29 de ago. de 2015

QUERO VIVIR NUNHA PELI DE JOHN FORD

Ás veses quixera vivir nunha peli de John Ford. Ser John Wayne mazándome a hostias con calquera e acabar tan amijos.

Porque sempre intuín que as amizades máis fortes son as labradas a hostiazo limpo, dispensando. Hostias fijuradas tamén valen. Mesmo son preferibles, que somos políticamente corretas [sic]. Amais de pequenas, máis eficases no ataque verbal.

E canto máis vella repunante vou, máis saudades das pelexas lendarias de John Ford. Porque saberedes que cheja un punto na vida de toda muller en que, en canto caes na conta de que a vidiña non che cadra, en ves de calar coma un peto, bótaste de fronte contra o mundo co coitelo de matar o porco. Fijurado tamén,o coitelo. O porco non sei como foi que se coou, pero parese auténtico.

Pero vas e dáste de fronte co baleiro ás máis das veses. Quedas aí coma unha idiota no medio da nada, co teu coitelo fijurado, sen rivais.

Porque hoxe en día non está de moda hostiarse, nin fijuradamente sequera. É moito máis elejante ignorar as voces discordantes. Invisibilizar a disidencia. Enrocarse, erjer valados inexpugnables, parapetos ideolóxicos ou simplemente conservadores de vellos costumes devenidos  (revenidos?) norma por mor de inercias. Hai moito mestre en apuntalar preconceptos.

E canta májoa me dán. Tan elejantes na arte de desprezar sen facer aprezo que lentamente van murchando afojados pola falta de aire novo.

Como vella repunante permitídeme un consello: buscade o rival e medide as vosas forzas. Sairedes mazados e enlamados, o máis sejuro. Pero conforme avance a pelexa, en cada jolpe aljo ha de moverse no voso interior (non necesariamente os dentes). Aljo do contrincante quedará en vós e quizais saiades transformados, coma quen retorna dunha longa viaxe. Renovados.

Amais sempre fasedes a escusa para ir ao bar botarlle unha pinta co outro e comentar as mellores xojadas.

O que vos dijo, ás veses soño que vivo nunha peli de John Ford. Veña durmire.


24 de ago. de 2015

O ENIGMA DO TRAIL LÍQUIDO E O ATAQUE DA MULLER CONJRO


La venganza más noble es el perdón
Hola, me llamo Íñigo de Montoya. Tú mataste a mi padre. Prepárate a morir.

A primeira frase, dilla Cantoná aparesido a Eric na peli de Ken Loach.

Tacheina porque a min non me falou aparesido Cantoná, que foi Santa Bea de Cotelo, e non me mandou perdoar nin hostias, que en Corme mesmo as santas sonvos doutro material, bravas e de moito máis jerrerío. Máis de Montoya na Princesa Prometida.

Isto vén a conto polo que tal me pasou nas duchas do pavillón polideportivo de Corme. Todo foi entrar a ducharme máis contenta ca unhas pascuas e saír rabeando con jañas de mallar en aljén, sede de mal e ansias de destrusión así en xeral.

Non mo tomar a mal, cormeláns, que non vai con vós. Tendes un pavillón moi digno e inda por riba non sei o que comeredes en Corme que – xa llo dixen a Bea de Cotelo no Biscuiteiro- sodes todos xente ben juapa. Han ser os persebes. Eu polo menos non os cato e claro, non teño can que me ladre. Nin sequera resén duchada. Non sempre rabeo eu, resén duchada. Onte aljo si, aí contra medio día.

Porque onte a mañá fora magnífica, que o saibades. Os cativos do Brigantia deberon traballar arreo para regalarnos un percorrido polas terras de Pondal que resultou un dos trails máis fermosos do mundo coñecido. E o mundo coñesido non acaba en Carballo, por moito que teime o Suso Lista (Lende Xeixos, landrús, e de paso comprobades cantas ideas lle rapinei ao Lista nesta entrada: un escándalo). Refírome á jalaxia como mínimo. De Carballo a un lado e un anaco máis aló.

Un rejalaso, xa nos primeiros quilómetros, as vistas dese cacho da Costa da Morte despois de ajatuñar por encostas de morte. Tamén que pouca jrasia teño. Non ler o de aí atrás. Outro rejalaso, pasar pola umbría Fonte da Moura, paraxe de belesa espectacular. Taba moi propio alí ajachadiño para quitarnos fotos o Iván. O mouro da fonte. Como tamén foi un luxazo correr pola contorna do Monte Branco e saudar ao noso bardo Aduardo, escuro enigma é el, seica. E será. Sempre faséndose o interesante, Aduardo.



Pero para enigma o da injravidés. Non mo creredes, pero onte era día de deixarse ir na carreira. Sen sobreesforzos, sen agonías, sen sobresaltos. Dábame a impresión de flotar. Anque lojo vin as fotos de Marina e desenganeime: ao meu lado as penitentes filipinas, a alejría da festa. Pero a procesión vai por dentro; eu sentíame flotar e calade a boca. Disiamos que todo paresía fluír mainiño e gozoso ao redor. Coma levada pola marea. Non sei por que. Ijual por ser unha das miñas zonas preferidas da jalaxia. Ou ijual porque na explicasión da saída escoiteille ao Quito disir aljo dunha “carreira líquida” e como son moi mandada, botei a nadar. “Avituallamento líquido”, era o que quería disir. Pero a min quedoume o outro. Bendita confusión. Aljunha ves pasouvos iso de sentirvos levados na auja mentres corredes? Non? Falade con Quito. É moi milajreiro. Mola. Traede manjitos prós cativos.

Eiquí servidora pola Fonte da Moura. Ben se ve que vou flotando. Foto Iván

Porque onte a mañá era líquida e magnífica, por se non o dixen; aló na praia da Hermida bailei unhas pezas con Mónica e con Blanca antes de botar a correr, e estaba case todo o CAS MONTAÑA, e deixáronme sacar a foto con eles, toda nejra e pequena e sen camiseta ofisial -un día destes bótanme-, e había moitos reencontros, e a jrandísima Almudena desta ves ía encargarse da jardería (non máis carreiras sen jardería!!! Non máis jarderías sen bombeira!!!), e Mijel Bernárdez volvía correr, e deixara de chover, e a terra era a pista de baile do ceo. Ou do mar. Non sei.

O noso presidente é o do dorsal 69, como ten que ser
Sufrimento extremo

Ata que chejou ela, a muller conjro, xurdida do fondo abisal. A muller conjro caracterízase por rexeitar calquera tipo de achejamento amistoso. Se un día topades con tal especime, nin se vos ocorra dirixirlle a palabra. E inda menos axudala. Como me pasou a min. É verídico. Levaba un rato detrás dela, freando. Nunca tal. Quero disir que nunca vou detrás de ninjén freando. Normalmente vou aló detrás ao fondo, e os penúltimos canto tempo hai que pasaron que xa non se lles ve, ou véselles moi piquiniños, e o escoba vai farto de escoitarme. Así que este día fasíame ilusión ir xusto detrás de aljén e faser pandilla e socializar e tal. Por iso, en ves de pedirlle paso, ocorréuseme soltarlle aljo como “Veña, arriba, dámoslle caña, rapasas?” Compañeirismo, bo rollito, eu que sei. Mal momento. “Odio que me animen”, respondeu rabiosa. Arre demo. Había preferir que a maldixese cuspindo no chan que pisaba berrando: Abrir camino, vosotros. Estoy en el sendero de guerra y va a subir el precio de los ataúdes. Isto é de Mark Twain, que eu non teño jrasia ninjunha.

Para quen era, érachelle ben mellor aquelada a frase. Pero calei, adiantei, e unha ves que deixei de escoitala -porque a tipa sejía rosmando por detrás canto odiaba que lle desen ánimos, que ijual iso tíñanllo que mirar-, sejín soa disfrutando de novo, deixándome ir nos tres últimos quilómetros, sentindo de novo esa paz que raramente encontras non sendo no monte, canto máis nunha carreira líquida. Quedeme y olvideme e tal, e non sei como foi que xa taba na meta.



Pero nunca subestimedes a saña dun conjro. Lende esta frase de Suso Lista: Cando adentaba, talmente coma o congro, nunca arriaba, esnaquizando con palabras e con feitos a súa vítima”. Talmente. O ataque da muller conjro chejou redobrado por sejunda ves, a traisón, especialmente virulento, no polideportivo. Cuspindo veleno. Non hai ducha nin mar que tal limpe. Tanta ruindade. Verborrea tóxica.

Saín envelenada, arruinada, intoxicada. Aí taba eu. Sentíndome a preada botada no mar da Hermida. Ajora o trail líquido corríase nos meus ollos. Cajoenrós. Sen saber por que, lisquei cara ao porto. Non quería ver xente. Precisaba un refuxio. Esquecer que pasara por diante da cova do conjro. E pasei por diante da casa de Bea de Cotelo, e alí taba ela, coma unha aparisión. Abriuse o seo. Santa Bea de Cotelo. Levoume, escoitoume, fíxome rir, beber e comer, falar de pasados e futuros, de decepcións e ilusións, de penas e alejrías, e ao despedirnos xa caera na conta de que nós somos das que comen os conjros con patacas ou crús se fai falta, e de que pese a todo, onte fora un día magnífico. Tan magnífico como a orjanisasión da carreira líquida polas terras de Pondal.

A punto de marchar, os enjados da furna chamaron por min. Pasei a area tornasolada de Osmo e deiteime no chan da furna para imaxinar a vida dun ser sempre hostil, sempre acazapado, ao axexo, a piques de atacar. E sentín májoa por el e por todos nós. Quizais nalgún intre todos fomos así. Quizais haxa un monstro abisal, un escuro enigma aniñado en cada un de nós teimando por saír.



Por iso ajora imos desfaser o prinsipio.

Hola, me llamo Íñigo de Montoya. Tú mataste a mi padre. Prepárate a morir.

La venganza más noble es el perdón

E que ben se perdoa despois de larjarlle unhas cantas parrafadas destas.


Toca mandarvos soñar cunha plácida corrente que vos transporta e así. Nun mar sen conjros se for posible. Se non, papádeos e deixádevos de hostias. É lei de vida. Non mo dixo Santa Bea de Cotelo, pero coma se mo dixese. Veña durmir. Iso si, ao monte traédeme todos a vosa parte máis niquelada se non queredes que ceibe ao meu Íñigo de Montoya. Palabra da conjra en potensia que levo dentro.

Santa Beíña de Cotelo de Corme

10 de ago. de 2015

EU ANDEI CON OITO ZOMBIES

"Soamente cantan e bailan e seguen así ata que un dos seus deuses chega e fala a través dun deles. Por algunha razón elixen noites coma esta"

Foto Jose

Monte Xalo.  Media noite dun sábado de ajosto. Ceo estrelecido. Choiva de perseidas. Eramos nove zombies subindo a todo meter unha encosta á lus dos frontais.

Dos nove, eu fun a elixida. De socato, a media subida, erjín a ollada ao ceo e "escoitei unha voz que falaba sobre un silencio sepulcral. A miña voz. Falando co Houmfort. Estaba posuída". E dixen así, atender á revelasión, que é divina:

"Así a todo, hai que estar moi pirado de dios"

Así falaron os deuses por min. E os oito zombies déronme a rasón. Non ma ían dar, se falaban os deuses pola miña boca. Amais quero disir, por exemplo, que Los Enemigos tocaban en Cambre. Ou que hai moitas festuquis polo mundo adiante un sábado á noite. Ou que podes ir ao cine, ou quedar na casa vendo unha peli ou lendo ou aljo. Diso último non me pedir detalles.

E hai que ser medio zombi, hai estar moi pirado de dios para preferir ver o solpor no Petón Jrande e chejar ao Pequeno con noite pechada. Que tamén cun pouco de sentidiño xa caes na conta sen revelasións nin hostias.

Pero por pirados que non quede, ijual uns vinte habíamos. A culpa toda foi do Pequeno Besbello, que funsionalmente ao sendeirismo é como o Houmfort ao vudú. "Posúen feitizos que farían unha persoa percorrer medio mundo. Teñen trucos. Maxia". Andan provocando e lojo pasa o que pasa. Coma zombies fomos acudindo ao reclamo dos tambores besbellos que nos convocaban en Celas de Peiro ás oito da tarde.

Ao fondo, a mole de Xalo, coma un inmenso boi deitado, en palabras de M. Rivas. En primeiro plano, unha vaca condusindo rumbo a Celas, contemplando o perfil do Xalo e fasendo a pedante, nas miñas palabras.

Non me deu tempo tempo de coñecelos a todos. Os pirados. Bueno, antes de botar a camiñar oínlle comentar a Roberto que levaba pateados os canóns do Eume desde as oito da mañá e viñera dereitiño ao Xalo, seica non lle cheja o mundo nin as horas. Pero ese era o do tambor. Tambor metafórico, entendámonos, zombies. O do lío, o Besbello, o que anda matinando nunha proba de 500 quilómetros e a nai que o pariu. Hai que estar moi pirado. De dios. E a Lali, jrandirma avitualladora besbella, repartindo barritas con meijallo. Enerxéticas, quer disir.

A foto xa non sei de quen é. Ha de ser de Manti ou de Jose que non saen
Aquí si
Petón Pequeno

Na banda dos zombies, nun jrupo de nove, taba o Andrés, orientador do Gallaecia. E Manti, biciclista e pateador de lonjos percorridos. E Vanessa, que disque correu a Camovi e moitas máis, unha fera. Tanto que ao rematar ela mais o mozo quedaron aló no Petón a disfutar da noite en ves de baixar ao bar de Celas tomarlle aljo. Que ijual son zombis-morcejo, non se sabe. E Iolanda, que tirou pra arriba nas encostas coma unha campioa con Begoña. E Toni, que polo visto fixera jran parte do ultra dos Faros 2014 con Oliva, un tótem do sendeirismo galego. E o Jose que nos jiaba.

E jiar jiounos, pero non sei o que pasou que fomos ficando por diante sós a noite, o Xalo e mais nós os nove, así descoljados do resto. Coljados, mellor dito. Os máis pirados de dios, díjovolo eu. A escoura. Os frikis. Perdendo de contemplar o ceo de ajosto sobre o Xalo, cajoenros. Tanto apurar e mirar pra o chan para non escordar aljo. Inda menos mal que paramos un cacho nos dous Petóns. Tamén era obrijado: os Petóns do Xalo son de reverenciar, e quen non lles rinda tributo é pirado de competisión ou zombi podrido. Ata aí inda non chejamos. Polo de ajora. Deixádenos estar. Pero que morriña da festuqui que deberon montar os de atrás, cajonojlorio. E de tantas estrelas como verían. Sobre todo a pobre da rapasa que escordou o nosello. A mellorarse, rula. Iso si, escordados ou non, alí case nijén perdeu de faser unha consumisión no bar ao final.

E que tan tarde se me está fasendo. Destas alturas non sei se disirvos de soñar con zombis, besbellos, petóns, perseidas ou pirados. Ou mandarvos ao Xalo. Que son horas, non sentides os tambores?

Fotograma da peli "Eu andei cun zombi", roubada eiquí:

As frases en vermello, roubadas da peli














5 de ago. de 2015

NAMÓRATE, VIZINCZEY

Linlle un día a Vizinczey (dispensando):
¿Para que enamorarte de un sitio si tienes que marcharte?”

Tamén vaia prejunta. Porque ese é o amor verdadeiro, que tamén parese mentira que cho teña que explicar eu, Vizinczey, que nin son húngara nin escritora nin nada. E ao teu lado, un iogurín.

Que dijo eu, e creo que dijo ben, que amamos o que non temos aborresido; e canto máis lonxe e distante e inalcanzable e esquivo e fujás, máis nos presta laiarnos de saudades. A xente namórase do reflexo dunha serea ou dun barrijudo que ronca no sofá? Ein? Pois xa ta.

A xente que andamos no monte tamos fartos de sabelo. Corres por un sitio distinto, apampas coa fermosura do lujar ao tempo que afojas e súas a camiseta e ao final quédache aí un pouso estraño de sensasións mesturadas tan intensas que xurarías que entraches en trance, ou en simbiose ou aljo, que parese que as imaxes, os arrecendos e os sons que atesouraches no percorrido quedáronche jravados a lume con cada unha das pulsacións e con cada pinja de suor. E claro, marchas namorada. Dos sitios. Xa antes de ir sabes que vas namorar. Por iso vas. Tamos, Vizinczey? Que non cho teña que repetir.





Eu por exemplo onte á tardiña namorei dun roteiro frondoso que sae de Sada e cheja ata a punta de San Mamede. Con xente do CAS. Eles téñeno tan visto que mentres corrían soñaban con volver a Picos; eu en cambio desidín que o paraíso existía e taba ao leste da Curuña, e era, en palabras do jran Cunqueiroun lugar feliz, donde sopla el céfiro blanco y nadie conoce el hambre,la enfermedad ni la muerte.

Fame non, pero aljo de sede si que nos quedou, que en canto acabamos de correr e volvimos ao mundo urbanisado sacaron aí unhas birras para estirar a justo, que xa saíu o Luis disindo que se en ves do San Mamede fixeramos a santa Mamada e así, e soamente non faltou montar nos cochitos da festa. Porque para máis fartura tan en festas en Sada.

Xente CAS: Fede, Grinch, Lola, Patricia, Iago, Serxio e Mario
Localisasión: San Mamede. Repito: San Mamede


Foto Grinch.

Pero había que regresar. Xa á noite, conducindo pola espantosa Ronda de Nelle, dei en lembrar aquela de Dios ke te Crew que diBenvido a Mordor, antes de entrar ponte a máscara, perigo! Zona canceríxena!


Por sorte, chegaba inmunizada desde o paraíso. Porque para vivir en Mordor hai que marchar namorada doutros sitios, non sei se me explico, Vizinczey.

E ajora que xa quedou todo claro, veña para a cama soñar con sereas. Namoraivos.





2 de ago. de 2015

BAILO COMO ME PETA

Canto aquí, canto na Habana
Canto aquí, canto na Habá
E como canto tan ben
Canto onde me peta

(Sés)




Camiñando pola praia de Mar de Fóra, Noa confesoume que non corre. Que é pequena para correr. Pero que é tan valente que acariña leóns e envolve serpes no pescozo. Que para ela o deporte é nadar e bailar. Que adora bailar pero non quere clases de danza. Porque a Noa o que lle presta é bailar como lle peta. Sen ordes nin instrucións de ninjén.

Digna filla de seu pai. O noso Jabalí. Por el estabamos ajardando en Mar de Fóra. El, Felipe, Arturo, Viki e outros (perdoade, non coñezo a todos) viñan completando os 203 km do Ultra Camiño dos Faros. Por libre. Coma un free pero ao jrande. Sen máis apoios cós da familia, voluntarios e coñecidos. Porque a normativa oficial tumbara esta edición do 2015. Pero a paixón non quere normas nin instrucións. Trochando nelas. Son xabaríns, son salvaxes, que outra cousa poden facer?

Antes de coñecer a Noa sentíame fóra de lugar en Fisterra. Chamádelle sensación de desarraijo, chamádelle medo a ferir a quen dedicara moito tempo a orjanisar o ultra inisial, chamádelle pánico a ser considerada oportunista aparesendo tarde, mal e a rastro na derradeira etapa, chamádelle desconfiansa a que o gramo de paracetamol que papara non puidese atallar a febre que me acompañaba desde había dous días... Eu chámolle grao sumo de “pero que carallo fajo eu eiquí”, e ás veses é bastante jodido. O 26 de xullo érao.



Pero alí taba Noa. Para contarme que ela baila como lle peta. Cunha frase deulle sentido á viaxe e despexou os medos todos. Traer os carteis de apoio aos corredores e ás enfermidades raras que imprimira Blas para pendurar como recibimento en Fisterra tiña sentido. Tiña sentido facer soa o tramo en sentido inverso ata dar con eles coma o ano anterior. Mesmo tiña sentido perder as frechas verdes preto de Arnela e non ser quen de chejar ao Rostro, dar cen mil voltas, darse por vencida, papar as jominolas de cocacola (a falta de twisters), voltar con Fátima e ajardar en Mar de Fóra... porque alí había unha raiola de nena que me lembrou que o mellor do mundo é bailar como a unha lle peta. Ou correr como nos peta, onde nos peta e porque si. Sen medo. Coma Noa, esa gran domadora de medos e serpes. 

Ou como Sara, Sabela, Antón, Aroa, Tomás e outros tolos pequerrechos que viviron intensamente a experiencia alumeando máis cós propios faros. 




Merce e compañía , momento mural

E así de ben lles quedou




As fotos boas  (as cinco últimas) de Tuchi, por se non caerades na conta. 
Todas roubadas eiquí

Foto de Francisco García Fernández
Veña estes cativos a durmir

25 de xul. de 2015

O MUNDO DO REVÉS ou AJORA QUE FIXEN A PROBA, PREFIRO SER BRIJANTIO

Eu de verdade que mo contan e non dou creto. Ta mundo do revés. E ben reviradiño. Nunca tal se vira. No mo credes? Pois eí vai unha adiviña:

  • Poñamos que hai un trail. O 1º Brigantia Trail na Coruña
  • Poñamos que ao rematar a proba hai jaspacho, que vai unha calor que nin dios.
  • Poñamos que anda por aí Almudena Suárez, que acaba de chejar con sete medallas do World Police & Fire Games nos EEUU. Unha atleta impresionante.
  • Poñamos que ando eu por aí tamén.

A ver, adiviñade: quen lle serve o jaspacho a quen?

Almudena. O día do trail ía vestida normal,pero así impresiona máis.

Efectivamente, Almudena. E cun sorriso de orella a orella, así como é ela. O mundo do revés, talmente. A supermedallista atendendo o avituallamento final, e a tonta do bote papando no jaspacho. E ben que papei nel. Por deshidratasión, por verjoña ou por considerar aquilo un luxazo, ou un desperdicio, non sei. Tres ou catro vasos de jaspacho ben deberon caer. 

Birra tamén caeu aljunha (tou falando da post carreira, non vos confundir), pero esas foron pola cousa social, que me perde. É que aló no bar había un desfile interminable de coñecidos: os do trail curto, aljúns da orjanisasión, familiares, corredores do trail longo, e non sei se aljún despistado que pasaba por alí tamén, que isto de correr dispara as endorfinas e lojo enredas que dá justo. E botei ben máis tempo no bar que correndo, onde vai parar, que case pechamos o chiringuito a Mónica, o Cabañés mais servidora.

Porque na carreira moito non corrín tampouco. Pra as fotos, e non pra todas. Caer si que caín e sanjrín polas mans. Inda menos mal que non enfuciñei directamente. Tamén afojín coa sede. Por boba, por non levar bidón nin mochila Doradesbrosadora. Pa que, disía eu toda sobrada, se son 12 km cun avituallamento aí no 7 ou no 8... Pa que? Babeca. Soberbia. Idiota. Animal. A partir do km 5 soñaba con oasis reparadores, mananciais de augas cristalinas, fontes en deliciosas florestas umbrías e así. Do 6 en diante teríame conformado cunha tasca. Lojo ao ver a Raqueliña no toldo do avituallamento quíxenme postrar aos seus pés e renderlle pleitesía, pero como fun a un colexio de monxas barato son bastante maleducada e soamente dixen “Ei Raqueliña!” e trajei a auja con bastante ansia e escasa moderasión. Raqueliña, a raíña de Tamadaba, a gran montañeira, que lojo se incorporaría como escoba ao trail longo con Blas. E aló no medio da nada servíndome auja. O mundo do revés.

O avituallamento, retratado por Raquel


Nestas cavilasións sejía o camiño cando crin presenciar unha aparisión,. Sonvos moito de aparisións por deshidratasión, eu. Desta ves non era a Virxe da Barca, nin santo Hadriansiño de Malpica, nin Aduardo (Pondal) sequera, que tabamos nun trail periurbano sen faros, santos nin bardos. Foi a cousa que miraba eu para un cartel que disía: “trail curto” cunha frecha cara á esquerda e a piques taba de trochar monte arriba, mandadiña coma son, cando sentín unha vos falarme así: “por aí non, Rosiña, calamidá, non les que pon A VINTE METROS?” Erjín a ollada, e aí taba el, a vinte metros, a aparisión, o jran Mijel Bernárdez en persoa jiándome polo bo camiño, o mundo do revés, pero canta alejría, por dios! Ijual moita alejría el non levou de que lle dese aquela aperta tan jrande así suada como ía, non sei. Era por transmitirlle o meu apoio e a miña solidariedade pola inxustiza que sufriu como orjanisador do UTCF. (Cajo nas normas absurdas, cajo en Tráfico e a nai que os pariu). Anque ijual o que lle transmitín foi un cheiro a sobaquillo que nindios, dispensando. O caso que jrasias ao Mijel a esa altura da carreira non me perdín. Perdinme un anaco máis aló.

Mijel Bernárdez xa de volta na sivilisasión

Pero é que de verdá que me perde a cousa social, como vos disía antes. Enredei, fun enredando. Porque apareseu Marta, que se retiraba do trail longo. Eu con Marta cadrara no outono atendendo un lesionado mentres non chejaba a ambulansia nunha carreira de asfalto do meu barrio. Ben poucos corredores pararan nin sequera a prejuntar daquela. Cousas do asfalto. Ver unha persoa tirada no chan e non parar. Iso no monte non pasa. E se pasa, a quen non pare chimpámolo ao río. Son ese tipo de cousas as que nos fan amar o trail e fuxir do asfalto coma da peste... Como escribiu o Mark Twain: “Agora que fixen a proba, prefiro ser pirata”.

Momento saída
O de "cívico" é mentira podrida. Tan todos a monte. 
Os que se salvan son os escobas, en primeiro termo 
Foto de Ignacio Senín


Fotos Quito

En fin, como había moito que laretar, a Marta mais servidora sejimos a ritmo lesión con tanta tranquilidade e palabrerío que nunha destas corredoiras caimos na conta (caeu ela, eu vivo felis) de que nos faltaban as balisas, fíxate. E a conversa fora ben ajradable, fue bonito mientras duró pero nos estábamos haciendo daño, e tal. Media volta e arreando.

Conste: xúrovos que nunca un trail tan ben sinalizado houbo coma este. Cajoenros. Chejan a poñer fita continua e cen mil mijelesbernárdeces jiándonos e pérdome ijual. Que tan ben se me dá. Iso e os bares. Que o saibades. Bueno, xa o sabedes. De memoria. Que xa vos teño aborrecidos de vir sempre coa mesma cantilena, que se me perdo por aquí, que se non corro unha merda, que se tropezo con aquilo... Pero é a miña estratexia. Sacar a relocer as miserias. “As cousas malas, como as patacas, canto máis as enterras máis fortes van retoñar”. Díxoo Suso Lista, que é á literatura o que os brijantios son ao deporte, e non me discutir, que vos jindo un xeixo á cachola. E índeme lendo Xeixos, animais, que non vai ser todo correr.

Sijamos. Bueno, quen queira. Eu escribo outro cacho; vós se queredes ledes, e se non, sejuro que tedes cen mil cousas mellores que faser. Non dou imaxinado cales, pero aljunha ha de haber.

Tabamos dando media volta na procura das balisas. Alló nun cruce taba o pobre do escoba ajardando, que non lle debían cadrar as contas dos corredores. Meu rei. Sejuro que tamén é un atleta do copón, que ta o mundo do revés, non cansarei de repetilo. Moita envexa me daba o escoba. Non por intuilo atleta do copón, que para esas cousas sonvos máis de admirar que de rabear, e tamén mellor me é. Non. A min dábame envexa pola equipasión. Porque fora recollendo as balisas e tíñaas penduradas da mochila e ao correr aquilo dáballe un aire tan vaporoso que eu tamén quería. Xa imaxinaba faserme unha saia hawaiana coas fitas e entrar na meta toda tuneada, glamurosa e sobre todo tapando o cu, caso de haber fitas abondo. Ijual xuntando as do curto e as do longo alcansaban, non se sabe.

Outra de Ignacio Senín
Vou toda chinada sen saia hawaiana

En fin, fun rematando o percorrido e o rapás tamén aljo o debín rematar dándolle a brasa sejido. Fixen coma quen corría diante dun fotójrafo e canteille a de Carros de Fuego. Lojo xa case entrando saudei a Jana e a Priscila que taban de apoio, outro desperdisio, por favor, coma o Quito, que ta o mundo do revés, que dijo eu que eran eles os que tiñan que tar correndo e nós mirando por eles, que se mo chejan contar non dou creto, de verdá.

O mundo do revés, si... Pero sabedes unha cousa? Estes cativos do Brigantia orjanizaron o evento tan ben como corren, ou mellor aínda. O que non farán o 23 de agosto en Ponteceso xa con faros, santos e bardos (Aduardo mediante)? Vai ser de non crer.

Os brijantios recolleron todo nun pispás
Foto de Quito


PD: aquilo taba inzado de xente do CAS, que é o mellor equipo do mundo mundial. 
Se non o dijo lojo rifan comigo.
Aljúns CAS, Mónica e servidora, que disque son do CAS pero nunca compro a camiseta porque fai bandullo

Alejría!!!





18 de abr. de 2015

CARMEN E PAULINA. ABRINDO FIESTRAS

Escribiu así un día Carlos Salem: “Y sintió que estaba hecho de arena, condenado a las ventanas cerradas y a evitar las corrientes de aire”

Ergueuse así un día servidora. Abrín medio ollo aí ás once o dominjo pasado e sóubenme areosa, volátil, talmente salemizada. Salamizada non, hostia.

É o que ten encontrarte un sábado coa noite libre por sorpresa, cunha invitación a cear e sen ter arjallado botarte ao monte á mañá sejinte. Que vas coma unha tola e lojo amences destrozada, escachada, fragmentada, astillada, pulverizada, areizada. Tamén hai sitios que lle chaman resaca.

Puaj!

Area es e á area volverás, díxome unha neurona que encontrei na cunca do típico café nejro carjado e amarjo. Hai quen lle bota jotas ao café, hai quen lle bota leite e na escuma aparésenlle as caras dos seus anterjos, así tipo Bélmez pero en café con leite (moi socorrido é rapinarlle as ideas ao Suso Lista, así a todo) e hai quen lle bota neuronas, que é bastante divertido porque dan moita parola e anímante a faser cousas e a saír da casa e non quedar aí coma a fondona das fiestras fechadas. Viva o efe.

Así que lojo marchamos para o areal de Santa Cristina a neurona maila saca de area botarlle unha remada. Aló taban xa o Alejandro, María, Sergio, Carmen, Tino, e outras dúas raparigas (a neurona a pobre é boa coas citas solemnes pero unha calamidá para os nomes). Lástima de fotos. Non hai, quer disir. Podo faser trampa e poñer unha doutro día. Coma quen non quere a cousa. Pero sería trampa e así tamén non me vedes recocerme abrijadirma remando cual penitente baixo un sol infame dadas as sircunstansias. Sircunstansias que como disía tamén hai sitios que lle chaman resaca.

Lojo de remare fixemos un picnic perroflauta, que consiste en que a xente saca as empanadas aí no medio do paseo e hai moita animasión e está Osa, a cadela, e está a xente que nos mira raro ao pasar e nunca adiviñarían que somos deportistas. Tamén moito prexuíso hai no mundo.

E dijo eu: que pasa? que nunca viron, entre outras cousas, un saco de area resacoso e dous tipos medio durmidos bebendo cervexas de a medio litro e papando empanada no medio do paseo? Pois que saiban que o saco de area... bueno, o saco de area é un saco de area, deixade estar así. Pero os dous tipos eses que paresen a punto de toquear -espertade, leñe, que falan de vós!- o Alex mailo Sergio, son a metade do Gallaecia NotNormal Adventure. Que botaran toda a noite anterior a adestrar polos montes de Ordes. Not Normal, abofé. Que tamén é serto que moi normal non vos son, que eles tamén van partisipar na animalada esa do raid de sinco días sejidos, e teñen que andar por aí orientando sen parar en plan extremos que te cangas e para máis inri sen durmire. Por que non paro de coñecer frikis?

O que si que estou sejura que nunca imaxinarían aqueles paseantes é que Carmen, esoutra muller do picnic perroflauta, esa que acaba de botar unha boa remada e está co seu medio litro de cervexa, esa muller é campioa nacional de carreiras por montaña. Compañeira de fatigas de Paulina, outra cuarta parte do Gallaecia Not Normal Adventure que chegou despois para unirse á ruta polos montes de Bastiagueiro.

Paulina e Carmen camiñan xuntas, están tan compenetradas que paresen unha soa persoa. Escoitando a Paulina poderías pechar os ollos e imaxinar vividamente cada detalle do terreo e da paisaxe. Sabe describir todas as texturas do chan, todos os obstáculos, o grao de xiro, a inclinación do camiño, a técnica máis axeitada para acometer unha baixada, o punto de inclinasión da cabesa para non bater cunha rama... Paulina retrata a paisaxe coas súas palabras, e fai sinais sonoros pegando pisadas fortes nos puntos problemáticos. Carmen escóitaa e avanza áxil pola paisaxe que pinta Paulina. Ten tempo de contarnos chistes polo camiño, sempre contenta. Tanto que Tino quixo deixarse guiar tamén un cacho por Paulina; quería sentirse como Carmen.


Porque con Paulina, Carmen non é invidente. Non é de area, nin está condenada ás fiestras fechadas, nin a evitar as correntes de aire. Carmen é a campioa. E deixounos marabillados.

Carmen e Paulina en acción. Tino non daba crédito
Tino probando unha experiencia difícil
O Alex e o Sergio a punto de toquear. Sergio taba rallante de todo.
Xa sempre o dijo eu, que pasar sono é malísimo. 
E xa aproveito o pé de foto este pra mandarvos durmir a todos. Lavade os dentes.