Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

13 de maio de 2014

A MULTIPLICACIÓN DOS TRASNOS E DAS BIRRAS E OUTROS MILAGRES


A ver, cativos, hoxe toca Chesterton, pero pouquiño:

“Lo más increíble de los milagros está en que acontezcan […] La vida posee cierto elemento de coincidencia que la gente, acostumbrada a lo prosaico, nunca percibe”

E ás veces amoréanse. Os milagres. Ou meigallos, quen sabe, tratándose de trasnos. E xuntándose catrocentos e pico para percorrer os 32 km que separan Camariñas de Muxía na sexta etapa do Camiño dos Faros, a cousa dá para moito milagre, trasnada, meigallo ou fenómeno deses.


A min por ejemplo contáronme un, o milagre da multiplicación dos trasnos: van un día catro de Malpica, quedan para tomar unhas cañas –eu non sei cantas lles caerían, pareceume de mala educación preguntárllelo, mesmo igual o prohibe a lei de protección de datos- e coa inxesta de lúpulo ocórreselles abrir unha gran ruta de sendeirismo pola beiriña do mar desde aló ata Fisterra. Toma! E dirían eles, “e por que non?” Nada es de mejor gusto y de más distinción que el pasear donde a uno le da la gana”. Pois xa está, e toma Chesterton. O caso: abriron ruta. E botáronse a camiñar por ela en etapas, seica ao principio eran media dusia en plan colegueo, non?, pero logo a xente debeuse poñer envexosa porque deron en camiñar par deles tipo Forrest Gump, ou a vida de Brian, e foi así como acabaron marcando tendensia, mi madriña, que ocasións houbo de xuntárense setecentos a inzar os camiños todos da Costa da Morte, que a min me dá que o natural trasno ten un aquel endémico, pero isto non llelo digades a eles que igual se mosquean e a saber como reacciona un trasno encabuxado. O caso: xa van pola terceira edición do Camiño dos Faros, hoxe en día locen logo, manteñen un blog estupendo, organizan cursos de fotografía, implican aos concellos no seu labor, algúns visten  conxuntados de verde fosforito que dá gloria mirar para eles e teñen una banda cun himno de guerra que remata dicindo “son trasno e cada vez somos máis”. O que vos dicía, tan inzando a Costa da Morte, isto vai ser como a invasión dos ultracorpos ou peor. A min xa me captaron para a secta, non sei como fan que vas un día e faste socia e logo queres volver, e aproveito meto aquí a Chesterton outra ves e xa me deixo de citas: “Yo le he pescado con anzuelo invisible y con hilo que nadie ve y que es lo bastante largo para permitirle errar por los términos del mundo, sin que por eso se liberte”. E así funciona a multiplicación de trasnos, ou de peixes. Verídico.

Milagrosa e mesmo vertixinosa foivos tamén outra multiplicación, pero de birras, o sábado 10 de maio á tardiña na terraza do bar Marina de Muxía. A ver, igual máis que milagre dos milagres de toda a vida puido tratarse  dunha sensación de irrealidade desas que te invaden en situacións estrañas como é chegar soa e despistada a unha traskizuntanza e aos poucos minutos encontrarte de parola cos trasnos coma se nos coñecésemos desde o parvulario, porque esta xente é o que ten, que ademais de endémicos resultan moi falangueiros e sociables e campechanos, así, como o rei, pero con mellores andares.



Prodixioso, como mínimo, o final da noite ao ritmo da música da Traskibanda, coa guitarra de Ramón, a encantadora Cecilia ao violoncello, Merce ao ukelele e algúns outros que subiron ao escenario, por non falar do fantástico acompañamento vocal do público e a coreografía superfashion de Miguel e compaña…Mágoa dos que a perdestes! Para compensar, déixovos un retallo xenial da letra da súa canción “mundo sereno”:



Cómo me gusta acariciarte por debajo de la ropa
cuando me llevas de paseo en bicicleta
y me preguntas si estoy loco…
Por supuesto que sí!
Estoy loco por ti
Y por tu amiga también

Eu de verdade, eu non sei con que xente estarei enredando.

Máis sucesos extraordinarios? A arroutada de asistir soa a Muxía e compartir cuarto cunha morea de xente descoñecida, que nunca un albergue pisara eu na miña vida, celosa como son da miña intimidade pa según que cousas. E aló foi o conceto [sic]  intimidade a tomar vento, quen o quere, que nada máis pisar a recepción do albergue Bela Muxía, Celia e o seu compañeiro fixéronme sentir coma unha raíña, pero en plan peregrina, e xa logo collín confiansa e dei en retratar algúns dos paneis que ilustran os hóspedes con referencias literarias e históricas do lugar, mirade canto traballiño aforrei de ir por aí rabuñando máis citas axeitadas para a ocasión, que xa mas deron feitas.



Esperemos que non


Bela Muxía, un espazo confortable e acolledor para o indispensable repouso nocturno antes de enfrontar eses 32 km, e aínda menos mal que Dores e Josi acabaron calando dunha maldita ves, que o cuarto "Rosalía de Castro", o noso, parecía unha regueifa, ou un jaliñeiro, cajonomundo, e mesmo tivo que erguerse un da liteira e vir rifar con eles e ordenar silencio, como Tejero pero en plan campamento. Falaba eu do necesario repouso previo aos 32 km de etapa que un subgrupo de 4 tolos quedaramos en completar correndo. (A idea era que tamén estivese Mónica de Ordes pero non puido ser…Esperamos verte noutra, rapaza!!!)


Rosalía en plan visionario, pero tanta xente que corre non había, que eramos catro

 
Logo xuntáronse catrocentos

Mencer en Muxía. Unha marea verde de trasnos buliciosos cobre o paseo. Vexo saúdos de reencontro, risas e cariñas ilusionadas mentres agardamos polos autobuses que nos levarán ata o inicio da etapa en Camariñas. Miguel preséntame a Belén, gran ciclista e runner de Cee coa que compartiremos trotada. Como non podía ser doutro xeito entre trasnos, a conversa flúe coma coñecidas desde a catequese ou máis alá. Dores vainos informando dos detalles da xornada como unha auténtica azafata profesional e desembarcamos en Camariñas, onde a celebración dunha proba ciclista vai obstaculizar o paso dos autobuses e impedir o reagrupamento. Así, decidimos que Belén e eu botaremos a correr e que Miguel e Carlos comezarán algo máis tarde para alcanzarnos polo camiño.


 Belén e servidora aínda aseaditas en Camariñas xusto antes de botar a correr

32 km por diante…Ai diormío! Soamente completara unha distancia semellante no trail do Courel hai cousa dun ano e as sensacións foran regularcillas tirando a pésimas. Ajora vai o rebumbio mental. Mentres camiño con Belén cara ao punto de partida, raiolas de optimismo tipo maloserá inciden na escaseza de desnivel e de terrreo técnico da ruta. Sorrío. Chega un nubarrón nejro, cega raiolas, optimismo, sorriso e  todo e descarga en forma de recordos da maldita lumbalxia que me tivo presa despois dos últimos entrenos grandes e que me impediu acudir ao Xalo…Ai diormío! E se escordo un nocello e me teñen que evacuar e logo non podo conducir de volta pra Coruña? Ai Jesús!. E se me baixa a tensión coa calor e quedo por aí espatarrada, ou espallada, como a rosa de Rosalía? Ai Virxe da Barca! E se Belén vai coma un fojete e non lle dou seguido o ritmo e ten que parar cada pouco para agardar por min e me declara inútil non grata para o resto da vida? Ai Santo Hadrianciño de Malpica!
 Santorais á parte, mente en branco, imos aló. Confianza. Belén vai suave. Xenial. Imos adiantando algúns caminantes e xa logo –primeira saída do rego e volta atrás para retomar o camiño mediante- nos poñemos por diante, “cabesa de pelotón” seica nos deron en chamar na fotofeisbuk de Traski Costa da Morte, que no meu caso ighual acaíame mellor cabezona do pelotón, pero bueno.

O sorriso ese de tontas del pueblo que se nos ve na foto non se nos deu borrado en todo o camiño. Deixámonos ir nese trotar tranquilo entre praias, sendeiros, regatos e aldeas dunha beleza fascinante e o tempo voaba canda nós. Algunha parada e volta atrás para recoñecer o camiño, algún treito equivocado que refacer malia a perfecta sinalización (unhas desencarreiradas,a Belén e máis eu), algún lameiro no que que comprobar que as zapas medio minimalistas non traileras poden con case todo. Enseada da Basa, desembocadura do Río Grande, praia de Ariño, Ponte do Porto, Cereixo, praia do Lago…








Subindo desde a praia de Lago vimos achegarse ao lonxe a Miguel e Carlos, que saíran 40 minutos despois, e sentamos a agardar por eles todas cómodas pero estilo runner de semimonte, ou sexa, na cuneta. E aquí agroma outro acontecemento milagroso, atendede todos, porque nese punto foi cando souben que xa estabamos entre o km 20 e o 21 e non o podía crer, porque sentía coma se o corpo me dese para outro tanto, hasta el infinito y más allá y tal. Nin molestias, nin cansazo, nin mareo nin nada. E iso, que o saibades, ou é un milagre, ou é que me botaran droja no colacao, e como colacao non tomo, pois é milagre, e non me rechistedes, que aquí a que escribe son eu e o resto calades a boquiña, así como o goberno pero en plan blog. Sen acritude.

E xa en grupo de catro fomos suaviño e parolando o resto da etapa, e así foi como soubemos da próxima participación de Miguel e outros trasnos no Soplao a finais de maio (forza!) e da moi concienzuda preparación de Carlos para os 200 km da edición piloto do ultratrail Camiño dos Faros o 25 de xullo, iniciativa solidaria xurdida dos soños dos trasnos, organizada por Miguel -que este rapás sae da GMTA para descansar e xa logo se mete noutra peor, que debe ser cu de mal asento-  e que parece, a iniciativa, quer disir,  ter bastante ilusionados os criptonitos eses da comunidade ultra tipo Blas, Corredoira, Jabalí, Linkin e demais familia. Pinta moi ben! Quen me dera ter ese aguante… Penso acudir e rematar unha etapa ou como moito dúas, que máis ca iso xa sería milagre excesivo, descomunal, paranormal, pecado ou cousa anatemizable.

Polo de agora voume conformando con milagriños de gama baixa como foi ter chegado a Muxía tan fresca e tan a gusto que gañas me deron de bicar o chan e facerme a ola, e a subida polos penedos cara ao mirador do Corpiño pra min que a fixen levitando de alegría, e se non se me apareceu a Virxe da Barca foi porque non me fasía falta ningunha, que xa taba eu divinamente e non era cousa de perder protagonismo. Xa o dixo Miguel: “acabar un entreno contemplando semejantes vistas no hay quien lo pague”. Nin ir mollar os pés na praia de Lago e deixarse acariñar polo sol tumbados na area tampouco, como foi o caso.

 Carlos, Miguel e Belén no Corpiño mentres servidora levitaba
E non, non me botaron droja no colacao. Foi milagre… Ou meigallo, ou trasnada, ao final déixovos decidir a vós, así toda magnánima, coma o goberno pero en campaña electoral. Vémonos por Fisterra e xa me contades.

14 de maio de 2013

EU QUERO SER ARTABRA - 2

E habera que seguir logo.

Xa estando os frikis reunidos geiper na lagoa de Mera, xusto cando me achego a saudar a Luis, Ezeq e Alvaro collen e dan a saida, ai mima, eu aló no medio, que espanto, eu que sempre saio de ultima pa non entorpecer. Pois non me quedou outra que botar a trotar par deles. Xa logho foi impar, que non lles dou seguido o ritmo; soamente compartin con Ezeq un treito en que lle deu tempo a rifarme por correr cos brazos moi abertos, que tamen xa ian sendo horas de que un koruño destes me chamase a atencion, que eu ben me vexo nas fotos e parezo un croasan buscando bronca, e inda por riba talonadora. Que fatalmente corro. E que ben corre Ezeq, que nos videos que sacara Luis o da Camara alo na Capelada veslle un aquel de tarahumara, que a ver que pinta un tarahumara na Capelada, diredes vos, correndo par dun croasan macarra, pero cousas máis raras se viron, se eu vos contara.

Alo foron os rapases, aí quedo concentrandome nos talons, nos brazos, na respirasion, no terreo, en deixar oco para que me adianten os lixeiriños, en sacar os panos do peto do cinto portabidon a tempo pra non parecer un trol (eche boa desghrasia ser alerxica), na posicion do bidon do meu primeiro cinto recen forneado no decatlon (mamá, ya soy trailera), ; en que non se me mova moito o buff; en dar un chisquiño de conversa de cando en ves; en tomar nota mental do percorrido; en desfrutar da paisaxe...(Respiro). Isto era moi estresante, Carmiña, como disia Manquiña. E na mesmiña orde que fun enumerando as preocupacions funas ciscando polo camiño, que correr e o que ten, que logho entras en ermo mental e deixaste ir e importache todo un pemento; quer disir: que lle dean a posicion dos talons e dos brazos; respirar é acto reflexo; o terreo non e tecnico, botome pa un ladiño e a xente xa pasa, que panos nin que farrapo de ghaita habendo metodo tradisional (e o moi oportuno de Luis inmortalizou o momento trol, que igual ai debin mirar un pouquiño pola miña imaxe, que non quedei nada Hepburn e aínda me han de vetar os CTOs, glamurosos como son, que eu tamen gostaría de ter ese chic artabro pero non me sae), o cinto e como non levar nada, as traileras temos dereito a despeluxarnos, a conversa flue cando ten que fluir e a paisaxe xa deslumbrara en canto saiamos a beiriña do mar fronte da Marola, pasarei a mar toda.



Videos de Luis o da Cámara, tamén coñecido como Luis Rodríguez Núñez 
Que ilusion, o primeiro video que poño no blos. Levoulles todo un tratado de instrucions a Luis e Candido sacarme de burra, conste, e xa veredes, para a proxima ves xa non me lebrarei de como se fasia

Debia dar moita magoa verme. Digo eu que seria por iso que ao chegar a unha saida do sendeiro, o señor que  estaba controlando miroume enfite e fixo un aceno que eu interpretei como que habia que seguir pola estrada, por unha costa bastante empinada  :-(   Eu obedesin toda mandadiña, botando os fighados polo asfalto arriba; pero ao chegar ao alto deume a impresión de ir moi soa, volvin a vista atrás… e alo estaba a ringleira de corredores que cruzaban a estrada e inmediatamente se internaban noutro carreiro. Por uns instantes acordeime moito da familia do nacho de amarelo, que a ver que fixera eu para merecer aquilo; pero cando baixei onda el miroume confuso e explicoume: “yo es que crei que querias abandonar, mujer”. No momento marmurei  imprecacions malsoantes, ofuscada polo asfalto, pero deseguida escachei de risa imaxinandome a min mesma aparecer entre a espesura coma un trol suorento, torpon, desacompasado, pesadote, colorado, sen folghos… A ver, o nacho aquel tiña razon, que non fai falta ser un xenio da intuicion pa desbotarme como corredora; eu de feito teriame mandado a murar mesmo antes de empezar a carreira. E aínda me escarallaba calculando o que tal pensaria o fulano ao verme subir pola encosta  a paso lixeiro, que unha cousa e querer abandonar por cansazo, pero abandonar por cansazo liscando a todo meter costa arriba...ai xa se debeu cheirar que algho non lle acababa de cadrar.  :D

Ao retornar ao rego cadrei un pouquiño cunhas rapazas de Nosportlimit que xa me soaban do Xalo e que parece que prometen moito na montunada. Quen me dera poder adestrar asi cun pouquechin de organización… Seguiria sendo unha petarda pero con fundamento. Asi a todo, pesoume non terlles advertido algho asi como “Que fasedes, insensatas? Deixádeo aghora que  tades a tempo, que empezas coma quen non quere a cousa e acabas decatlonera de coleta choni,  falta de unllas nos pes e escribindo un blog”. Pero non llelo dixen e ighual xa estan anotadas nun ultra, miñas santas.

Das miñas runners preferidas de Santiago viña unha metade, ou sexa, Belen, que facia a carreira acompañada do seu colega, e menos mal. Digo menos mal porque daquela xa vos estaba a medio derreter (ghanas de entraban de ghindarlle pedriñas ao sol e chamarlle idiota para espantalo, como fixera meu fillo de pequeniño un verán en Picos ao decatarse de que non había neve) e acopleime a eles para non sucumbir a tentacion de espatarrarme nun campeiro, e o rapaz animabanos moito. Ghrasias aos dous!

Avituallamento do km 15. O avituallamento do km 15 era tan estupendo que o terian que sacar nas peliculas, e xunto coas luvas e os imperdibles, unha gran xenialidade do CTO. Porque cando vin ao nacho ofrecernos auga, isotonica e unha birra houben botarme aos seus brazos, pero optei polo comedimento. Ai dos que levan na fronte unha estrela, ai dos que levan no bico un cantar. Bueno, poida que a estrela de Rosalia non fose de lupulo, pero tiña que meter unha cita ainda que fose con calzador, pasa algo? En fin, bebin augha e nada mais ca augha, non abracei ao meu avituallador preferido e botei os catro quilometros restantes automotivandome coa imaxe dunha Estrella Ghalisia xeada en compaña de Estrella, vallame a redundansia, que quedara en vir ao final para irmos xantar, e eu soñando coas cañas e os mexillons de Lorbe, que se non fose pola imaxe mental e polos azos que nos ia dando o colega de Belen, ighual ainda taba hoxe en dia extraviada e asilvestrada no Dexo, destilando licor de chorima e alimentandome  frugalmente, habendo no mundo marabillas coma estas:


Pero isto e frugal????, como dicia Asterix en Belxica

Toxos, breizo, mantos azuis e fucsia de flores contra o mar… Destrepada divertida con corda para as zouponas, rochas, volta a civilizacion, paseo, praia e xa tamos cheghando. Alvaro, Candido e Ezeq dando animos… Non me adiantan xubilados espontaneos no paseo, o que e moi de agradecer, e entro coma sempre, feliz e cun pouquechin de vergoña pero desa da que non fai dano. Alegroume poder saudar a Cristina, a outra metade do Comando Compostela que non puido conseguir dorsal, e tomar algo con Candido, que tivo a mala sorte de mancarse contra o final…Animo e forza! O resto dos koruños inde por ai, que sodes uns bebeleites :D




Rematou o CTO, pasei o trail todo


Proximamente neste lameiro, contareivos que irei un dia da Coruña ao TAC Courel por terras liberadas. Vaia xeito de desbrozar a Novoneyra, tou feita a terminator da literatura galega. Pero ainda eran peores os do colectivo Ronseltz, que lle dedicaron este bonito haiku:

Uxio
imosche facer a parcelaria
e vaste cagar en Dios

O caso: os do Courel, ideme lendo a Novoneyra xa que, rematado o CTO, heivos tomar a leccion no TAC ou no UTAC eses da GMTA (vallanme as sighlas).

E agora a marujear, a lavar os dentes, jesusito de mi vida e pa cama. Eu durmirei coas luvas CTO postas, e malo sera que non amenza algo mais artabra.