Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo,inauguramos sección informal centrada en mulleres corredoras, e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.
Sostén a nosa Raqueliña que nin sabe, nin entrena, nin é seria, nin
corredora sequera... Pero que saibades (que ela non volo quería contar, pero eu si) que foi a Canarias, correu a Tamadaba e fixo podium, que
tamén queda unha cismando aquilo de “non volvo entrenar”, pero lojo éntralle a
unha o mono e seje fasendo coma quen corre pero sen correr de verdade, ao
contrario que Rakel, que fai coma quen non corre pero corre de
carallo,dispensando. Me explico? Para entendelo teríades que ver como vin eu a esta
muller camiñar polo monte máis rápido ca moitos corredores; teríades que ser
parte dun grupo (o mundialmente coñesido como grupo das juapas, sobre todo Pocholo) que
un domingo da pasada primavera nos Ancares seguía os pasos da mellor e máis
experimentada sherpa do país; teríades que ter compartido algunha subida e vela
moverse coma unha gasela, voando o monte, fasendo cumios con ese xeito único e rexio de
coroar da nosa Raqueliña, a raíña de Tamadaba.
Na Tamadaba de Gran Canaria, 18 km
PRESENTACIÓN...
Vexo que as demais entrevistadas poñen
información persoal…
Tamén son
docente…mestra de ed. Física…xa sabes…
Gústame ir ao
ximnasio a actividades dirixidas como gap, tbc, …pero desde hai 3 anos vou
menos do que quero por culpa do dichoso inglés…o que máis me gusta é camiñar:
sendeirismo ou montaña…neso xa levo 7 ou máis anos, non sei…
Tiven que baixar o
ritmo hai uns anos por problemillas de saúde, que non eran graves pero sí
bastante limitadores do que me gustaba facer…Agora xa estou ben!!!
O que non soporto é
ver o meu lecer coma unha obriga e ter que “entrenar”…de aí, supoño, a miña
inconstancia…porque para correr necesitas ser un pouco máis “serio”, digo
eu…non sei…
...E PREJUNTAS:
Hai moito tempo que corres? Como foron os teus
inicios no mundo do running?
O primeiro recordar iso que che digo sempre…que non son corredora! Non podo dicir unha data concreta porque a miña relación co running é pura inconstancia. Corrín hai moitos anos por obligación, o típico de pasar probas físicas, facendo series…creo que lle pillei unha tirria de aúpa…Hai 15 anos reenganchei co que está de moda agora: o de correr polo monte porque saía co meu cuñado, ás veces cos seus cans tamén. Chegamos a darnos algunha boa panzada, sempre correndo, nada de andar…pero, daquela era un pouco “raro” iso de correr polo monte e cando marchei traballar fora parei…Hai moito menos tempo, pola “mala influencia” da miña parella voltei a trotar outra vez…agora xa combinando marcha e trote, que é o que máis me convence…pero, que se me pillas facendo iso máis de dúas veces no ano xa é moito…
Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar
a correr ou para seguir facéndoo?
O que realmente me motiva é o desconecte mental e físico, pero sempre
prefiro camiñar e, a poder ser, en entorno natural…se non pode ser, confórmome
co paseo marítimo e as súas espléndidas vistas…eso sí, marcha moi rapidiña…
Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s)
practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que
non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
Sen ningunha dúbida trail…o asfalto nin de
lonxe…aí non queda ben parar e camiñar un rato!!
A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras
segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como
poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running
habitualmente. Que cres que pode influír nisto?
Supoño que depende das modas e da intensidade das
actividades. Hai moitos anos o exercicio físico das mulleres que non eran
profesionais do deporte non tiña nada que ver co dos homes, era tipo ximnasia
Eva Nasarre…lembras? Menos mal que niso xa evolucionamos moito…aínda haberá máis por facer pero penso que hoxe en día
corre moita xente, en xeral, e mulleres
tamén. O que está claro é que o running está de moda e que non é cousa de homes
coma antes…hai que ser positivos e ver o que se evolucionou…
Consideras que as mulleres encontran máis
dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou
para competir?
Pode ser, non o teño claro…desde o que eu coñezo,
as mulleres que queren facer deporte buscan o modo de ter ese tempo para elas.
Falo de mulleres casadas con fillos…cuestión de organizarse…teñen o mesmo
dereito que os seus maridos…outras poñen eso como desculpa para non ir ao
ximnasio, pero si buscan tempo para tomar café coas colegas…entón? Supoño que
cada caso é distinto e que haberá de todo…
No Soplao, 46 km… hai 3 ou 4 anos
"era andaina, pero trotei algo nas
baixadas pq mo pedían as pernas e a cadeira"
Nalgún momento sentícheste discriminada
persoalmente como corredora polo feito de ser muller?
Nunca…pero a miña experiencia é moi
curta…discriminación non, pode que algunha mirada estraña dalgún “limitado
mental” que se pasas diante del intenta tirar máis ca ti porque leva escrito na
cara que non pode ser que lle adiante unha muller…esto foi hai 3 ou 4 anos no
Soplao, subindo por un cortalume de aúpa…e casi me fixo gracia…ten que haber de
todo!
Consideras útil a práctica
de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres?
Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
Totalmente en contra…casi estou por pensar
que se consegue o efecto contrario…que pasaría se houbese unha carreira só para
homes? Se o obxectivo é recadar fondos que deixen correr a mulleres e homes e
recadarán máis…
Na bolsa da corredora da
derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista
“Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?
Ese é o exemplo perfecto para corroborar o de antes…case
me parece denigrante…por que non un gloss deses? Polo menos o podes usar un día
de festa (é irónico ehhh)… Ademais, cobrar 10 euros por unha carreira de 5 km e destinar 0,60 para o
seu fin humanitario?? É o que teño entendido, se é certo, penso que as revistas
xa chas cobraron antes…e non son das que mercaría eu precisamente…
Se estivese na túa man, hai
alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica
deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
Non penso que se deban facer distincións por
cuestión de sexo…ao mellor ofertar certa clase de servizos como garderías, pero
tamén podería ser para pais non? En xeral, o running creo que está bastante
fomentado actualmente…Hai carreiras por todas partes, para todos os
gustos…pero, sen convertilo nun negocio…
Na curta do Courel, hai 2 anos…"36 ou 37 km non recordo"
Cal é a túa atleta
máis admirada? Por que?
Ningunha concreta…todas as que o “sufren” con
placer, sexa running ou diferente…
Que momentos foron os máis
especiales para ti como corredora?