ali soa a recoller o dorsal, afeita como estou ao escudo protector dalgun colega? Serei capas de desviar a ollada dos meus pes, de non poñerme coma un tomate, de articular alghun palabro sen tatexar?

-          Por que non pecho dunha ves a leria esta de blog –polo que pido desculpas publicamente- e aproveito o tempo mellor, que moi sobrada non ando, entre traballo, fillo, marujeos, pseudoescasosentrenos e aghora que, por se fosemos poucos, tamen cheghou a avoa?

Ein?

A deriva das miñas reflexions poderia resumirse nunha frase da Biblia (tamen coñecida como GAG, Guia do Autoestopista Galactico): ´´E que hoxe fixen algo malo? Ou e que o mundo sempre foi asi e eu botei demasiado tempo metida en min mesma para decatarme?”

E con todo, amainou o lado escuro, amenceu a mente en branco e alo fun, maquinalmente, sentindo que a miña vida era unha especie de soño, e preghuntandome a quen pertenceria ese soño e se o estaria a pasar ben (GAG)

A lagoa de Mera estaba esplendorosa. Eu non.



Ainda menos mal que logho topei con Luis o da Camara, con Eloy Kriptonito, con Candido e Carlinhos, e puiden distraer a verghoña e mesmo tomar un cafe. Magoa de bola que nos puxeron con el e que non papamos porque disque somos deportistas deses, quen ma dera aghora, coa pintasa que tiña.

E as luvas que viñan na bolsa que nos deron co dorsal? Que me disides das luvas? Son o maximo, son supermegafashion traileristicamente, discretas a la par que elegantes, chic, divinas de la muerte, que todo foi probalas e sentirme (outra) muller, que ganas me entraron de ir a pegharlles unha aperta ben forte aos da orghanisasion. Se mesmo os imperdibles pa o dorsal eran chulisimos, negros e pequeniños. A partir de aghora os Artabros estes do CTO quedan nomeados estilistas oficiais montunos. Marcan tendensia, neno. Heilles pedir consello sempre, que boa faltiña me fai.



Mimadriña, o que levo escrito e ainda non botamos a correr.

En fin, antes de dar por rematado o festival de hoxe e pensar nalghun titulo pa esta entrada e poñerlle o apelido -I_ (continuara), porque maña hai que erguerse cedo e prefiro durmir coa cabesiña na almofada e non derriba deste teclado inutil sen acentos, antes de todo iso queria contarvos o contentisima que quedei cando, despois de deixar a chaqueta no coche e suxeitar o dorsal cos nanofashionimperdibles, un corredor descoñecido chamoume polo meu nome e comentoume que lle gusta moito isto. Si, este lameiro de blog. Gustalle. Incrible. E faloume de Rivas e doutros autores e comparoume con outros mais que eu non coñezo e xurovos que eu non daba creto e que o subidon foi tal que sentin que soamente por iso merecia a pena estar hoxe en Mera disposta a facer o ridiculo unha vez mais. Bueno, por iso e polas luvas. Neno, de parte da miña autoestima: tas na tua casa. 

Pero veña, todo dios a durmir, que xa son horas.

Continuara

9 de maio de 2013

ONDE VAS, RAFITA VACAS

Porque digo eu se o rapas non podia levar a chavala a un todopagho deses a Benidorm ou a Torremolinos, eu que sei, e estomballarse alo nun flotador de piscina cubeta en man, que mira que ricamente habian de estar; coma o rei na cesta. E non, que disque quere marchar el soiño en bici pa o Nepal, talmente coma quen vai dar unha volta polo rio Mero, vamos. Unha colleja habia que arrearlle.

E cando o coñecin mesmo parecia normal e todo, que mira ti como engana a xente. Bueno, en realidade lino antes de coñecelo, porque hai cousa dun ano eu dedicabame a fisgonear no foro de Correr en Galicia e lia os relatos das batallitas dos Koruños traileros e cada ves me puñan mais envexa, porque eu cheghara da aldea e estrañaba correr polo verde. E ali souben de Fema, que foi o primeiro que me guiou polo monte; de Paco (Geiperman), que fixo de min un home polos carreiros do Seixo Branco; de Anarky, que hoxe en dia ta feito un animal; das tolerias encantadoras de Corredoira e de Paula (parabens, parella!!!), que daquela pa min era como a muller de Colombo, que sempre se falaba dela pero nunca asomaba; de Candido, Repanocha, Rafita e Iaga, que participaran naqueles ultras de Andorra, e o moi jartible de Rafita disque fora finisher no superultramegatrail que te cangas, de mais de 100 km cun desnivel de manda narices, e xa lle quedou unha aura heroica, mitica, mesmamente de Pelaio en Covadonga, de Roland nos Pirineos, como saido daquela epoca lendaria en que os espiritos eran valentes, os premios eran altos, os homes eran homes de verdade, as mulleres eran mulleres de verdade, e as pequenas criaturas peludas de Alfa Centauro eran pequenas criaturas peludas de Alfa Centauro Ehem. Xa tardaba en esbardallar. Unha caña para quen acerte de onde ven a frase (ta ben facil).


Zapas heroicas postAndorra 

Cando xa o coñecin en persoa quixen poñerlle un monumento, pero non polos ultras, senon por prestarse a conducir o meu Opel Austwich por aquelas curvas infames do camiño a Manzaneda, naquela ocasion en que eu fun faser o ridiculo na media de Penedos e Rafita corria a maraton, que o rapas esa tempada fixera asi como catro maratons de montaña en catro semanas e digho eu se non deixaria o sentidiño alo no bicarelo do bico do brelo* dalghun monte perdido, ai jesus. Ezeq tamen viña no coche, pero como non se ofreceu a conducir ta castigado. :D  Nesa mesma fin de semana tamen coñecin a Ana, Lucia e Repanocha; de feito coñecinos despois de petaren media hora na porta do meu cuarto para que a pobre de Ana poidese entrar a durmir, pero a culpa toda tivoa a cea exquisita que nos preparara Rafita, que me deixou trasposta ata o punto de que por pouco houben perder a saida da carreira ao dia seguinte. E deberon pensar que nunca ceara.

* Tou Novoneyrizandome para integrarme ben no trail do Courel. Isto e unha nota a pe de paragrafo relativa ao sentidiño que deixou Rafita no bicarelo do bico de brelo; eu aviso por se alghen ta perdendo o fio.

Pero en fin, que me deixou impresionada o seu xeito tranquilo de entender as carreiras de montaña. Xa lle lera eu no foro algo parecido a “aprendi que lo importante no es el tiempo que tardas en completar una carrera, sino el que tardas en recuperarte para la siguiente”. De non ter encontrado xente coma el naqueles primeiros momentos seguramente teria abandonado esta querensia polo monte, e dese xeito teria perdido moitas ocasions de rabuñar anacos de felicidade. Ao final quedache unha sensacion de agradecemento que te fai sentir estrañamente cercana a esas persoas, ainda que non saibas case nada da sua vida, ainda que coincidas poucas veces con elas. Unha secta, talmente :D

Logho volvemos cadrar un venres que apareceu alo nun alto no parque de Bens, o mesmo dia que coñecin a Candido e a Corredoira na primeira das lamentablemente escasas sesions Bensres, e corrimos e desaghatuñamos penedos e ao final Candido e Rafita formaron un dueto barefoot para rifar comigo por talonadora e eu marchei pa casa toda propiocepcionada, e ainda e hoxe o dia que non consigo pisar ben. E como digho eu, a ver quen e a bonita que se fai barefoot medindo 1,53, que para ingresar nesa secta pidenche ter boa planta, coma Candido e Rafita, ou coma os soldados, eu que sei. Pero algho aprendin tamen aquel dia.

Outra troteleria que cometimos – tamen con Candido, Begoña, M Casal (alias Speedy Rodrigues), Seixi, Alvaro e Mario- foi a do Mandeo, 17 km molto faciles e divertentes con descanso para xogar no parque incluido e baño no rio ao rematar, que no mes de xaneiro ainda ten merito, e cunha excursion que cheghou por alo e que quedou admirada das zapas de Rafita, bua, neno, como molan –eran todos altos, claro. Remataramos cunha paparota na Espenuca, que nos prestou tanto que Rafita quedou botando a sesta nunha varanda coma un faquir, e logho ao espertar subiusenos ao campanario e non o dabamos baixado dalo, que o das alturas havos ser atavico, ou como minimo vocacional. Vouvos poñer fotos para que vexades que non minto:


Aqui falta Mario, que sacaba a foto

No bicarelo do bico do brelo




A ultima montunada na que cadramos foi Gondomar, na que por fin se animou a correr Marga –Marga, cal e a proxima?- e na que puiden ser testemuña do recibimento que lle dedicou Berta na meta (quede claro que o vin porque eu fixen o minitrail, non porque eu chegara antes, of course), todo o cal me reafirmou na miña postura esa de cando entro en modo maternal-repartidora de collejas. Que Nepal nin que ochocuartos; pasa pa casa, landru.

Waiting for Rafita

Eu ainda abrigaba eu esperanzas de que na cea de despedida alguen o chamase a capitulo, ou que secundasen a miña proposta de partirlle as pernas pa sacarlle os paxariños da cabesa, pero en vez diso acabamos o peor de cada casa bebendo sen sede e amañando o mundo, veña que se complots politico-armamentisticos, veña que se o papel funesto de Stalin no devir do comunismo, veña que se a situacion da muller nos reximes fundamentalistas, veña que se agnosticismo versus ateismo bravo… E ai quedou a cousa, que ighual o noso Rafita xa anda a pedalear polo mundo adiante, e todo por non arrearlle unha colleja a tempo.

Foto roubada a Paco, dispensando

E xa que non demos feito bo del, habera que desexarlle toda a sorte do mundo e unha moi felicisma travesia ao noso Rafita, o home dos grandes retosOnde iras, Rafita Vacas?

5 de maio de 2013

NAI EXTREMA

Hai nais mais extremas ca ti”- espetoume a criatura atermica que teño por fillo o outro dia despois de botar duas horas seguidas bañandose na praia. Argumentaba que na auga son unha frioleira, que nas baixadas empinadas en bici vou freando seguido e morta de medo, que odio xogar ao futbol e que patino moito mais lenta ca el, onde vai parar. Razon non lle falta ao condenado cabezudo -como lle diria C3PO a R2D2-, pero asi a todo, que tan mal me sentou. Levo tirado tanto del para sairmos a nadar, a remar, a andar en bici, a patinar, a camiñar polo monte, mesmo para aprender a surfear, para que ao final me chante que non son extrema e se quede tan pancho… Condenado cabezudo!

Pero quietos, que ainda esta por vir o peor do asunto. Porque cando lle suxerin que igual hai poucas nais que corran polo monte, o moi descastado respondeu que total, chegando sempre cos ultimos non ten merito, que se gañase algun trofeo ainda teria un pasar. Ai xa me deron ganas de ir a un bar e pedir un detonador gargarico pangalactico* e esquecerme da vida, do universo e de todo*; pero resistin ese impulso e mais o de mandalo interno a perpetuidade, e para reafirmarme no autobombo inscribinme no Trail Aldeas do Courel (a ver se con 36 km puntuo un pouquechin diante do cabezudo) e hoxe, dia da nai non extrema, leveino a facer a ruta do Mero en bici.



E moi cheo ia o rapaz, co seu maillot novo e a miña mochila de hidratacion… Daba gloria velo. O que xa me deu que pensar foi cando me confesou que ao facer baixadas en bici se sente mais alto e mais forte, que lle entra unha sensacion estraña e marabillosa, e que iso e ser extremo. Outro friki pa o saco, ai diormio, vaia familia de piraos, diciame eu. Ocorreuseme tomarlle un pouco o pelo e dicirlle que eu ademais de mais alta e forte, tamen me sinto mais loira e de ollos azuis… E resulta que el tamen!!!! Case caio da bici coa risa… E outro tanto cando quedou cravado no medio dunha subidiña e a punto de caer de lado, exclamou todo triste: ai, agora si que non estou nada loiro!  :D

En fin… nin extremos, nin altos, nin loiros. Agora que o paseo de hoxe foi o mellor trofeo que podia ter recibido, dispensando a ñoñeria. Iso si, como non dea rematado o TAC, daquela xa me podo preparar para que na casa me chamen Barbie ou mesmo insultos ainda peores, de habelos.


* Guia del autoestopista galactico