23 de set. de 2014

NACHAS' POWER IS BACK 2 - ENTRA CREQUE, MEIGAS FÓRA

Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo,inauguramos sección informal centrada en mulleres corredoras, e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. 
Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.




Aquí estamos, cunha nova entrega da nosa serie espesial Nachas Power. A segunda corredora en entrar en meta presentouse como Creque, aínda que eu ben sei que así non se chama, pero bueno, non lle vou levar a contraria que bastante favor nos fai tomando o traballiño de responder ao noso abertamente tendencioso cuestionario Tasende. E que gran galardón para Crónicas do Maquis neste feliz día que moitas mulleres do país marcaremos como festivo no calendario.  Entra Creque, meigas fóra. Aí o vai:


Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running? 
Pois...non, non fai moito que corro. Como moito un par de anos, a miña primeira participación foi no Trail de Boborás en agosto do 2012. (Ultima prova do GMTA dese ano) jajaja, fun sen moito contar, sin saber o que era un trail. Non levaba a idea de rematalo, so probar como era, posto que o que me tiraba moito era o feito de que era polo monte e sabía que había zonas nas que non se podía correr, cousa que me animaba posto que eu...correr correr, máis ben, pouco e mal.  Ós poucos km pilloume o corredor escoba co cal...xa te imaxinas, jajaja. Que mal!!! Pero tiven un gran recibimento o chegar á meta. Sen contar casi nadie dos que me acompañaban de que a remataria. Disfrutei moito da proba. 
Ainda que como ben sabes, non é a disciplina que mais practico. Que prefiro máis ben a montaña en estado puro. 


















Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?
Buff, ainda hoxe non atopei algo que me motive moito a correr, por eso non o fago tanto como debería. Recoñezo que para practicar outros deportes é moi util para pillar fondo fisico. Dame envidia a xente que corre e que lle gusta. A min, cóstame. Mais cando o fago e remato...quedo con unha boa sensación de traballo ben feito. Corra mais ou menos..que este último soe ser o habitual.


Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
Pois como xa dixen, o meu comezo foi no trail. Ainda que tamen provei o asfalto. Con diferencia prefiro o trail. O entorno é simplemente fantástico e as condicións necesarias son moi distintas. Unha disciplica moito máis divertida e entretida. Ainda que o asfalto axuda como entrenamento. Pero onde estén as subidas e baixadas por monte...ainda que nalgunhas deixemos os figados......
Tamén probei a orientación e é unha modalidade que penso probar e centrarme algo máis nela. A capacidade física pode ser menor pero é moita máis entretida.





A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?

Bufff, porqué ás mulleres normalmente lles gusta menos competir, creo. E o de pasar unha fin de semana correndo por ahi...non sei, máis entretid pintalas uñas, jajajaja. 


Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir? 
Para nada, dende que me metin en practicar deporte, sea cal sea....polo feito de ser muller non atopei nunca ningunha dificultade. Somos nos mesmas, moitas veces (casi todas, diria) as que nos creamos nos as dificultades. Temos moitos tabús todavía metidos e eso de practicar deporte porque sí (exceptuemos a nivel profesional), como que non está moi metido no rol das mulleres. Nin como hobby. 


Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller? 
Nunca. Pero si hai unha cousa que se ve moi amiudo e non me gusta. Se axuda moito á corredora. Está claro que corremos menos cos homes, en xeral (non hai que ver mais que os tempos en calqueira proba), pero case sempre, a corredora vai axudada por un corredor que lle axuda durante a proba. (Se ve moito nos trails) Que lle marca os tempos, cando correr mais, cando menos..... eso si non me gusta. Pretendemos ser todos iguais ( e a iso me refiro que, cada un corre como pode, mais , menos..pero sin axuda) 




Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
Francamente, carreiras populares por sexo, outra forma de discriminación. Unha autentica chorrada.


Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?
Oihhhhh, pues que pena, yo prefería una barra de labios color fucsia, o unas gafas de sol, o yo que se....una barbie.  Que pena!


Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
Eu que sei......xa os médicos se encargan agora de que hai que facer exercicio, non? jajjaja


Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?
Non teño a ningunha. Apenas coñezo a nadie


Que momentos foron os máis especiais para ti como corredora?
Pois sen duda, a primeira carreira, ser capaz de rematala ainda que fose de última.

Máis cousas que nos queiras contar?
Paréceche pouco o que contei xa....veremos para á próxima entrega.

22 de set. de 2014

NACHAS' POWER IS BACK-1: O DELFÍN SOLITARIO

Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo, inauguramos sección informal centrada en mulleres corredoras, e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.

Hoxe, en vivo e en directo, as respostas dun DELFÍN SOLITARIO. Trátase dun ser esquivo para segundo que cousas e de natural tan humilde que non quixo faser unha presentasión e claro, deixoume a min o traballiño. Cajonojlorio. Pois que saibades que é unha auténtica todoterreo e unha teimuda de primeira categoría desas que se propoñen un reto de 100 km e acaban fasendo 150 (verídico); desas que son capases de botarlle un 10 de asfalto pola mañá e unha media de monte nocturna o mesmo día e aínda quedan con jañas de máis; desas ás que o mundo lles queda pequeno cando montan na BTT; desas que esquecen recoller o trofeo porque van apuradas a faser outra máis jrande. Jrande coma ela. Escoitade:




  • Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running? 

Correr correr un par de anos, tal vez tres. Pero sempre fixen deportes varios, taekwondo, aerobic, ...
Foron a partir dunha lesión na espalda. Non me solucionaban nada, e segun ía podendo ía aumentando km moi despacio.

  • Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?
 A desconexion do mundo real. Cando disfruto correndo é cando a miña cabeciña é capaz de desconectar e ir no meu mundo, nos mundos de yupi... onde todo é moi sinxelo e as cousas se arranxan; un mundo de felicidade onde non existen os problemas... Polo que sin querer, e sin saber o motivo empezas a sorrir, e cando alguén coñecido te pregunta o motivo... mellor mantelo na ignorancia... Non o entenderia...  
 Ademais de ir conseguindo cousas, cando estas acostumbrada a que che digan que non vales, ou non podes, e que non teñan confianza en ti ... cambiar o chip da cabeciña e ter esa confianza é moi dificil... Unha tal autoestima ... ás veces brilla pola sua ausencia... E ainda que nalgun intre estivo ahi, escondiuse, e non quere voltar...

  • Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
  O ano pasado empecei no monte. E gústame a sensacion de liberdade e as paixases. Pero non sabería escoller entre unha e outra, porque no asfalto non me sento tan torpe como no monte.

  • A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?
 A vergonza e o que dirán. Eu son de Cee, un pobo no que son a toliña que leva toda a vida a correr, e a que solo pensa en correr. Unha ovella negra que non sigue as pautas...

  • Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir? 
  Si. Eu non suelo atopar xente ca que entrenar. Agora entreno un día á sema co club olimpia, por eso me apuntei para ter con quen entrenar... polo menos un dia a sema... A ver si este ano continua...
 E fai uns anos cando no concello de D.  se iniciaron unas clases de btt para aprender a técnica, chamei o concello e falei co técnico de deportes e me dixo "q seria a unica tia", nin que a min me importara eso... E logo de dicirlle que o consultara e deixarlle o meu movil... ainda sigo esperando a súa chamada. Ainda que recado mandeille... e a súa contestación foi que fora un malentendido... Pero sin chamada incluso para subsanar o malentendido...
  
  •  Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller? 
  Discriminada como corredora non, pero para apuntarme as clase btt do concello de D.... SI, en pleno século XXI

  • Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
  Non estou a favor da segregación por sexos, somos corredores uns máis lentos que outros, pero solo nos diferencia a velocidade...

  • Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?
 Güenoooooooo que me contas? Nunca fun a unha carreira de ese tipo, nin me desplazaría a Coruña aproposito a facelo... Pero non debían regalar revistas de correr?? Eu non leo revistas tipo "Hola", nin de moda... E q non se pode ser perfecta...
  • Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
  Axudar no tema dos nenos... Pero realmente penso que esto sería casi imposible a nivel rural...
  •  Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?
  A miña admiración é polas mulleres que son capaces de conciliar traballo, vida familiar e deporte.
  • Que momentos foron os máis especiales para ti como corredora?
  Chegar cando dudo de que sea posible para min... 




10 de set. de 2014

QUEDADA ONDE O CARLINHOS E O MÁIKEL ESCOITAN O VENTO (MEIRÁS)



Así bautizou Blas o evento do sábado 6 de setembro por terras ártabras e así quedoulle. E prohibido abreviar, oístes? Para referirse ao que tal fixemos o outro día entre punta Polanski (sic) e Ponzos cómpre empregar todas e cada unha das verbas, que eiquí, ademais de aparentar ser traileros, ultratraileros, maquis e cabras, sómosvos poetas de casa de fartura –eu polo menos tou botando bandullo de arte maior, como diría Orejudo- e cando titulamos un evento fasémolo ao jrande e deixámonos das mexericadas esas das siglas, por que a ver, que UTMB, nin que CCC, nin que GTP, nin que C3PO nin que R2D2 (¿) nin que farrapo de jaita. Me explico? Quedada onde o Carlinhos e o Máikel escoitan o vento, contra! Un nome con fundamento para pronunciármolo a viva voz, sen avésporas na linjua, e se fai falta repetímolo tres veses, así talmente como Sinué o exipsio marmurando NeferNeferNefer de tanto como lle gorentaba, pero aló de Meirás a un lado.





E como dixo Teresa Moure, “os acontecementos infrecuentes, pola súa propia calidade de alleos ao hábito, de desaforados, de libres de toda convención, merecen sempre atención singular”. Ben falado, Teresa Moure. E mirade, xa me estou quentando, cajonojlorio, que o que tal fixemos o sábado en Meirás tanta atensión sinjular merese que xa nin me cheja o título de Blas así sen máis, que isto pide un aljo... non sei, un subtítulo en condisións. Que menos. Aí o vai:

(TÍTULO)
Quedada onde o Carlinhos e o Máikel escoitan o vento (Meirás) ou…

(SUBTÍTULO)
…De como por primeira ves fomos testemuñas do lixeiro porte de gaselas de Rakeliña e Edu, tiembla, Tamadaba; de como o neno Tomás voou máis de 20 km polas sendas ártabras, que era digno de ver nas baixadas, Felipe, vaite retirando; 
de como Blanca estreou no proceloso mundo do trail o seu pequeno pasaxeiro, ou mellor pasaxeira, e se lle chaman Rosita eu rejálolle unhas zapas como as miñas, prometido; 
de como Bea, a trasna dos piñeirais sombrizos, superou as molestias que arrastraba desde o trail nocturno do Vixiador, GMTA; 
de como percorrendo os cantís de Meirás Nacho debeu escoitar aljo inspirador no vento e decidiu inscribirse na tan esperada proba Ancares 3Trails; 
de como todo este grupo foi obsequiado coa labor de sherpa de Blas, gran montañeiro e compoñedor de títulos; 
de como (e ajora van os pros dos trinta e tantos km) por fin descubrimos o segredo do sorriso esplendoroso de Almudena, que é xogar a perseguir soños e atrapalos ben atrapados así coma quen non quere a cousa co mesmo paso firme e coa mesma alegría con que adoitamos vela alonxarse monte arriba; 
de como comprobamos que o Jabalí e o Felipe non quedaron máis taladrados do habitual despois da intensa experiencia dos 203 km do Camiño dos Faros; 
de como estes  últimos botaron a correr a todo filispín con Luis, Alberto, Xosé, Javier, Ezeq, Paco, Antonio, Iago, Fede, Ramiro, Repoliño, Máikel, Dani, un rapás deljadiño do CAS (vaille quedar, e todo por desmemoriada) e o noso anfitrión Carlinhos de Souto e de como nunca máis se soubo deles, un misterio; 
de como lojo aló nun alto onde cadramos con Almudena apareseu tamén unha manda de nachos suados, cheos de merda e consumidiños de todo e hai que disir que aljo si que lles imitaban na roupa aos nosos, pero non eran eles, que eran zombies e cheiraban a búfalo; 
de como os zombies suados nos pediron retratarse con nós e aceptamos por non faserlles un feo, que diso xa padesía dabondo esa pobre xentiña; 
de como ao chejarmos ao final de percorrido xa foron aparesendo os pros perdidos, que por moito que teimen en declarar trinta e tantos km de ruta, pa min que botaron media mañá foljando na praia, aseaditos como viñan; 
de como nos recibiu a nosa queridísima anfitrioa Loli, cada día máis juapa, e do impresentables que fomos botándonos con aquela ansia ás cervexas frías sen mesura ningunha; 
de como compartimos con ela e cos seus amigos, con Beti, Aroa e María un xantar delicioso no xardín, ou un xantar no xardín das delicias, non sei; 
de como botamos a tarde  rindo e parolando e chejando ao fondo dos asuntos e das botellas, como ben dixo o Máikel, porque como vos disía antes, sómosvos de casa de fartura; 
de como, consecuentemente, tornamos bocoisiños, que ao rematar a velada menos mal que non había que correr máis, que como moito habiamos dar para arrolar monte abaixo empurrándonos cun jarabullo; 
e de como informamos xentilmente aos nosos anfitrións que de ajora en diante, cada primeira fin de semana de setembro, han sufrir unha invasión allea ao hábito e libre de toda convención por parte dunha mesnada desaforada e cheirenta aló na súa casa en Meirás, onde o Carlinhos e o Maikel escoitan o vento.





Aló foi o subtítulo. Máis non escribo porque o corpo do relato xa nolo obsequiou a véspera Jabalí o da avéspora na linjua, non volo perdades, que o deixou niquelado. Un momento, que lle roubo unha foto e xa acabamos. Velaí a vai:




1 de ago. de 2014

ULTRAS, TRASNOS, TWISTERS, EXTRATERRESTRES



“Un hombre poco práctico es lo que necesita quien está en una situación extrema

Pa min que a frase de aí enriba escribiuna Chesterton para que eu poidese caer da burra algún día, así como  a xente como Jabalí está no mundo para que exista xente coma Quito. Coño, tou citando a Chesterton e ao Jabalí do Sacho así seguido. Cousas veredes.



O caso: o sábado 26 de xullo, acabadiña de chejar a Fisterra medio catatónica e sen asimilar a intensidade das últimas horas vividas, veume a frase á cabesa. A de Chesterton (a de Jabalí tamén mola, non te mosquees, Jabalí). “Un hombre poco práctico es lo que necesita quien está en una situación extrema”, repetíame coma un mantra, e tal. E disíame: pra pouco práctica servidora, de feito virando a desastriño, que me perdo seguido no monte e wikiloqueo fatal. Un home? Un home tou feita xa hai máis de 24 horas, desque fatiguei traballosamente os 53 km das narices correspondentes ás dúas primeiras etapas do Ultratrail Camiño dos Faros (de ajora en diante Ultratrasnada), ás que fun ofresida e cumprín sen choromicar demasiado ostentosamente. E nunha situación extrema ajora mesmo tan varias persoas ás que lles debo moito, entre eles Quito e Jabalí, os da existencia resíproca (de ajora en diante “os resíprocos”), que levan dúas noites sen durmir e case 40 horas de carreira… Ta claro, NECESÍTANME!!!!!!!


Quito. O anxo da garda de todos cantos aló estivemos
Jabalí: o entusiasmo, a forsa, a enerxía contaxiosa
  


















Collín e arrinquei a merda aquela de vestidito rosa que me fai pasar por xente, vestín de misión ultraespesial, mochila de Dora Desbrosadora incluída, collín un mapa que me obsequiaran moi amablemente a véspera na oficina de turismo de Camariñas (ai o wikiloc, cando aprenderei) e saín a correr do albergue rumbo ao mar de Fóra coa firme determinación de percorrer o camiño dos faros en sentido inverso sen parar ata dar cos extremos da Ultratrasnada, e voltar con eles ata Fisterra apoiándoos e animándoos e faséndolles monadas (cantándolles non, que cantar non sei), porque si, porque son home/muller pouco práctico/a e tou en débeda cos pelexos resíprocos eses, que se non cheja a ser polos azos que me fora dando o Jabalí e polos coidados e a atensión do Quito, a boas horas teria eu chejado a Ponteceso o venres e rematado os 53 kms das narices, quen me mandaba. Digo!


Tiñades que verme saír coma una bala na miña misión ultraespesial de home/muller pouco práctico/a, así a fume de caroso e cun aquel talmente aeródinamico, que mesmo paresía que a forsa da gravidade deixara de existir ao meu paso (quen a quere), anque lojo aló na encosta pa subir aos cantís aljo de gravidade si que había, cajonodemo, e daquela xa dei en reptar pero sen desistir no meu empeño de ir animar os jartibles dos 203 km, quen lles mandaba.



E que ben seguín a ruta inversa. Seguina bárbaro, ata que me perdín, era visto. Aidiormío –pensaba eu-, a ver se inda lle vou dar máis traballiño á orjanisasión! Ai como teñan que vir rescatarme daquela si que a liamos, deus non o queira, con todo canto eles levan breado, que nin paraban a durmir, que os trasnos, ademais de obrar milagres de multiplicasión e amplificasión, aínda por riba posúen o don da ultraubicuidade, porque dous días e dúas noites botaron aparecéndose aos corredores en cada encrucillada do camiño transitable ao tráfico, talmente coma as aparisións dos santos, que chejan todos surfeando en pedras, pero eles a mogollón, en coches e furgoneta ultraavitualladora, e todo era enchernos de comida e bebida e animarnos e sacarnos fotos que paresiamos famosos, e ofrecer masaxes e curar pés e vendar e mesmo houbo gaiteiros e todo, e unha noite ata queimada, pero para o público, que os ultras nun ultra non se dan ao bebercio, por favor. Que ben se vive de atleta, así a todo. Que vida tan regalada, caso de parar no km 53 (das narices).

Aparisión ultratrasna retratada por Antonio Amboade

 En fin, aló estaban sempre mirando polos corredores o Traski, Marina, Eloi, Pablo, Bea de Cotelo, Dores, Susana, Conchi, Merce, Ramón, Isabel, Antonio (desculpas anticipadas para os trasnos que non nomeo) Que dicir do equipo ultrasanitario de Marga Sobrido, Eva, Sandra, Marta e Iria, que xa quedaron con sona de milagreiras, tanto e tan ben fixeron (e tan malladitas quedaron)? Que dicir da hospitalidade da encantadora Cristina, a fareira de Vilán, abrindo o faro de madrugada para ofrecer acubillo e viandas a trasnos e corredores, mentres Ramonchu os recibía ao son da súa gaita?


Outra do Adolfo: o milagreiro megaequipo ultrasanitario
Tanto traballo leva pasado toda este xente  pa que ajora veña eu coa trapallada de que me perdín intentando axudar? Era boa!!! Tira millas, calamidá –disíame- que maloserá que non deas chejado ao Rostro. E chejín, pero como andaba perdida, antes de baixar topei cun bar (que magnetismo) rodeado dun prado de margaridas que apareseu alí no medio da nada, coma un soño raro, pero soño non era que ben que entrei e pedín un twister por aquilo da hidratasión, e aínda ajora non me explico o que me ocorreu, que mentres corría e lambía no twister dei en lembrar o vivido talmente como Proust coa madalena, pero en twister. Ijual é que co esforzo dos 53 km das narices quedárame a faltar un mineral e o polo repúxomo e activou as conexións cerebrais, caso de eu telas; sendo así  recoméndovolo como parte fundamental da dieta na supercompensación dun ultra, que a min Marga Sobrido explicoume, cando xa rematara a Ultratrasnada esta, digo que me explicou que a partir de certas distancias en carreira, os efectos sobre o corpiño deixan de ser puramente musculares para comezar a afectar aos órganos vitais, que o saibades, que Marga controla mogollón e fala do seu oficio con auténtica paixón. Non sei o que opinará Marga Sobrido sobre os Twister, pero bueno.



Aínda que tamén pode ser que o efecto Proust viñese dos coloriños do polo ese, que lle dan un aire así como marciano, e foi por iso que lembrei a aparisión a media noite do xoves en Malpica de Jabalí (está en todas, este), Quirina e Palote, que acababan de mudar a roupa e viñan tan preparados e tan pros e tan deslumbrantes que me entraban jañas de prejuntarlles se eran desta galaxia ou viñan á festa, eu veña mirar para eles coma a prima tonta de la aldea, coas miñas mallas decatloneras, as zapas rotas e a palestina hippy. Porque unhas horas antes eses tres non vos eran marcianos, non, que viñan  normalitos de todo, que eu ben que volos vin pola tarde cando nos resibiron as xentes de Fegerec, xentes que parese que quedaron bastante agradecidas pola iniciativa solidaria de Miguel Bernárdez e compañía, que ao final o rapaz foinos liando a todos de tal xeito que conseguimos recadar case o correspondente a 7000 quilómetros entre marcianos e terrícolas e quizais faser un pouquiño máis visible a asociación. O que igual non saben na Fegerec é que máis agradecidos estamos os que corrimos por ter ocasión de enfrontar os nosos retos particulares ao tempo que nos sentimos un pouco menos inútiles e simulamos ser boa xente, pero isto é un segredo, non llelo digades a ninguén.

Xuntanza coa Fegerec

Extraterrestres avistados por Antonio Amboade
 

Todos atentos a Miguel Bernárdez na charla técnica


 De que falaba? Ai diormío. Que dixen de antepenúltimo? Ai si, que corría cara ao Rostro, lambía no twister e lembraba a noite da saída en Malpica… Aló estaban os canarios, altos e espigados coma elfos, que logo habían de levar a primeira posición con moita diferencia durante 150 quilómetros; aló estaba a Belensiña, decidida a cumplir co seu obxectivo dos 100 km e que acabaría fasendo outros 50 máis de propina acompañando a Carlos, un dos poucos elixidos que completarían os 203; aló Priscila, grandísima atleta habitual dos podiums a quen tivera a sorte de coñecer uns días atrás kayakeando; os seus compis, entre eles Ana, Diego e Jana, que formarían con Pris o grupo máis simpático e dicharachero, subindo encostas endiañadas a todo meter e cantando a voz en grito coma unha excursión escolar; Felipe Oza, do CAS, unha auténtica forsa da naturesa, que case no final dos seus 203 aínda tería ganas de andar por aí fasendo piruetas; Xosé, que despois dos seus 80 km, ao día seguinte, despois de tomarlle unhas cañas, aínda se deixaría liar para faser a derradeira etapa… E tantos outros, máis de corenta corredores tomando a saída entre fachos, gaiteiros, trasnos, familiares, veciños e xentes do Fegerec. Chegara o gran día, chegara o momento de demostrar que o soño de Miguel, de Traski, de Quito e demais trasnos podía facerse realidade, e aí estabamos, percorrendo o porto de Malpica debuxando no ar da noite  unha serpe de luz cos nosos frontais.

 

Entre lembranzas alcanzo a praia do Rostro, descálzome e camiño á beira do mar embravecido. Levo unhas dúas horas de camiño. No teléfono dinme que a meirande parte dos corredores están a piques de chegar a ese punto. Parece mentira…penso que mentres algúns deles corrían eu tivera tempo de conducir desde Ponteceso ata Camariñas, bañarme, descansar unha hora pola tarde, visitar o faro Vilán, conducir ata Camelle, tomar os pinchos con que nos agasallou Ramonchu no Meu Lar e coñecer novos trasnos encantadores, subir no coche deles de novo ao faro de madrugada para deixarlle a Pedro o meu frontal, durmir bastantes horas a noite do venres ao sábado, almorzar, pasear preguizosa por Camariñas e conducir ata Fisterra. En todo este tempo, sumado á noite enteira de xoves a venres, había sete persoas que non pararan de correr… Sentín vertixe, sentín medo por eles, e moita admiración, e o desexo profundo de que non fraqueasen…Pregunteime cantas paisaxes fermosas terían visto, pregunteime se algún momento da segunda noite puido ser tan máxico como aqueles quilómetros que percorreramos na néboa guiados polos varridos rítmicos da luz do faro Nariga, coma un xigantesco corazón luminoso na noite, e a chegada á base do faro coa cúpula iluminada.sentindo que dalgún xeito foramos quen de atravesar o espello e internarnos nun mundo de estraña beleza. Se tan intensas foran as sensacións da primeira noite, que terían vivido eles?



Ao final da praia espero coa sempre agradable trasna Conchi e a campiona de ironman Natalia, que se adiantara ao resto. Van chegando…As caras, os acenos falan de cansazo extremo, de sufrimento e determinación. Están feitos dun material distinto. Síntome privilexiada por vivir con eles estes momentos irrepetibles, emocionantes, e son consciente de que debo atesourar cada intre, cada imaxe, cada frase, que debo gravalos para revivilos no recordo cando isto remate.



No atardecer, camiño a Fisterra, procurei ser boa compaña…procurei animar, entreter, dar conversa ou simplemente estar aí…O pouquiño que poida ter axudado, con todo, non é nada en comparación co que me levo. Velos reagruparse no outeiro, vestir todos as camisetas amarelas, entrar xuntos, percorrer o pasillo de amigos, familiares e xente Fegerec, os aplausos, as aclamacións, as apertas, os bicos, as bágoas de emoción desbordada… Esas bágoas que non nos abandonaron durante días aos que dun xeito ou doutro abandonamos rutinas para embarcarnos nesta tolemia, nesta trasnada, neste soño solidario…Porque quizais o Camiño dos Faros exista para os trasnos, raros e únicos fuxirmos no outro lado do espello






E xa mo paresía que había de dar en escribir cursiladas, que pa min que vou maior, cajonodemo. Máis me valía arranxar un pouquiño a casa, que ta todo  manja por ombro, e deixarme das lerias estas do blog. Tamén hai que ser ben  pouco práctica/o. Veña, inde por aí lamber nun twister ou naljo e non me fajades moito caso. Iso si, se algún día vos atopades nunha situación extrema... asubiade.