Amosando publicacións coa etiqueta paseos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paseos. Amosar todas as publicacións

6 de dec. de 2015

MÁJOA DE LIMPAR OS PÉS

Xa sabía eu que hoxe ía pasar isto. En canto nos achejamos ao Roncudo e me deu por ajacharme e acariñar os seixos*, anticipei unha tristura estraña, mineral. Ijual chámase morriña, ou saudade, ou andrésdobarro, pero son bruta e díjolle májoa de limpar os pés. A cabesiña non dá, que queredes.

Foto Gerva

A cousa é coma cando eras cativa e pasabas un día deses de enmarcar, e lojo caías na conta de que caera o sol e era dominjo e escoitabas os comentaristas de fúmbol na radio e había aljo que che taba roendo na boca do estómajo, non sei se me explico. Devastasión.

 Foto Gerva

Pois así talmente. Tanto tempo había que non lixaba os pés con fundamento, que canto máis nos achejabamos hoxe ao final da ruta e canto máis cercana era a hora de deixar ese treito marabilloso da Costa da Morte e volver para a casa, máis jañas me entraban de meter os pés nun lameiro, de tocar as pedras, de refrejarme na terra ou de dar media volta e entrar nun bucle deses sen retorno, así como o final de O amor nos tempos do cólera, léstela? Como? Toma spolier para a xente nova e/ou con jrandes lajoas en lecturas básicas. Ala, a rañar. Dispensando.

Foto Gerva
Marina e Gerva

Pero non me deixei levar por tales apetensias (de refrejarme, enchouparme, dar volta, etc) , máis ca nada porque ía con Marina e Gervasio, e amais de que quedase feo e maleducado actuar coma unha posesa diante dos anfitrións, unha nunca sabe o que tal che pode faser a Marina, que ademais de ser a xefa dos trasnos do Camiño dos Faros, ajora évos mediática e sae na tele chimpando aos xornalistas contra as toxeiras así coma quen non quere a cousa, e con esa cariña de boa xente. É a hostia, a Marina. Hai probas. No minuto 25, anque eu de vós miraría o projrama enteiro, que non ten desperdisio.


Marina, a que botou ao Edu Soto ás toxeiras

Ta de moda o trasnerío, vistes? Non dan saído da tele: cando chejín o sábado aló a Niñóns, aquilo era un despliegue de cámaras jravando, xente verde, Traskiband en sesión dobre, determinasión de dotar o termo “resaca” de novos matices,  e jambóns, sobre todo moitos jambóns. Á brasa, que era o que lle daba o aquel de lembransa inesquesible á xuntansa, que inda o resendo o traía hoxe na bolsa da roupa esa que teño que ir meter na secadora e canta jalvana me dá, por favor. E ajora que o penso, iso de aí atrás era ultrasecreto e ajora xa vou dereitiña ás toxeiras por lercha.

Típicas cortadoras de patas de jambóns de Niñóns

Amais, toume dispersando, falo de jambóns e secadoras cando todo o mundo sabe que o tema do día era a májoa de limpar os pés. A májoa de chejar á casa cos pés enchoupados e ajuantar aquí escribindo sen cambiarme porque non me dá a jaña de recoñeser que volvín. Á casa. Pa o lerio este tíñavos jardada unha cita estupenda de María Reimóndez, que disía así en A música dos seres vivos: Ás veces o fogar é o lugar máis estraño ao que regresar. Canta rasón. Non tando na casa o meu fillo, ese que trajou un megáfono e todo o enche coa súa vos, e despois dunha camiñada polos cantís do Roncudo en boa compaña, declárome antiulises. Que Ítaca nin que hostias.

E isto por unha fin de semana na Costa da Morte. Non quero nin imaxinar como se sentirá o noso Rafita, ese que saíu hai dous anos e medio na bici, percorrreu medio mundo e volveu pra a Coruña. O efecto dominjo ha de ser cósmico. Buah, neno. 

Aquí, como xa non sei que máis disire, collo e chanto outra cita, coma quen sabe ler, esta de Chesterton. Nunca a sacaba porque tiña medo de que me visedes o plumeiro, e di así: Un loco de verdad es el que pierde el camino de regreso a su casa y nunca lo encuentra. Ains. Ajora xa o dixen. Pero mira, Chesterton non camiñaba polos faros nin estrañaba un fedello na casa. Nin voara na súa bici polo mundo. Que cale a boquiña Chesterton. E ánimo, Rafita. Hai moitos camiños para lixarse a fondo neles.

Con todo, tola e así, encontrei o camiño á casa. O retorno. Aquí tou, escribinco cos pés nejros, cajándome en todas as Ítacas do mundo e moqueando porque xa vou collendo un frío que nin dios, a verdade. Vaia estampa. Case mellor vou indo pra a ducha e tomo unha sopiña e mándovos durmir, que é dominjo podrido e hai que deitarse cedo e soñar que enchemos os pés de merda polo mundo adiante. Dispensando.

Foto Gerva



*Xeixos en cormelán, que o sei eu porque o dixo o Suso Lista.

10 de ago. de 2015

EU ANDEI CON OITO ZOMBIES

"Soamente cantan e bailan e seguen así ata que un dos seus deuses chega e fala a través dun deles. Por algunha razón elixen noites coma esta"

Foto Jose

Monte Xalo.  Media noite dun sábado de ajosto. Ceo estrelecido. Choiva de perseidas. Eramos nove zombies subindo a todo meter unha encosta á lus dos frontais.

Dos nove, eu fun a elixida. De socato, a media subida, erjín a ollada ao ceo e "escoitei unha voz que falaba sobre un silencio sepulcral. A miña voz. Falando co Houmfort. Estaba posuída". E dixen así, atender á revelasión, que é divina:

"Así a todo, hai que estar moi pirado de dios"

Así falaron os deuses por min. E os oito zombies déronme a rasón. Non ma ían dar, se falaban os deuses pola miña boca. Amais quero disir, por exemplo, que Los Enemigos tocaban en Cambre. Ou que hai moitas festuquis polo mundo adiante un sábado á noite. Ou que podes ir ao cine, ou quedar na casa vendo unha peli ou lendo ou aljo. Diso último non me pedir detalles.

E hai que ser medio zombi, hai estar moi pirado de dios para preferir ver o solpor no Petón Jrande e chejar ao Pequeno con noite pechada. Que tamén cun pouco de sentidiño xa caes na conta sen revelasións nin hostias.

Pero por pirados que non quede, ijual uns vinte habíamos. A culpa toda foi do Pequeno Besbello, que funsionalmente ao sendeirismo é como o Houmfort ao vudú. "Posúen feitizos que farían unha persoa percorrer medio mundo. Teñen trucos. Maxia". Andan provocando e lojo pasa o que pasa. Coma zombies fomos acudindo ao reclamo dos tambores besbellos que nos convocaban en Celas de Peiro ás oito da tarde.

Ao fondo, a mole de Xalo, coma un inmenso boi deitado, en palabras de M. Rivas. En primeiro plano, unha vaca condusindo rumbo a Celas, contemplando o perfil do Xalo e fasendo a pedante, nas miñas palabras.

Non me deu tempo tempo de coñecelos a todos. Os pirados. Bueno, antes de botar a camiñar oínlle comentar a Roberto que levaba pateados os canóns do Eume desde as oito da mañá e viñera dereitiño ao Xalo, seica non lle cheja o mundo nin as horas. Pero ese era o do tambor. Tambor metafórico, entendámonos, zombies. O do lío, o Besbello, o que anda matinando nunha proba de 500 quilómetros e a nai que o pariu. Hai que estar moi pirado. De dios. E a Lali, jrandirma avitualladora besbella, repartindo barritas con meijallo. Enerxéticas, quer disir.

A foto xa non sei de quen é. Ha de ser de Manti ou de Jose que non saen
Aquí si
Petón Pequeno

Na banda dos zombies, nun jrupo de nove, taba o Andrés, orientador do Gallaecia. E Manti, biciclista e pateador de lonjos percorridos. E Vanessa, que disque correu a Camovi e moitas máis, unha fera. Tanto que ao rematar ela mais o mozo quedaron aló no Petón a disfutar da noite en ves de baixar ao bar de Celas tomarlle aljo. Que ijual son zombis-morcejo, non se sabe. E Iolanda, que tirou pra arriba nas encostas coma unha campioa con Begoña. E Toni, que polo visto fixera jran parte do ultra dos Faros 2014 con Oliva, un tótem do sendeirismo galego. E o Jose que nos jiaba.

E jiar jiounos, pero non sei o que pasou que fomos ficando por diante sós a noite, o Xalo e mais nós os nove, así descoljados do resto. Coljados, mellor dito. Os máis pirados de dios, díjovolo eu. A escoura. Os frikis. Perdendo de contemplar o ceo de ajosto sobre o Xalo, cajoenros. Tanto apurar e mirar pra o chan para non escordar aljo. Inda menos mal que paramos un cacho nos dous Petóns. Tamén era obrijado: os Petóns do Xalo son de reverenciar, e quen non lles rinda tributo é pirado de competisión ou zombi podrido. Ata aí inda non chejamos. Polo de ajora. Deixádenos estar. Pero que morriña da festuqui que deberon montar os de atrás, cajonojlorio. E de tantas estrelas como verían. Sobre todo a pobre da rapasa que escordou o nosello. A mellorarse, rula. Iso si, escordados ou non, alí case nijén perdeu de faser unha consumisión no bar ao final.

E que tan tarde se me está fasendo. Destas alturas non sei se disirvos de soñar con zombis, besbellos, petóns, perseidas ou pirados. Ou mandarvos ao Xalo. Que son horas, non sentides os tambores?

Fotograma da peli "Eu andei cun zombi", roubada eiquí:

As frases en vermello, roubadas da peli














31 de mar. de 2013

...E DOMINGO DE RESURRECCION

Se hai unha cousa que me indigna aos meus 46 tacos e tomar consciencia de que vou pa vella. Que a cabesa vai por un lado toda contenta pero ao corpo non lle entran as ganas de festa.

Asi que hoxe tocou operación xeonllo, ese malcriado que por veces require mimos e como non llos deas mal asunto. Xa se me empezou a queixar no ultimo tramo da ruta cedeiresa, asi que onte intentei emborrachalo un pouquiño en plan sabado sabadete, por ver de revivilo un pouco, e o pobre hoxe amenceu aparvado de todo, ocasión que aproveitei para levalo de pateada pola costa do Dexo asi coma quen non quere a cousa. Ao final aghuantou catro horas sen protestar; agora ben, entre as duas horas de ida e as case duas de volta tivemos que facer unha pequena escala tecnica para darlle unha cocacola light e a obrigada tapiña domingueira de callos que viña de oficio coa consumision. Que ben maridan os garavanzos e a cocacola light. E que gran gourmet se perdeu comigo. Veña fibra, imos espabilando e deixandonos de mixiricadas. Que como ben di Manuel Rivas, “o que quere a literatura e fibra para correr campo a traves”.
E como ben di Corredoira: “Lume, carallo!”

Xa me tarda volver a correr e deixarme de palabrerias.


Eu pensaba que era cuarzo e disque e porfirio. Igual as veces ta ben non correr e parar a ler os carteis para ir saindo de burra.


Esta piscina natural ao abrigo das batentes quedou fichada para ocasions estivais

Magnificos os canzorros (dispensando) da igrexa romanica de Dexo


Pasei a Marola, pasei a mar toda