Amosando publicacións coa etiqueta desentrenos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta desentrenos. Amosar todas as publicacións

26 de mar. de 2013

CASTIGADA POR HIPERCOMPENSAR

Acabo de correr 45 minutos xustos, nin unha decima mais, polo Monte de San Pedro.
Acabo de ducharme.
Acabo de zamparme un pratazo de xibia e unha Estrella Jalisia.
Acabo de decatarme de que sigho paresendo o ghlobo de Betanzos.

Asi como os ultrarunners supercompensan moi merecidamente, aquí este ser mais ancho ca alto dedicase a hipercompensar calquera hipoentreno, e asi non cheghamos a nada.


Maña, aproveitando que mando ao cativo a facer manualidades en El taller de la Luna, teño pensado incumprir a promesa aquela de a dios pongo por testigo nunca mas pisar un gym e cometer unha boa sesion de eliptica e pisci. Si, pero cando acabe, que?

Diormio, dame forzas para non hipercompensar coma o porquiño da ceba. E se non mas das, daquela mandome interna as castigadoras de Burgos para que me poñan a pan e augha, a verse dan feito bo de min.

24 de mar. de 2013

BERNSDESCENTES


¿Un refugallo de corredora nunha zona verde, unha corredora verde nun vertedoiro, un verterse a correr polo verde, un refugallar verdoso polas costas, unhas grandes costas verdescentes?

Ainda non teño moi claro o que tal fixen esta maña. Algo diso seria.








22 de mar. de 2013

O MÁXIMO, NENO

Onte fun carne e suor de gym.Tras completar 50 mins de elíptica, pasei por diante das cintas facendo coma quen non as vía, porque a idea era precisamente non correr; non correr, repito, non correr, hoxe non debes correr, debes reforzar, para quieta, deixa de mirar para as cintas, calamidad –tal era o meu diálogo interior. 



O que non te mata, fortalécete. E seica o dixo Nietzsche,fíxate


Antes de baixar para a piscina, botei outros 20 minutiños máis subida nunha cousa que, o que son eu, nunca tal vira, porque veño da aldea: unha elíptica con movementos laterais, bastante divertida dentro do divertido que pode resultar un trebello instalado dentro dun contedor de xente suada e medio autista, ximnasio disque lle chaman.

Como era novidade no local (a máquina, non eu), aló ía parando todo o mundo (e quen dixo que non paraban por min? Ein?). A cousa é que cada vez ía quedando máis pasmada, porque nunha escala de 1 a 25 eu levaba o máximo, neno, o máximo, o nivel 25, e mesmo me parecia levitar do lixeira que ía; en cambio a xente que probaba o maquinillo do lado empezaba cun nivel 2, 3 ou 4 e ao momento marchaban comentando o machaque. “Mi madriña”- pensaba eu –“e parece mentira o cachas que acabas despois dun bo rato de elíptica; e tou feita un crack, se mesmo parece que vou tocar o ceo…Yujuuu!!!”. Ai, e que 20 minutos de autoestima estratosférica! Aquilo foi un cantarme a min mesma, un imaxinarme na conquista do mundo enteiro e das aldeas do lado, un non dar creto á miña potensia…

E que axiña pasan, 20 minutos de gloria. Porque para rematar a faena, en ves de parar a máquina tiven a infeliz idea de ir reducindo niveis. Ai, amigo. E canto máis reducía máis afoghaba e eu veña reducir e aquilo xa non había dios que o movese e ao descer ao nivel 1 xa taban as veas da gorxa todas en 3D con efectos especiais.

Tiven que poñer a abrandar na piscina a pena de saberme enganada por un mal calibrador de elipticas laterais, que e unha pena das importantísimas.

E como despois da experiensia xurei nunca mais pisar un gym, asi toda llena de despecho, hoxe fun trotelear ao mundo exterior un pouquechín tal que asín:



Non me mato cos entrenos por semana, ben se ve… Pero tanto ten; tou feliz. Cando parei para ir recoller ao meu fillo e sentín que o corpo me daría para facer 3 veces máis, que non había nin rastro de molestias, púxoseme unha cara tan bobalicona que ata lle perdoei a vida ao calibrador de elípticas ese.

Adoro os meus Sanxoves de San Pedro

18 de mar. de 2013

SACUDIR A VIDA

“A veces uno necesita afrontar justo ese desafio que no le conviene ni le corresponde, porque lo que pide el cuerpo es enfrascarse en algo que ayude a descolocar la vida, sacudirla y ponerla un poco del reves. Mas que nada, para que no se cumpla la condena de encajar en ella como una pieza mas de un mecanismo predecible: como esa pieza que todos somos, a la postre, desde la programacion fatidica de nuestros genes hasta la funcion que el codigo social, que tarde o temprano acatamos, sea cual sea, nos asigna sin derecho a apelacion”

Lorenzo Silva, La marca del meridiano
--------------------------------------------------------------------------------------

Poucas veces me pareceu tan ben retratada a necesidade de botarse a correr coma nestas liñas de Lorenzo Silva, ainda que referidas a outros asuntos ben distintos no seu contexto orixinal.

Hoxe as transcribo porque sinto unha estraña magoa de saberme incapaz de enfrontar unha desas necesarias “sacudidas” da vida. Dias e dias matinando no trail do Seixo Branco ata que chega a vespera da data limite e faste consciente de que probablemente, nin sequera o desafio minimo de rematala sen lesions esta ao teu alcance. Foron os sinais que me enviou o corpo no ultimo treito do entreno no Xalo os que me puxeron os pes na terra, ademais dalgun sabio consello moi de agradecer  ;)

Serei engrenaxe logo… pero hei de ir fiando unha cadea de entrenos tan bonitos que van organizar excursions para velos  :D

(Non sei se na derradeira frase non estarei medio plaxiando a Benedetti; e que non teño ideas propias, eu)

10 de mar. de 2013

PROCRASTINANDO

Ante todo: procrastinar, por feo que soe, nin e practica propia de secta satanica, nin tecnica de entreno, nin palabrota, xurovolo; de feito xa existia en latin (o que por outra banda non e garantia ningunha de non ser palabrota, bos eran eles, non hai mais que ler a Catulo naquilo de pedicabo ego vos et inrumabo, mimadriña). En fin, cras, para quen non se cosque, significa “maña”. Bueno, “maña” pero con til aguda (merda, tou ata as partes esas de non ter acentos nesta ruina de portatil), asi que me poño didactica e explico, non vaia ser o demo, que “procrastinar” significa deixar para maña o que sabes que debes facer hoxe -me dispense polas explicacions superfluas a xente culterrima que isto lea…o que induce a pregunta do millon: hai alghen que lea isto? Ai diormio, soamente me faltaba aghora entrar tamen en crise bloghistica, outra vaca no millo; porque o caso e que entrei en crise trailera, runner e mesmo existencial (dispensando polo palabro, novamente). Todo foi unha cadea de imprevistos, sobreentrenos, gripes, supercompensacions, dorcisima de moas -idiotas delas-, antibioticos, cambio de traballo… E cando todo remata, que queda?

Vaghansia suprema. Pero asi, sen mais. Botas semanas desexando recuperarte para sair a correr, e que raio pasa cando te encontras de marabilla e sabes que por fin, por fin podes? Pois que amences transmutada en zanghana, pero zanghana zanghana de toda a vida. Que si, que hoxe foi todo unha cousa de querensia profunda polo edredon e de escoitar a choiva tan ricamente instalada na molicie. E non por nada, pero que ben se estaba… Eu por veces tiven tentada de autoinflixirme unha hostia, de autoimplosionarme* unha labazada ben ghrande, pero nin con esas. E pensaba en Corredoira que andaria pola ultra de Bandoleros, e en Iaga, Seixi, Paco e Manuel na nocturna de Vilatuxe, e eu que desde Moaña case non peguei pao a auga, quitando alguns hipoentrenos autocompracentes… Duas semanas sen correr DUAS SEMANAS SEN CORRER, that’s incredible. Home, facer, facer, hoxe algo fixen: ao final fun a piscina e patinei. Vale, pero cando vas cun neno a piscina –polo menos co meu- acabas facendo calquera cousa menos nadar: andar todo o rato con el a cabaliño, competir a ver quen aghuanta mais coa cabeza dentro sen afoghar, saudarse dentro e fora da augha, virar cual derviche… E patinando? Patinando ainda e peor, vaia frikis: hoxe por fin declaramos pasado de moda o xogo que consistia en pillar ao outro berrando “Hola! Soy Iñigo de Montoya! Tu mataste a mi padre, preparate a morir!** por outro que consiste en intentar tocar ao outro coa espada de Darth Vader. Vaia xenios, nos os dous.

En fin… Maña VOU CORRER

De maña non pasa. E se pasa, rebautizo a cousa esta como “Cronicas da Tonta do Bote” ou algho asi.

* Ghrasias, Maria Reimondez
** Ghrasias por La Princesa prometida