Amosando publicacións coa etiqueta lerias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lerias. Amosar todas as publicacións

21 de nov. de 2015

INSTRUCIÓNS PARA CORRER EN MORDOR

Cualquiera que viva un infierno durable o pasajero puede, para enfrentarse a él, recurrir a la técnica más gratificante de cuantas existen: contarse un cuento (Amelie Nothomb)

Ás veces soñamos que non chove (Suso Lista)

Aquí no meu barrio, dependendo da dirección do vento, ás veses respiramos o aire alcatreante da refinería e/ou da depuradora de augas residuais de Bens. Refinar e depurar, din, e soa ben, anque ulir moi ben non ole.

Cando saio correr, paso o Portiño e vou bordeando a depuradora até chejar á praia contaminada de Bens, cabo das chemineas. No percorrido vou centrando a vista no mar, fasendo un exercicio consciente de abstracción do fedor e da arquitectura industrial da outra beira do camiño.


Pero hai un tempo que o aire apodreceu. Inda máis. De un tempo para acó o aire antóllaseme irrespirable, tan cargado como vén de efluvios tóxicos. Hoxe sopran ventos de morte, terror, odio, ameazas, hipocrisía e manipulación.
Cando sentes que estás correndo en Mordor e sopran ventos difíciles, sería de moito avío reforzar o exercicio consciente de abstracción da fealdade contándote un conto. O malo que non teño imaxinación. Quen me dera coma Nothomb, u coma o Lista. Se polo menos fose crente rezaba, pero como son atea e non teño imaxinación, nin rezo, nin narro: cuspo. Para depurarme. A ver se me explico:


INSTRUCIÓNS PARA UN ENTRENAMENTO DEPURADOR

1. Botarse a correr coma perseguida por un exército de orcos, canto máis tempo mellor
2. Parar ao pé da depuradora

3. Pechar os ollos e invocar a Gandalf ata que a balsa da depuradora de Bens torne o abismo de Helm (si, frikis, xa sei que Helm non está en Mordor, pero é licenza)
4. Cuspir nel. No abismo. Pero non vale cuspir de calquera xeito. Antes tendes que visualizar todo aquilo que está empodrecendo o aire: logo, por cada unha das cousas que vos cheiren mal e que vos doan, por cada unha das cousas das que vos queredes desprender, indes xuntando cuspe a modiño a modiño ata formar un bo gargallo, e logo guindádelo do xeito máis explosivo posible.
Repetir esta operación tantas veces coma sexa necesario para depurarvos.
5. Seguir correndo. Ajora os orcos serán poucos e covardes. E seredes vós quen os persiga.
6. Estirar. Iso sempre, chavalada.

Heivos ilustrar o paso 4 da técnica co entreno que me saíu a min hai uns días:

EXEMPLO

  • Cuspir pola semana en que oito mulleres perderon a vida por violencia machista, cuspir por todas as semanas que viñeron antes, polos políticos disfrazados de progresitas que recortan fondos e/ou rexeitan propostas de prevención. Por aquelas persoas que defenden sobre o papel a igualdade mentres por acción ou por omisión, en xestos públicos ou privados, contribúen a que a metade da poboación continúe sendo obxecto potencial de violencia e acoso, que contribúe a que continúe en condicións reais de desigualdade, marxinalidade ou invisibilidade.
  • Cuspir por aqueles que manipulan e son manipulados ata o punto de embarcar nunha viaxe sen retorno ao terror. Cuspir polos que reaccionan ante o terror recorrendo á violencia; polos que alentan e difunden o odio xenófobo e a ansia de vinganza sanguenta. Cuspir polos políticos que oficialmente condenan os grupos terroristas mentres os fornecen de armamento fabricado en empresas nas que teñen intereses económicos. Cuspir polos que ridiculizan as propostas de solución ao conflito que non contemplen bombardeos.
  • Cuspir por aqueles que trafican coas vidas dos exiliados. Polas portas que lles pechamos nos nosos cómodos países demócratas occidentais.
  • Cuspir pola situación das mulleres, cuspir polas lapidacións, lategazos e condenas a morte ou cadea que agardan aos disidentes en países cuxos dirixentes manifestan manter estreitos lazos de amizade coas máis altas autoridades do noso. Van pelexar os nosos representantes para que o poeta Ashraf Fayad non sexa executado, por exemplo? Unha de tantas víctimas deste país tan modélico, que na ONU decidiron nomealo líder da comisión de dereitos humanos. Non é un chiste.
  • Cuspir polas voces que se alzan responsabilizando a sociedade civil deses países por non reaccionar con protestas contundentes que atallen os seus males... Cuspir, logo, por aqueles que non entenden que o medo silencia e paraliza. Igual que nos silencia, paraliza e confunde aquí a menor e máis mesquiña escala; e por iso, dúas cuspideiras menores como colofón, relacionadas coa estratexia do medo:
  • Cuspir polo cambio na intención de voto que conseguiu provocar o cacarexado discurso apocalíptico dunha segura nova recesión caso de non gobernar os de sempre, eses mesmos que defenden a capa e espada o sistema económico que orixinou tal recesión, da que ajora nos intentan convencer que saímos cos seus datos macroecómicos na man.
  • Cuspir polas veces que abaixamos a testa e calamos ante abusos, arbitrariedades e inxustizas soamente baixo incertas ameazas veladas de despidos, perda de poder adquisitivo ou dos escasos dereitos laborais que aínda fican en pé... (E aquí autocensúrome. Tempos serán chejados de recuperar a voz. Estade atentos. Bueno, quen queira). Cuspir por todas as ocasións en que nos intentan silenciar facendo valer abuso da autoridade, costumes revenidos devenidos normas, xénero ou presuposta conveniencia xeral.
    Ao final a cuspideira quedou cun aquel de ladaíña atea, en versión señora cabreada, maleducada e pouco feminina, así como vos somos as de esquerda. Quen lea isto e ademais lle engada mentalmente o calificativo “fea”, que saiba que queda inmediatamente integrado na primeira cuspideira.

    E por min máis que sejía, non haberá lotes de refujallos que botar ao abismo de Helm...pra deshidratarse. O que non había era tempo: tiña que voltar pra a casa a fume de caroso, porque son das que concilian cando lles deixan conciliar, que nunca se sabe cando é, ou se é legal, e non dou feito. Amais que ijual me mandaban un jarda por vándala cuspinte, ou un exorcista.

En fin, xentiña, anímovos moito a probar esta nova técnica de entreno depurador. Se tedes aljunha dúbida xa sabedes: aló estarei ao bordo do abismo pola banda de Bens. Prometo non cuspirvos. E ajora a durmire e soñar que non chove e que persejides orcos moi moi pequenos e covardes.





29 de ago. de 2015

QUERO VIVIR NUNHA PELI DE JOHN FORD

Ás veses quixera vivir nunha peli de John Ford. Ser John Wayne mazándome a hostias con calquera e acabar tan amijos.

Porque sempre intuín que as amizades máis fortes son as labradas a hostiazo limpo, dispensando. Hostias fijuradas tamén valen. Mesmo son preferibles, que somos políticamente corretas [sic]. Amais de pequenas, máis eficases no ataque verbal.

E canto máis vella repunante vou, máis saudades das pelexas lendarias de John Ford. Porque saberedes que cheja un punto na vida de toda muller en que, en canto caes na conta de que a vidiña non che cadra, en ves de calar coma un peto, bótaste de fronte contra o mundo co coitelo de matar o porco. Fijurado tamén,o coitelo. O porco non sei como foi que se coou, pero parese auténtico.

Pero vas e dáste de fronte co baleiro ás máis das veses. Quedas aí coma unha idiota no medio da nada, co teu coitelo fijurado, sen rivais.

Porque hoxe en día non está de moda hostiarse, nin fijuradamente sequera. É moito máis elejante ignorar as voces discordantes. Invisibilizar a disidencia. Enrocarse, erjer valados inexpugnables, parapetos ideolóxicos ou simplemente conservadores de vellos costumes devenidos  (revenidos?) norma por mor de inercias. Hai moito mestre en apuntalar preconceptos.

E canta májoa me dán. Tan elejantes na arte de desprezar sen facer aprezo que lentamente van murchando afojados pola falta de aire novo.

Como vella repunante permitídeme un consello: buscade o rival e medide as vosas forzas. Sairedes mazados e enlamados, o máis sejuro. Pero conforme avance a pelexa, en cada jolpe aljo ha de moverse no voso interior (non necesariamente os dentes). Aljo do contrincante quedará en vós e quizais saiades transformados, coma quen retorna dunha longa viaxe. Renovados.

Amais sempre fasedes a escusa para ir ao bar botarlle unha pinta co outro e comentar as mellores xojadas.

O que vos dijo, ás veses soño que vivo nunha peli de John Ford. Veña durmire.


21 de xan. de 2014

BAILAR O MONTE

Quen poidese botar a correr agora mesmo e trazar cos pasos unha historia interminable chea de risos e de música. Quen poidese bailar o monte. Gardar as cervezas na neve e deixarse baixar arrolando, e no camiño turrarlle das orellas ao lobo.


Pero hoxe abonda con saber que queda moita festa. E moito monte por bailar.


13 de ago. de 2013

A RISA PERFECTA

 “Si vas a intentarlo, ve hasta el final. No hay sensacion parecida. Estaras a solas con los dioses y las noches arderan en llamas; llevaras las riendas de la vida hasta la risa perfecta. Es la unica lucha digna que hay" (Bukowski, pero apañado a traves de Nacidos para correr)

Ai carallo, mal empesamos. Que raio fara unha maruja baixiña de 46 tacos con esta cita mais axeitada pra xente tipo Monty Cliff, ou Cabalo Branco, eu que sei. Pero aquí estamos porque hemos venio, e o primeiro que faga coñas leva unha colleja. Tamos? Un respecto para o marujismo, faghanme o favor.

O tema viria sendo a busca do limite, a intensidade, aquilo de apurar a birr…digo, a vida a ghrolos ghrandes. Montunada bestial. Xentiña escordando o tuetano en pendentes infames, ciscando folghos e/ou espirito en encostas endiañadas, rabuñando a vida e consumindo a pel, ou viceversa, ao longo de “rutas que soamente un lunatico seguiria” (me dispensen, tou relendo Nacidos para correr e non hai quen me ature; se vedes algho mais entre comiñas, ou e de ai, ou xa vou avisando).

E como ben diria a miña amiga Estrella: “pero que necesidade teredes?” Ainda onte na praia comparaba os meus pes de unllas a medio medrar cos seus, tan preparados, e ghanas non me faltaban de darlle a rason. Pes de anunsio habia de ter eu se non fose polo monte. Mecachis. Aaai, que frivola. Case vou cambiando de paragrafo para disimular. Asubio e cambio, corto. Ou corto, cambio, como sexa.

Iso si, o vernis violeta ben aplicado ao final disimula… Ai, perdon, perdon.

Falabamos de sermos extremas, con unllas ou sen elas. E resulta que na miña escasa, cutre e pauperrima existencia montuna, houbo un fito que marcou un antes e un despois ou algho asi. E que me fai dubidar. Marditos roedores. Porque unha cousa e ter asumido ser a bufona, a ultima/penultima, a inutil, a zoupona, a meducas, a vella tola esa, a tartaruga absurda –e que falta de avoa me intuo as veses-, que con todo disfruta coma unha nena cun xoguete novo cada ves que a soltan no monte, e outra cousa, digho eu, outra cousiña e encontrate sumida en situacions que de supeto sentes realmente perigosas (perigosas no hipobaremo relativo das meducas, zouponas, vellas, etc) e preguntarte QUE CARALLO FAGHO EU AQUÍ. 

E coa coña levo varios meses nesa tesitura. Lindo palabro, tesitura. Matinando nos inicios, na miña condicion primixenia de cilicio para colegas non montunos -lembro o que tal escribira Angeles Caso en boca de Sissi: "Mis damas empiezan a asustarse por esta afición mía a los paseos […] algunas de ellas intentan la heroicidad de seguirme, y terminan maltrechas y agotadas, enfurecidas sin duda contra mí, la loca de los caminos polvorientos". Ehem. Se no canto de funsionaria fose emperatris de Austria con 50 cms de cintura, talmente, oian. Naquilo de “la loca de los caminos polvorientos” si que a identificacion e total. En fin, deixemonos de realezas, Francisco Jose; en resumo, que pasei de ser trotadora (pesima) habitual e paseante infinita a ir asomando o naris nalgunha carreira desas polo verde e dese xeito a cilicia tornou felizmente ciliciada. Ata ese fatidico intre en que me vin soa no Courel, mazada coma o polbo, mareada, asustada e recitandome a caldeirada aquela de que es la vida un frenesi, que es la vida una ilusion, etc, etc. E con tanto recitar pasoume o sol pola porta a base de non asisitir ao entreno nocturno de Cabo Home, nin ao Galiciomaxico Pindo sequera como camiñante, nin ao free running dos Ancares que tan ben organizaron Blanca e Luis…



A prototrailera Sissi lucindo o tipico atuendo pro


Porque cada quien es cadasuyo, como tantas veses lle escoitei disir ao meu antigo amigo Manolito, gran poeta hoxe entregado ao proceloso mundo da farandula-moinantes todos, asi entre nos. E claro, e volvendo ao noso, romper o nosello, a tibia, o perone (muevo la cabeza, muevo el esternon, la, la, la), a cabesiña ou mesmo a alma, se non tes quen coidar na casa, ou se tes quen o fagha por ti, pois e un mal dighamos que menor. Pero unha supermaruja coma min non pode romper nada. Nada de nada de nada de nada, por se non nos estabamos entendendo, pequenas alimañas traileras.

O malo que son cabra. Sumamente. Absolutamente bruta, montuna, asilvestrada de corason. Porque chega un momento na vida dunha maruja en que lle compre moitisimo romper sequera unha peza pequena da vaixela. Meses levaba sen ocasión nin acomodo mental para botarme ao monte en condisions, e o pasado venres…ai o pasado venres! Todo foi verme ceiba coma o ghando, condusir a todo meter ata as Fragas do Eume… e pasarme ao maquis, que gañas tiña. A mantenta sen mobil, sen reloxo, sen auga. Ao bruto, como mais mola. E todo foi empesar a caer o sol e subir por min un medo irracional, ancestral, salvaxe…sentirme un corpo fuxindo torpemente do incerto entre a penumbra da fraga, pero un medo mesturado cunha das sensacions mais gozosas que poidas experimentar, a do verdor do aire na cara, as pernas nunha progresion inesperada, tantos tons proxectados na retina e tal estourar de arrecendos… Evos o mal das fragas.

E –avisados tades da pedandansia: “teniamos que amar correr porque, de lo contrario, no hubieramos vivido lo suficiente para amar nada mas”.

Vivan, corran, amen, rompan algo. Encontren a risa perfecta.

Maruxa ceiba vista por Martin. Rotus ghordos sobre pizarra dos chinos

5 de maio de 2013

NAI EXTREMA

Hai nais mais extremas ca ti”- espetoume a criatura atermica que teño por fillo o outro dia despois de botar duas horas seguidas bañandose na praia. Argumentaba que na auga son unha frioleira, que nas baixadas empinadas en bici vou freando seguido e morta de medo, que odio xogar ao futbol e que patino moito mais lenta ca el, onde vai parar. Razon non lle falta ao condenado cabezudo -como lle diria C3PO a R2D2-, pero asi a todo, que tan mal me sentou. Levo tirado tanto del para sairmos a nadar, a remar, a andar en bici, a patinar, a camiñar polo monte, mesmo para aprender a surfear, para que ao final me chante que non son extrema e se quede tan pancho… Condenado cabezudo!

Pero quietos, que ainda esta por vir o peor do asunto. Porque cando lle suxerin que igual hai poucas nais que corran polo monte, o moi descastado respondeu que total, chegando sempre cos ultimos non ten merito, que se gañase algun trofeo ainda teria un pasar. Ai xa me deron ganas de ir a un bar e pedir un detonador gargarico pangalactico* e esquecerme da vida, do universo e de todo*; pero resistin ese impulso e mais o de mandalo interno a perpetuidade, e para reafirmarme no autobombo inscribinme no Trail Aldeas do Courel (a ver se con 36 km puntuo un pouquechin diante do cabezudo) e hoxe, dia da nai non extrema, leveino a facer a ruta do Mero en bici.



E moi cheo ia o rapaz, co seu maillot novo e a miña mochila de hidratacion… Daba gloria velo. O que xa me deu que pensar foi cando me confesou que ao facer baixadas en bici se sente mais alto e mais forte, que lle entra unha sensacion estraña e marabillosa, e que iso e ser extremo. Outro friki pa o saco, ai diormio, vaia familia de piraos, diciame eu. Ocorreuseme tomarlle un pouco o pelo e dicirlle que eu ademais de mais alta e forte, tamen me sinto mais loira e de ollos azuis… E resulta que el tamen!!!! Case caio da bici coa risa… E outro tanto cando quedou cravado no medio dunha subidiña e a punto de caer de lado, exclamou todo triste: ai, agora si que non estou nada loiro!  :D

En fin… nin extremos, nin altos, nin loiros. Agora que o paseo de hoxe foi o mellor trofeo que podia ter recibido, dispensando a ñoñeria. Iso si, como non dea rematado o TAC, daquela xa me podo preparar para que na casa me chamen Barbie ou mesmo insultos ainda peores, de habelos.


* Guia del autoestopista galactico

10 de abr. de 2013

PISAR O SOL

Teredes que desculpar que volva citar a Manuel Rivas, non me dou desprendido desta teima:

“Tiña oito anos. Os dous irmans foran recrutados para a guerra. E tocoulle a ela. Non habia outra. Levar o gando. As vacas, dous bois e un cabalo.
-         Vai ao Xalo. Hai pasto dabondo. Andaran mais ceibos. Non tes que andar pendente de que pisen aqui ou acola.
-         ¿E canto tempo?
-         Volve cando pises o sol
Por mais que preguntou non soubo como ia pisar o sol. Ate que chegou a hora. Ela toda tarde a espreita. Como ia facer para pisalo. Ate que chegou o intre e foi ben doado. O sol estaba aos seus peus. E pisouno.”

Se fose eu a autora destas liñas dedicariallas a todos aqueles que nalgun intre se senten coma un neno de oito anos diante do descoñecido, as persoas que a cotio enfrontan medos e incertezas e dalgun xeito se amañan para chegar a pisar o sol.

E por suposto, a todos os que estades entrenando para pisar o sol do Xalo a finais de abril.

Forza

4 de abr. de 2013

NACHAS POWER - 1

Botar os anos mozos en Ferrol deixache unha fonda pegada lexica que abrangue termos como nacha/o, conacho ou a todo filispin, xenialidade esta ultima que compite coa impresionante capacidade lusa de adaptacion directa de calquera estranxeirismo que se lles poña por diante (ainda que hai que recoñecer que os chilindrins –“cativos”- acruñados en Celeiro andan polo mesmo nivel) Logho tamen aprendin en Cadiz –Cai- que o equivalente do meu nacha e nacho son shoso e pisha (sonvos moi partidarios da parte polo todo, alo no Sur), pero isto non ven a conto, xa tou saindo do rego. 

Aquí o que importan aghora son as nachas, elas, nosoutras (toma!). Mais ca nada, porque como desde o luns que botei 50 mins na eliptica ata hoxe mercores non volvin dar pao a auga, vou asubiar, aquí non pasou nada, e collo e escribo sobre corredoras exemplares para desviar a atencion da miña vaghansia. Pero unha vez posta na faena, digo eu que podiamos inaugurar unha seccion informal sobre nachas runners co unico e exclusivo criterio de que sexan obxecto da miña admiracion, que para algho o blog e meu.
 


AS MIÑAS RUNNERS COÑECIDAS MAIS PREFERIDAS (polo de aghora):

  1. Paula: porque e a cousa mais riquiña do mundo, porque cando a vin en Moaña decateime de que hai xente que ainda o pasa mellor ca min correndo e porque adoro a xente non competitiva.
  2. Virginia, triatleta vivariense supermedallista que e o optimismo personificado e sen sabelo contaxioume moitas ganas de seguir dandolle.
  3. Almudena Suarez, que e das que fan podium: ignoro por que ela e non outras superwomen coas que coincidin montuneando (e cheghando eu unha hora mais tarde, claro). Igual porque no Roteiro de San Bartolomeu achegouse e dedicoume unhas palabras cando eu estaba estaba ali soa, morta de corte e de medo, e ainda que soamente fun quen de responderlle coma unha boba monosilabica, agradecinlle o xesto infinitamente.
  4. Duas rapazas de Santiago coas que coincidin en Penedos do Lobo e en Moaña, porque quero entrenar baixadas con elas.
Ningunha delas o sabe, pero heinas entrevistar para esta miasma de blog.

Mentres tanto, que son as tantas e tou aquí na casa co neno recen deitado e os marujeos a medio faser e non podo entrevistar a ninghen, podemos falar dunha figura coruñesa historica, Dolores Tasende. Sinto ser tan recorrente nas citas, pero como estou lendo As Voces Baixas de Manuel Rivas (tedelo que ler, e un prodixio), teredesme que aturar ata que remate. Iso si, a referencia ven moi de refilon, asociada as victorias do seu irman Ramon, gran corredor, amante das mirindas e dos cacahuetes, e todo no contexto das memorias do Castro de Elviña:

E da mesma estirpe era a sua irma mais nova, Maruxa Tasende. Foi unha grande atleta, corredora de fondo. Pero vimola por primeira vez en accion no equipo de futbol feminino, no entroido. O mundo puñase do reves. Nunca volvin ver  a ninguen correr e canear coma ela pola banda”.
(Non imaxinades como odio escribir sen acentos, pero citar sen acentos xa me parece o peor do peor… un dia destes levo o portatil a arranxar, xurovolo)

O mundo do reves…unha muller correndo e xogando ao futbol. Polo que lin nunha entrevista de La Opinion, parece ser que lle chamaban “pirucho”, ese palabro que non sei por que tantas veces lle teño escoitado a miña avoa :D

Fotografia extraida de La Voz de Galicia

Noutra entrevista que lle fixeron en La Voz de Galicia no 2011, no seu 60 aniversario, lemos esta introducion:

En la década de los setenta colocó al atletismo gallego en primera línea, al ganar el campeonato nacional Educación y Descanso en 800 metros […]en 1971 fue campeona gallega absoluta de campo a través; al año siguiente se hizo con el campeonato gallego de 800; en 1974 volvió a lo más alto del podio en el gallego de 1.500 metros y consiguió el récord de España de 3.000 metros en pista cubierta con un tiempo de 10 minutos y 4,4 segundos, y en 1975 volvió a ser campeona gallega de 3.000 al aire libre. Y esto solo por citar algunos de los logros deportivos de esta coruñesa nacida en Elviña que el próximo fin de semana cumplirá 60 años.

E tamen as impresions da entrevistada sobre aqueles adestramentos nos 70:

“No teníamos medios, ni material, ni dinero para los desplazamientos... Era todo muy difícil. Salíamos mucho a la calle. Cuando tocaba hacer kilómetros íbamos hasta San Pedro de Nós por la carretera, pegadas a la orilla y mirando a los coches, porque no había chalecos reflectantes

Soa heroico. Pioneiras. Adiantadas a unha epoca escura e mojigata.

Pero… Aqui segue a entrevista:

“El atletismo fue su vida -incluso ahí conoció a su marido- hasta que otros intereses mayores se cruzaron en su camino: sus dos hijas. «Con las niñas era muy complicado andar viajando constantemente a campeonatos y dejarlas solas con el padre. Así que me retiré de la competición, aunque físicamente estaba bien. No lo eché de menos, porque lo compensaba la familia», explica.

Hai que joderse. Os finales felices clasicos sempre foron a ruina das mulleres interesantes.

Pero ameazamos con seguir.

24 de mar. de 2013

BERNSDESCENTES


¿Un refugallo de corredora nunha zona verde, unha corredora verde nun vertedoiro, un verterse a correr polo verde, un refugallar verdoso polas costas, unhas grandes costas verdescentes?

Ainda non teño moi claro o que tal fixen esta maña. Algo diso seria.








16 de mar. de 2013

XALO MOUNTAIN, I SUPPOSE

Un sabado por diante para min soiña, sen apuros, sen recados urxentes que facer, sen cativos boureando arredor, sen marujeos pendent…(ehem, obviemos isto ultimo; como ben dician, “a clean house is a sign of a wasted life”. Que gran frase)

O plan era facer unha boa tiradiña polo Seixo Branco e dependendo das sensacions sobre o terreo, decidir se inscribirme ou non no trail de Oleiros. Pero o plan incluia, ilusa de min, que algun dos montunos que esta fin de semana non foron nin al Alto Sil nin aos Trilhos Paleozoicos (moita sorte a todos!) se animase a acompañarme. Porque… en fin, saiamos do armario das fobias: dame medo ir soa polo monte. Asi de ridiculo como soa. E un medo irracional, que son os peorcisimos de todos. O caso e que esta ai acazapado, listo para subirseme a chepa no momento menos esperado.

Asi que ao erguerme o primeiro que fixen foi mirar no foro de Correr en Galicia por se a ultima hora algunha alma caritativa se apiadara de min e se apuntara ao do Seixo Branco… E nada, ai estaba o meu post triste e senlleiro. Cajonomundo.

I can do it, malosera, pensei. Ademais o Seixo Branco nin sequera e monte monte, e un paseiño pola beira do mar. Disfraceime de toureira, camiseta do Rio da Fraga incluida pa motivarme, preparei un mochilo con auga e muda porque a choiva non tiña cara de dar tregua, e…mireime ao espello.

Mal momento. Poida que non me rinda por molestias nas articulacions, por falta de sono, por escaseza de tempo, nin tan sequera por frio, choiva, raios, lostregos e centellas, pero mirarme no espello e comprobar que durante esta tempada de poucos entrenos houbo partes do meu corpo que se volveron mais redondas do admisible, iso si que e matador. E eu veña a tirar pa abaixo pola camiseta Kipsta que levaba por debaixo da outra para que me disimulase aquilo, e veña a camiseta a volver para arriba… Non faltou nada para desistir, xurovolo.

I can do it e a quen non lle ghuste que non mire pa min, tiven que repetirme. Ademais, quen vai andar polo monte neste dia podre? Como moito, calqueroutro friki que andara mais pendente de mirar por pisar ben que de fixarse en se a señora esa deberia deixar as lambetadas e torturarse coa Dukan.

Pois ainda non vos estaba eu ben decidida de todo, non: aghora tiña que darme por matinar no feito de que desprazarse en coche para entrenar resulta ben pouco ecoloxico, que deberia limitarme ao trillado Bens que me queda ao lado da casa, que moita leria trailera de respecto polo medio ambiente, de contacto coa natureza, e ao final acabas contaminando para botar unha carreiriña que podias botar ighual ao pe da casa, coma quen di.

Why should I? Pois porque Bens cheira que alcatrea, e punto, e porque tamen merezo un kitkat (aquí hai lambetadas ata nos similes) urbanita. Veña, vamonos que nos vamos, que ademais xa levo oito paragrafos escritos e ainda non puxen unha Salomon na rua. Seixo Branco, here we go… Se non fose porque xa instalada no cochecito lere lembreime dun paseo fluvial que descubrimos un dia que levei ao meu fillo ao parque de Celas de Peiro (en realidade o parque de Celas de Peiro e a nosa segunda sala de estar, e un deses sitios onde te encontras agustisimo e non podes deixar de ir), asi que como de costume e porque rectificar disque e de listas, mandei o plan inicial a paseo: volantazo (figurado) e…cambio de rumbo: Peiro, here we go! (notese o plural maiestatico; e que eu ia pa Sissi emperatriz e quedei en funcionaria gris).

Aparquei o Opel Austwich xunto a gasolineira de Peiro e percorrin camiñando o treito ata o principio do paseo coa cabeza gacha porque habia vergoña de que me visen os gasoliñeiros toda preparada baixo a que estaba caendo e que me tomasen polo que son.



Iso si, todo foi empezar a trotar por aquel paraiso e debuxarseme na jeta o sorriso da tonta da vila… Eu as veces non sei se isto de correr polos carreiros non sera drogha da dura. O lameiro mental esvaeuse por arte de maxia en canto puxen un pe no lameiro lamigueiro. Que gozada!!!!!  Muiños, pontes de madeira, fervenzas, ameneiros… O terreo nada esvaradio, podiase correr moi ben (e tamen parar para sacar fotos, je, je).




Ao final, un treito por asfalto leva ata unha pista de terra onde supostamente deberia empezar a subida ao Xalo (digo “supostamente” porque sigo sin saber a que monte subin). Funme guiando ao principio por indicacions dunha ruta BTT e despois… por nada, fun subindo por onde mellor me parecia… E as subidas eran potentes, abofe; de feito, mais ca unha subida “caco” foi “cocaca”  (correr-camiñar-camiñaaaaar)

  

Por aquí hai pegadas de bici. As veces me pregunto se a xente BTT esta feita de kriptonita sen mais ou en aleasion con algho.



O mais curioso e que canto mais ascendia menos medo tiña de estar soa. Cando por fin alcancei o cumio onde esta a antena de non sei que (que inutiles somos as de letras, por favor), mesmo a idea da fobia a montunear soa me parecia allea a min e ridicula. Toma subidon! (e este figurado, claro). Fobia superada, I can do it!

Ma non tropo, todo hai que dicilo. Para baixar decidin volver por outro camiño que sinalaban unhas frechas pintadas de verde nas rochas… Un camiño estupendo para correr ben: bastante amplio e de terreo firme con pouco desnivel porque vai dando voltas…ata que cheghei alo, ao innombrable, a caida en picado, ao punto en que te asomabas e vias a estrada alo embaixo mentres un algho que subia polo ventre lembraba que tes unha pequena conta pendente coa vertixe, e revives o ridiculo espantoso que fixeches en Penedos do Lobo nas baixadas, que che fixeron bater todos os records de paquetismo trailero… Eu por aquí non baixo,a tomar polo cu
  
Porque digo eu que unha cousa e a querensia polo monte e as ganas de superar fobias, e outra moi distinta e o masoquismo. E mais dunha fobia superada por dia xa e soberbia, digho eu, e por moi riveter que sexa unha, hai cousas que sobrepasan a mesura. Vaaaaale, son mais covarde cas ghaliñas, aquí non hai I can do it que valla.

Media volta, descorro o corrido e retomo a baixada desde a antena esperando ser quen de dar co mesmo camiño de subida sen perderme, mision ben dificil tratandose dunha menda. Pero non imposible.

Bueno, non foi o mesmo mesmiño identico camiño, pero perder non me perdin. De feito, baixei un rato por un medio carreiro medio regato que non tivera o gusto de coñecer. Foi nese punto onde ocorreu a insidensia, ou castañazo, como mais vos preste chamarlle. Mira que houbera oportunidades claras de pegarme batacazos (nunha delas baixaba con tanta alegria que houben empotrarme contra unha rocha, pero milagrosamente parei a escasos milimetros) e ainda asi non mos peguei, e aquí no medio deste regatiño inocente que nin sequera esvaraba… ala vou, collo, esvaro e caio cuan larga son (que non e moito dicir) aterrando nos cobados e quedo ai medio tumbada no regato coma quen esta na praia tomando o sol. Non sei se foi o gholpe, pero pa min que nos segundos que tardei en erguerme e seguir, foi coma se me estivese mirando a min mesma e reñindome..non sei, coma se a outra muller que son cando non estou disfrazada de toureira, suada, afoghada, despeiteada, mollada, cos pes cheos de lama e tirada no medio do monte-, a muller esa tan pouco riveter me espetase: “¿e non che valeria mais estar en Marineda mirando as tendas coma a xente normal? Pero que necesidade teras disto?” Ghindeille un pelouro imaxinario a boba esa pa que calase a boca e seguin. E pa min que ainda me ha de quedar corda para seguir riveteando polo monte adiante.

20 de feb. de 2013

REVISANDO OS DANOS

Revisando os danos

A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.

Lois Pereiro

 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Escasos e prudentes por necesidade…Hoxe foi saír en misión de recoñecemento. Rodaxe curta, tímida, premeditadamente asfáltica, buscando a complicidade do mar como punto de fuga para temores e incertezas.

Hai días en que xa mudar a roupa para correr semella unha impostura… Non importa a experiencia nin as ganas, non importan os quilómetros que leves gravados na memoria; a medida que te vistes sénteste máscara e esperpento… Por sorte conservas un pouso de nena gamberra que te reconcilia co disfraz e coas ganas de festa, e cando ao fin botas a trotar soa un estourido de verbena.

Xorde a dor temida, inoportuna, antipática… Pero non pode co sorriso que levas debuxado, porque sabes que se algún día non poideses correr máis, soñarás o sabor doce destes quilómetros.