Chejaron do espazo
exterior e quedaron aló entre Magalofes e Sillobre, Fene. Eran 110.
111 comijo. Eu tiven alí entre eles.
Todo comesou hai unhas
semanas. Tando eu de festa cos trasnos en Niñóns, Mónica de Ordes
prejuntoume polo wasap se quería ir eiquí:
Nin idea do que era.
Contestei que por suposto, que ía de cabesa. Non se pode andar de
festa, de verdá.
Xa lojo na casa, despois
de anotarme, desidín documentarme moi a fondo, por non apareserlles
en Fene prejuntando in situ se aquilo da open rogaine era foliada ou romaría, e
tamén por saber se había que levar empanada ou aljo, non fose
chejarlles de mans baleiras. Primeiro consultei o significado do
palabro “rogaine”. “Open” xa o sabía, que son estudada.
ROGAINE
From
Wikipedia, the free encyclopedia
Rogaine
may refer to:
- Minoxidil, a hair-regrowth medication. One of brand marketinf Minxidil is Rogaine.
- Rogaining, a team sport of cross-country navigation
Desbotei a primeira
asepsión do termo. Non sei, a imaxe non me evocaba moito o anunsio
dunha perruquería. E de selo, o rapás había de ter unha cita ben
importante para andar tan desesperado aí á noite buscando un
tratamento anticaída a todo meter, dispensando.
A sejunda asepsión xa
cadraba un poco máis. Ajora que... “navigation”? Polo monte? Tan
flipaos. Se hai que ir, vaise; pero pareser paresíame unha
marcianada. De feito, cando me vin entre a caste esta dos
navijéitors do monte, todos con lusiñas prendidas na cabesa e
uniforme verde fosforito reflectante, tiñan un aquel tan
jaláctico, tan Star Trek, tan de misión espasial, que por
fin caín na conta:
“Rogaine” non é
palabro deste mundo. É klingon.
Así como volo dijo. Foi
unha revelasión. Lembrádesvos de cando vos disía que os
orientadores falan unha especie de barallete
incomprensible, todo inzado de sigras e de numeriños? Enigma
resolto. É klingon, porque...
...Son vulcanianos
Foto de docs_Xan
Prejuntarédesvos
que pintaba eu entre 110 vulcanianos. Contestareivos que houbo ser
por errata. Por andar ás présas. Quixeron recrutar rapidiño os
vulcanianos espallados por Jalisia para a xuntanza de Magalofes e ao
chejar ao meu rexistro do padrón leron “marciana” no canto de
“murciana”, e metéronme na lista por ter un detalle entre
extraterrestres. E así foi, amijiños, como servidora, nacida
cartagenera, tornou murciana infiltrada.
Para confirmar a miña
teoría sejín documentándome e lin:
- “os vulcanianos son de jran fortalesa e resistensia física, posuíndo unha forsa des veses maior cá dun humano”. Proba vivinte: Almudena, por poñer un exemplo. Aí a estaba.
- “Jran resistencia ao sono e ás bebidas alcohólicas”- Ao sono sejuro, que fan raids de sinco días sejidos e de máis habían faser se lles deixasen. Ás bebidas alcohólias prejuntádelle a eles. Eu si que as ajuanto bastante ben, pero as infiltradas non fasemos proba.
- “Aparentemente poden sobrevivir 24 horas unha vez extirpado o seu cerebro”. 24 horas? 49 anos levo sobrevivindo sen serebro. Por fin jaño en aljo! Opa Murcia!
A última proba, a
definitiva, froito do meu traballo de campo, é a sejinte: levan
sempre a cabesa tapada cun pano. Non vos deixar enganar. As orellas
puntiagudas intúense aí embaixo.
Ajora xa desvelado o
misterio da filiasión vulcánica, e sen ánimo de crear alarma
social, debo anunsiar aljo máis:
Estannos a invadir.
Mirade este mapa:
Cada un dos círculos
numerados morados e vermellos marca o emprazamento dunha bandeira
vulcana que aló foron fincando para marcar o territorio conquistado
en Fene, Jalisia. Ao alto do monte de Marraxón non chejaron, ijual
desalentados pola sona de rudos e bravos que precede os naturais da
zona. Á ijrexa de Santa Mariña de Sillobre si, que ben se vía que
tornara vulcaniana, tan enjalanada lusía e reverberaba. Non sabías se entrar a jastar pista ou a pilotala. O Enterprise, mesmiño.
Xa non pode un pasear polo monte sen topar bandeiras vulcanas
Foto roubada a Pablo L. Franco eiquí
As bandeiras, disía, son
tridimensionais, brancas e vermellas. Delas pendura un coljarello en
forma de jrampadora: non meter aí os dedos, é trampa. Eles
utilízana para perforar unhas tarxetas rectangulares cuns símbolos
estraños: o códijo estilisado do idioma
klingon. E corren incansables -todos vulcanianos- dunha bandeira a
outra en misión de recoñesemento da terra dobrejada antes de
botarse a outra misión. Porque sabede que como testemuña presencial
rogainística, atesouro informasión privilexiada sobre os plans
vulcanianos en Jalisia: unha ves presa e cautiva Fene, o obxectivo da
vindeira navejasión non é outro que Sas, Paderne, con base en CasaSixto, non sabedes? Aló onda San Pantaleón das Viñas.
Avistamento de vulcanianos en faena, foto Yago Breijo
Vulcanianos deseñando a estratexia invasora, foto Docs Xan
Pero tranquilos
Quer disir, a xente
vulcaniana é coñesida polo seu estilo de
vida baseado na razón e na lóxica.
Cando
tal se viu por aquí? Séndeme de bo invadir, ho, que inda saímos
jañando. Que voten nas próximas eleccións, a ver se saímos de
táboas. Que imos faser se non? Subir ao curuto de Marraxón inisiar a reconquista? E de Don Pelaio quen fai, o Tonto de
Viladonelle? (O Tonto de Viladonelle é unha variante local da figura
do Home do Saco, de moito avío para as nais mandaren os nenos durmir
sen protestas) De verdá, non compensa. Se non, lembrade a maldita
jerra da independensia: tanta teima por expulsar os franceses e total
para acabar cun Fernandito Borbón dándonos por... Dispensando,
tamén. Son afrancesada. E ajora que me infiltrei murcianamente, vulcanizante ata a médula. Tanto que xa vou prendendo na
fala. Así que hoxe mándovos durmire en klingon:
Qapla'
Que pode traducirse como “adeus”, “que teñas a honra de morrer na
batalla e nunca sobrevivir á derrota”, e tamén como “pasa para
a cama, que aí che vén o Tonto de Viladonelle”
Os de Star Wars celáronse e tamén querían saír disindo Bo Nadal
Ningún comentario:
Publicar un comentario