Amosando publicacións coa etiqueta Erri de Luca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Erri de Luca. Amosar todas as publicacións

24 de ago. de 2015

O ENIGMA DO TRAIL LÍQUIDO E O ATAQUE DA MULLER CONJRO


La venganza más noble es el perdón
Hola, me llamo Íñigo de Montoya. Tú mataste a mi padre. Prepárate a morir.

A primeira frase, dilla Cantoná aparesido a Eric na peli de Ken Loach.

Tacheina porque a min non me falou aparesido Cantoná, que foi Santa Bea de Cotelo, e non me mandou perdoar nin hostias, que en Corme mesmo as santas sonvos doutro material, bravas e de moito máis jerrerío. Máis de Montoya na Princesa Prometida.

Isto vén a conto polo que tal me pasou nas duchas do pavillón polideportivo de Corme. Todo foi entrar a ducharme máis contenta ca unhas pascuas e saír rabeando con jañas de mallar en aljén, sede de mal e ansias de destrusión así en xeral.

Non mo tomar a mal, cormeláns, que non vai con vós. Tendes un pavillón moi digno e inda por riba non sei o que comeredes en Corme que – xa llo dixen a Bea de Cotelo no Biscuiteiro- sodes todos xente ben juapa. Han ser os persebes. Eu polo menos non os cato e claro, non teño can que me ladre. Nin sequera resén duchada. Non sempre rabeo eu, resén duchada. Onte aljo si, aí contra medio día.

Porque onte a mañá fora magnífica, que o saibades. Os cativos do Brigantia deberon traballar arreo para regalarnos un percorrido polas terras de Pondal que resultou un dos trails máis fermosos do mundo coñecido. E o mundo coñesido non acaba en Carballo, por moito que teime o Suso Lista (Lende Xeixos, landrús, e de paso comprobades cantas ideas lle rapinei ao Lista nesta entrada: un escándalo). Refírome á jalaxia como mínimo. De Carballo a un lado e un anaco máis aló.

Un rejalaso, xa nos primeiros quilómetros, as vistas dese cacho da Costa da Morte despois de ajatuñar por encostas de morte. Tamén que pouca jrasia teño. Non ler o de aí atrás. Outro rejalaso, pasar pola umbría Fonte da Moura, paraxe de belesa espectacular. Taba moi propio alí ajachadiño para quitarnos fotos o Iván. O mouro da fonte. Como tamén foi un luxazo correr pola contorna do Monte Branco e saudar ao noso bardo Aduardo, escuro enigma é el, seica. E será. Sempre faséndose o interesante, Aduardo.



Pero para enigma o da injravidés. Non mo creredes, pero onte era día de deixarse ir na carreira. Sen sobreesforzos, sen agonías, sen sobresaltos. Dábame a impresión de flotar. Anque lojo vin as fotos de Marina e desenganeime: ao meu lado as penitentes filipinas, a alejría da festa. Pero a procesión vai por dentro; eu sentíame flotar e calade a boca. Disiamos que todo paresía fluír mainiño e gozoso ao redor. Coma levada pola marea. Non sei por que. Ijual por ser unha das miñas zonas preferidas da jalaxia. Ou ijual porque na explicasión da saída escoiteille ao Quito disir aljo dunha “carreira líquida” e como son moi mandada, botei a nadar. “Avituallamento líquido”, era o que quería disir. Pero a min quedoume o outro. Bendita confusión. Aljunha ves pasouvos iso de sentirvos levados na auja mentres corredes? Non? Falade con Quito. É moi milajreiro. Mola. Traede manjitos prós cativos.

Eiquí servidora pola Fonte da Moura. Ben se ve que vou flotando. Foto Iván

Porque onte a mañá era líquida e magnífica, por se non o dixen; aló na praia da Hermida bailei unhas pezas con Mónica e con Blanca antes de botar a correr, e estaba case todo o CAS MONTAÑA, e deixáronme sacar a foto con eles, toda nejra e pequena e sen camiseta ofisial -un día destes bótanme-, e había moitos reencontros, e a jrandísima Almudena desta ves ía encargarse da jardería (non máis carreiras sen jardería!!! Non máis jarderías sen bombeira!!!), e Mijel Bernárdez volvía correr, e deixara de chover, e a terra era a pista de baile do ceo. Ou do mar. Non sei.

O noso presidente é o do dorsal 69, como ten que ser
Sufrimento extremo

Ata que chejou ela, a muller conjro, xurdida do fondo abisal. A muller conjro caracterízase por rexeitar calquera tipo de achejamento amistoso. Se un día topades con tal especime, nin se vos ocorra dirixirlle a palabra. E inda menos axudala. Como me pasou a min. É verídico. Levaba un rato detrás dela, freando. Nunca tal. Quero disir que nunca vou detrás de ninjén freando. Normalmente vou aló detrás ao fondo, e os penúltimos canto tempo hai que pasaron que xa non se lles ve, ou véselles moi piquiniños, e o escoba vai farto de escoitarme. Así que este día fasíame ilusión ir xusto detrás de aljén e faser pandilla e socializar e tal. Por iso, en ves de pedirlle paso, ocorréuseme soltarlle aljo como “Veña, arriba, dámoslle caña, rapasas?” Compañeirismo, bo rollito, eu que sei. Mal momento. “Odio que me animen”, respondeu rabiosa. Arre demo. Había preferir que a maldixese cuspindo no chan que pisaba berrando: Abrir camino, vosotros. Estoy en el sendero de guerra y va a subir el precio de los ataúdes. Isto é de Mark Twain, que eu non teño jrasia ninjunha.

Para quen era, érachelle ben mellor aquelada a frase. Pero calei, adiantei, e unha ves que deixei de escoitala -porque a tipa sejía rosmando por detrás canto odiaba que lle desen ánimos, que ijual iso tíñanllo que mirar-, sejín soa disfrutando de novo, deixándome ir nos tres últimos quilómetros, sentindo de novo esa paz que raramente encontras non sendo no monte, canto máis nunha carreira líquida. Quedeme y olvideme e tal, e non sei como foi que xa taba na meta.



Pero nunca subestimedes a saña dun conjro. Lende esta frase de Suso Lista: Cando adentaba, talmente coma o congro, nunca arriaba, esnaquizando con palabras e con feitos a súa vítima”. Talmente. O ataque da muller conjro chejou redobrado por sejunda ves, a traisón, especialmente virulento, no polideportivo. Cuspindo veleno. Non hai ducha nin mar que tal limpe. Tanta ruindade. Verborrea tóxica.

Saín envelenada, arruinada, intoxicada. Aí taba eu. Sentíndome a preada botada no mar da Hermida. Ajora o trail líquido corríase nos meus ollos. Cajoenrós. Sen saber por que, lisquei cara ao porto. Non quería ver xente. Precisaba un refuxio. Esquecer que pasara por diante da cova do conjro. E pasei por diante da casa de Bea de Cotelo, e alí taba ela, coma unha aparisión. Abriuse o seo. Santa Bea de Cotelo. Levoume, escoitoume, fíxome rir, beber e comer, falar de pasados e futuros, de decepcións e ilusións, de penas e alejrías, e ao despedirnos xa caera na conta de que nós somos das que comen os conjros con patacas ou crús se fai falta, e de que pese a todo, onte fora un día magnífico. Tan magnífico como a orjanisasión da carreira líquida polas terras de Pondal.

A punto de marchar, os enjados da furna chamaron por min. Pasei a area tornasolada de Osmo e deiteime no chan da furna para imaxinar a vida dun ser sempre hostil, sempre acazapado, ao axexo, a piques de atacar. E sentín májoa por el e por todos nós. Quizais nalgún intre todos fomos así. Quizais haxa un monstro abisal, un escuro enigma aniñado en cada un de nós teimando por saír.



Por iso ajora imos desfaser o prinsipio.

Hola, me llamo Íñigo de Montoya. Tú mataste a mi padre. Prepárate a morir.

La venganza más noble es el perdón

E que ben se perdoa despois de larjarlle unhas cantas parrafadas destas.


Toca mandarvos soñar cunha plácida corrente que vos transporta e así. Nun mar sen conjros se for posible. Se non, papádeos e deixádevos de hostias. É lei de vida. Non mo dixo Santa Bea de Cotelo, pero coma se mo dixese. Veña durmir. Iso si, ao monte traédeme todos a vosa parte máis niquelada se non queredes que ceibe ao meu Íñigo de Montoya. Palabra da conjra en potensia que levo dentro.

Santa Beíña de Cotelo de Corme

28 de feb. de 2015

SILENCIO, ORIENTANDO

Los domingos deseaba estar en otros sitios […], en cualquier cansancio

Iso de aí atrás disíao Erri de Luca, pero eu dígovos que os domingos e se cadra aljún sábado tamén, que eu a verdade moito non vos son de botar o día en Marineda, e tendo tempo libre como tiña este último sábado 21 de febreiro, fun cansar aló en Bastiagueiro participando nun rito iniciático que consiste en botarse a correr polo monte cun mapa do tesouro e perderse, con mapa e todo. Orientación disque lle chaman, e debe ser de moita moda, porque non imaxinades o ambientaso que aló encontrei, talmente de sesión vermú pero en orientadores, que orquestra non habería pero megafonía si, e veña coches e máis coches -e caravanas, sobre todo caravanas, que pra min que son material obrigatorio- a ateigar o aparcadoiro do INEF, e todo eran buffs e mallas e medias e equipasións conxuntadiñas, e polo medio un nacho disfrazado de vaca ou de dálmata, non sei, que era o que máis prestancia lle daba ao evento. E o evento chamábase Campionato Galego de Orientación, que sendo galego digo eu que o disfrace máis ca de dálmata había ser de vaca, e disque a vaca quedou terceira pero non sei en que, porque unha das cousas que aprendín é que en orientación hai cen mil categorías e todas con nomes raros que soan así coma os das fragatas que facían en Ferrol cando aínda llelas deixaban faser: que se M21, que se H35, que se Mnonseicantos..., que esta xentiña tenvos unha fala que é coma o barallete pero en orientación, e aínda menos mal que a min tocábame unha sinxela -unha categoría, entendámonos-, iniciación longa chamáronlle, sen letras soltas nin numeriños, sen abreviar, e aí non tiven perda, e tamén debeu ser o único.

Porque a ver, eu cando me inscribín uns días antes e lin naquela páxina da FEGADO que che cobraban tres euros pola pinza, pois... pois... calei a boquiña e pajei, pero lojo moitas voltiñas me daba na cabesa que así a todo, os tíos calvos, por exemplo, para que raio han querer os calvos a pinza, vamos a ver? E non lles valería máis regalar o típico, unha camiseta, unha bolsa, un buff, unha caravana? Lojo xa alí, na entrega de dorsal e pinzas desasnáronme moi amablemente, e así foi como aprendín que destas alturas do desenvolmento tecnolóxico aplicado a perderse no monte, a pinza substitúe as tarxetiñas aquelas que se picaban, e que mellor me había acaer cinguida ao dedo ca suxeitando o pelo, e ben máis aquelada e ergonómica á hora de pasala polos controis electrónicos eses, non sendo que preferise introducila pegando un pinchacarneiro mortal por cada baliza, que iso dijo eu que xa sería cuestión de gustos. Moito se aprende saíndo da casa.

Anque debo confesar que un pouquechín aprendida xa cheguei: por exemplo, en decembro, grazas á andaina de Orro, souben que se che dan un mapa, calamidá, é para que te guíes por el e non para ir laretando e cantando mirando para os paxariños, que se non chega a ser por un corredor en retirada do trail que nos indicou a posición cando, unha vez perdidísimos, o meu fillo sucumbiu presa de fonda e ostensible desesperación e as maiores xa iamos máis ca aborrecidas de escoitalo laiarse, se non cheja ser polo rapaz aquel, disía, os callos quentiños tan gorentosos do xantar nin os cheirábamos, e ao final inda menos mal.

Neno descarriado en Orro

E de alí a pouco, grazas a unha sesión familiar de introdución á orientación que organizaban os veciños de San Pedro de Nós, ademais de pasalo en jrande, aprendimos, lendo despois na casa os manuais con que nos obsequiaron, que aquel día en Orro fixeramos francamente mal laretando, berrando e cantando porque disque a orientación hai que practicala caladiños por norma, así coma en voto de silencio, e xa me paresía a min que nos puntos de control nos miraban algo raro aló en Orro canda pasabamos cantando, e o malo que desde aquela ao meu fillo -nada zen-, parece que xa non lle reina coma antes orientar por moito que lle insistas nas marabillas do silencio e tal.

Iso si, onde máis aprendímos (pinzas á parte) foi nas saídas en grupo que organiza o Fojo, pobre rapaz. Digo pobre porque sendo un gran deportista, tendo tanta experiencia e tratando coa élite, o pobre non merecía verse sumido naquela voráxine infernal de alaridos, esvaróns, queixas, interrupcións permanentes e pelexas con paos e pedras de dous pequenos rugbiers, un deles meu e outro emprestado, que por veces case non nos deixaban escoitar aos adultos as explicacións que tanto nos interesaban, que nin ameazándoos con mandalos internos acougaban, sobre todo o día que fomos por Arteixo, que inda non entendo de onde saca Fojo tanta paciencia e aguante, que a outros por moito menos había que montarlles un crowfunding para mandalos a terapia, pero el é así. Amais de alto. Tamén moi mal repartido anda o mundo.

Ao final non foron internos

Pero volvamos ao día F21 (uséase, 21 de febreiro, que parese que prendín na orifala) aló na explanada do INEF; de como, despois de ver por alí as miñas tan admiradas Almudena e Priscila, esas grandísimas atletas que coma sempre farían podium, que para min que viven nun, e despois de saudar na mesa da organización a outro crack coma Quito, que ajora disque anda envolto con Pris e outros nunha animalada chamada Brigantia Expedition Team que soamente de saber o que van faser dan ganas de ir a urxencias, disía eu que despois de encontrar semellantes macro deportistas e cando xa daba en rosmar para min “pero que raio farei aquí”, agradecín infinitamente dar con xente así máis deste planeta, máis de carne e óso, como Mónica, Carmen e Iván, que me libraron da sensación de chegar soa o primeiro día de cole, e me levaron limpar a pinza -de datos, que lixo non tiña- e me guiaron á saída e me deron boísimos consellos e moi útiles indicacións que por suposto esquecín ao momento por mor dos nervios, que iniciarse é o que ten, que anda a xente dispersa. Literalmente dispersa: visto desde o ceo, aquel cacho de monte había ter o aire dun formijeiro recén destruído con todas as formijiñas apurando desnortadas en todas direccións. A pé de monte máis ca formijeiro paresía manicomio, pero bueno, sempre gardo marabillosas lembranzas dos sitios que me recordan a un manicomio.

Aquí unha morrendo coa verjoña

E aló no medio da barafunda, despois de saudar a Fanny Ferro e Annabel, saín bastante optimista, porque mira que chapara os controis a véspera. Veña ler e reler todos os enlaces que nos mandara o Iván. Mira que cría levalos todos ben repasados e aprendidiños. Sabía de memoria os controis de muros, cortados, rochas, afloramentos rochosos, vaguadas, tocóns, liñas eléctricas, estradas, camiños, matogueiras, límites de vexetación, bosques, cotas, colinas, pontes, pozas, pantanos, ríos, canteiras e non sei cantos máis. Menos este, que levarei gravado a lume o resto da vida:

x

Elemento singular. Elemento singular, din. Tres veces, tres aparecía na lenda, eu eu de burriña as tres veces veña partir os cornos buscando balizas en cruces de camiños, que foi o que interpretei na miña burremia, e inda non sei como ao final dei con elas, igual foi milagre. E xa me diredes que ten de elemento singular unha aspa, leñe, que fai falta ser símbolo pouco intuitivo e mecajonasconvencións, e nas normas de orientación todas, dispensando. E como xa na segunda aspa das narices andaba máis ca cabreada co mundo e farta de dar voltas inutilmente, e como me viñeron pedir situación no mapa algúns raparigos perdidos (outros pouco intuitivos, vir prejuntarme a min, así a todo), xa a partir de aí empecei a rachar co voto de silencio ese botando cantos xuramentos coñezo e axudando os cativos, e xa cando caín na conta de que inda por riba confundira a baliza 6 coa 9 por levar o mapa orientado na dirección dos meus pasos, que tamén hai que ser inútil, aí xa dei en blasfemar a viva voz en arameo, e así cuspindo escoura de galeras e correndo a cachos fun pasando o rato ata entrar en meta en pésima posición pero talmente desfojada, que é o que ten a orientación, que desfojas toda.

E que digo eu que a ver se isto non o len os da federación e así podo ir blasfemar noutra destas, que moito che me prestou. E máis nada. A durmir, que xa son horas.