27/12/2015

PLAN 110 DO ESPAZO EXTERIOR MAILA MURCIANA INFILTRADA

Chejaron do espazo exterior e quedaron aló entre Magalofes e Sillobre, Fene. Eran 110. 111 comijo. Eu tiven alí entre eles.

Todo comesou hai unhas semanas. Tando eu de festa cos trasnos en Niñóns, Mónica de Ordes prejuntoume polo wasap se quería ir eiquí:


Nin idea do que era. Contestei que por suposto, que ía de cabesa. Non se pode andar de festa, de verdá.

Xa lojo na casa, despois de anotarme, desidín documentarme moi a fondo, por non apareserlles en Fene prejuntando in situ se aquilo da open rogaine era foliada ou romaría, e tamén por saber se había que levar empanada ou aljo, non fose chejarlles de mans baleiras. Primeiro consultei o significado do palabro “rogaine”. “Open” xa o sabía, que son estudada.

ROGAINE
From Wikipedia, the free encyclopedia

Rogaine may refer to:
  1. Minoxidil, a hair-regrowth medication. One of brand marketinf Minxidil is Rogaine.
  2. Rogaining, a team sport of cross-country navigation

Desbotei a primeira asepsión do termo. Non sei, a imaxe non me evocaba moito o anunsio dunha perruquería. E de selo, o rapás había de ter unha cita ben importante para andar tan desesperado aí á noite buscando un tratamento anticaída a todo meter, dispensando.

A sejunda asepsión xa cadraba un poco máis. Ajora que... “navigation”? Polo monte? Tan flipaos. Se hai que ir, vaise; pero pareser paresíame unha marcianada. De feito, cando me vin entre a caste esta dos navijéitors do monte, todos con lusiñas prendidas na cabesa e uniforme verde fosforito reflectante, tiñan un aquel tan jaláctico, tan Star Trek, tan de misión espasial, que por fin caín na conta:

Rogaine” non é palabro deste mundo. É klingon.

Así como volo dijo. Foi unha revelasión. Lembrádesvos de cando vos disía que os orientadores falan unha especie de barallete incomprensible, todo inzado de sigras e de numeriños? Enigma resolto. É klingon, porque...

 ...Son vulcanianos

Foto de docs_Xan

Prejuntarédesvos que pintaba eu entre 110 vulcanianos. Contestareivos que houbo ser por errata. Por andar ás présas. Quixeron recrutar rapidiño os vulcanianos espallados por Jalisia para a xuntanza de Magalofes e ao chejar ao meu rexistro do padrón leron “marciana” no canto de “murciana”, e metéronme na lista por ter un detalle entre extraterrestres. E así foi, amijiños, como servidora, nacida cartagenera, tornou murciana infiltrada.

Para confirmar a miña teoría sejín documentándome e lin:
  • os vulcanianos son de jran fortalesa e resistensia física, posuíndo unha forsa des veses maior cá dun humano”. Proba vivinte: Almudena, por poñer un exemplo. Aí a estaba.
  • Jran resistencia ao sono e ás bebidas alcohólicas”- Ao sono sejuro, que fan raids de sinco días sejidos e de máis habían faser se lles deixasen. Ás bebidas alcohólias prejuntádelle a eles. Eu si que as ajuanto bastante ben, pero as infiltradas non fasemos proba.
  • Aparentemente poden sobrevivir 24 horas unha vez extirpado o seu cerebro”. 24 horas? 49 anos levo sobrevivindo sen serebro. Por fin jaño en aljo! Opa Murcia!
A última proba, a definitiva, froito do meu traballo de campo, é a sejinte: levan sempre a cabesa tapada cun pano. Non vos deixar enganar. As orellas puntiagudas intúense aí embaixo.


Ajora xa desvelado o misterio da filiasión vulcánica, e sen ánimo de crear alarma social, debo anunsiar aljo máis:

Estannos a invadir.
Mirade este mapa:

Cada un dos círculos numerados morados e vermellos marca o emprazamento dunha bandeira vulcana que aló foron fincando para marcar o territorio conquistado en Fene, Jalisia. Ao alto do monte de Marraxón non chejaron, ijual desalentados pola sona de rudos e bravos que precede os naturais da zona. Á ijrexa de Santa Mariña de Sillobre si, que ben se vía que tornara vulcaniana, tan enjalanada lusía e reverberaba. Non sabías se entrar a jastar pista ou a pilotala. O Enterprise, mesmiño.

Xa non pode un pasear polo monte sen topar bandeiras vulcanas
Foto roubada a Pablo L. Franco eiquí

As bandeiras, disía, son tridimensionais, brancas e vermellas. Delas pendura un coljarello en forma de jrampadora: non meter aí os dedos, é trampa. Eles utilízana para perforar unhas tarxetas rectangulares cuns símbolos estraños: o códijo estilisado do idioma klingon. E corren incansables -todos vulcanianos- dunha bandeira a outra en misión de recoñesemento da terra dobrejada antes de botarse a outra misión. Porque sabede que como testemuña presencial rogainística, atesouro informasión privilexiada sobre os plans vulcanianos en Jalisia: unha ves presa e cautiva Fene, o obxectivo da vindeira navejasión non é outro que Sas, Paderne, con base en CasaSixto, non sabedes? Aló onda San Pantaleón das Viñas.

Avistamento de vulcanianos en faena, foto Yago Breijo
Vulcanianos deseñando a estratexia invasora, foto Docs Xan

Pero tranquilos

Quer disir, a xente vulcaniana é coñesida polo seu estilo de vida baseado na razón e na lóxica.
Cando tal se viu por aquí? Séndeme de bo invadir, ho, que inda saímos jañando. Que voten nas próximas eleccións, a ver se saímos de táboas. Que imos faser se non? Subir ao curuto de Marraxón inisiar a reconquista? E de Don Pelaio quen fai, o Tonto de Viladonelle? (O Tonto de Viladonelle é unha variante local da figura do Home do Saco, de moito avío para as nais mandaren os nenos durmir sen protestas) De verdá, non compensa. Se non, lembrade a maldita jerra da independensia: tanta teima por expulsar os franceses e total para acabar cun Fernandito Borbón dándonos por... Dispensando, tamén. Son afrancesada. E ajora que me infiltrei murcianamente, vulcanizante ata a médula. Tanto que xa vou prendendo na fala. Así que hoxe mándovos durmire en klingon:

Qapla'


Que pode traducirse como “adeus”, “que teñas a honra de morrer na batalla e nunca sobrevivir á derrota”, e tamén como “pasa para a cama, que aí che vén o Tonto de Viladonelle”



Os de Star Wars celáronse e tamén querían saír disindo Bo Nadal

16/12/2015

CANTAR DEL MÍO FREE

Injrata, diredes

Haino que ser, e moito, para non escribirvos a crónica que me pedistes do San Silvestre Aranga free trail 2015.
O mellor encontro montuno solidario lúdico festivo. Pero non vola escribo.

Injrata, chamaime injrata

Rejalástesme unha camiseta preciosa. Rosaliana. De nikis Galicia. Inda non sei moi ben por que. Aljo sentín disir duns carteis nun faro, dun blog subversivo e tal, pero moito non me cosquei porque andaba averzada. Amais que por chamar, ese día chamáronme tamén espermatozoide, así que non sei cal foi en concreto o mérito para tal jalardón. O caso é que ma rejalastes. Pero con todo, eu a crónica non vola escribo.


Tamén hai que ser moi injrata do noso señor, diredes.

Pero non vos confundir. Se non a escribo é porque a crónica xa ma deron escrita.En forma de epopea breve. Minipoema épico de máis ca dubidosa calidade, obra dun cabaleiro cruzado que se me apareceu polos camiños de Aranga: Ruínz Mesquín de Miserabilia. O tal Ruínz , ademais de rebentarme o blog, calca frases do Poema de Mío Cid, con hemistiquios e todo. Hemistiquio quer disir que se topades cun oco na liña, non hai que faser unha baixada técnica por el, hai que pejar un chimpo e sejir lendo de corrrido, tamos?. Disiamos que imita o mío Cid pero así deturpado malamente e nun estraño romance que mestura protocastelán con galego do bloque osidental, que dijo eu que ijual o tal Ruinz anda na reconquista na meseta pero é venidero por casar aquí nunha aldea, ou veranea en Sanjenjo ou aljo, cando non está batallando. Despois desta crítica textual sesuda non vos aburro máis e reproduzo os manuscritos de Ruinz. As fotos que van polo medio son de Trini, Cándido, Blas e Luis, que o saibades.

CANTAR DEL MÍO FREE


Blas o da saia comprida, Jabalí de velida barba e Carlinhos que brandir ha vassoira brava

Jabata coidando moitas viandas

Nunca desfalesçer hemos

O idiota do Ruinz esqueceuse do Cabañés aí nos versos de atrás
 E de Sergio..
 ...de Damián..
...e de Susiño
E de moitirmas/os máis


trepand'outos muros

Praderías giadas

huestes esforçadas
sendas, florestas e ríos
Coméçanse de alegrar en catando moitas viandas??????




Albriçias, leal Mónica López, ca echadas somos de terra!


Que fai a xente inda esperta por aquí? Pra a cama inmediatamente soñar cos anxiños de Aranga.





06/12/2015

MÁJOA DE LIMPAR OS PÉS

Xa sabía eu que hoxe ía pasar isto. En canto nos achejamos ao Roncudo e me deu por ajacharme e acariñar os seixos*, anticipei unha tristura estraña, mineral. Ijual chámase morriña, ou saudade, ou andrésdobarro, pero son bruta e díjolle májoa de limpar os pés. A cabesiña non dá, que queredes.

Foto Gerva

A cousa é coma cando eras cativa e pasabas un día deses de enmarcar, e lojo caías na conta de que caera o sol e era dominjo e escoitabas os comentaristas de fúmbol na radio e había aljo que che taba roendo na boca do estómajo, non sei se me explico. Devastasión.

 Foto Gerva

Pois así talmente. Tanto tempo había que non lixaba os pés con fundamento, que canto máis nos achejabamos hoxe ao final da ruta e canto máis cercana era a hora de deixar ese treito marabilloso da Costa da Morte e volver para a casa, máis jañas me entraban de meter os pés nun lameiro, de tocar as pedras, de refrejarme na terra ou de dar media volta e entrar nun bucle deses sen retorno, así como o final de O amor nos tempos do cólera, léstela? Como? Toma spolier para a xente nova e/ou con jrandes lajoas en lecturas básicas. Ala, a rañar. Dispensando.

Foto Gerva
Marina e Gerva

Pero non me deixei levar por tales apetensias (de refrejarme, enchouparme, dar volta, etc) , máis ca nada porque ía con Marina e Gervasio, e amais de que quedase feo e maleducado actuar coma unha posesa diante dos anfitrións, unha nunca sabe o que tal che pode faser a Marina, que ademais de ser a xefa dos trasnos do Camiño dos Faros, ajora évos mediática e sae na tele chimpando aos xornalistas contra as toxeiras así coma quen non quere a cousa, e con esa cariña de boa xente. É a hostia, a Marina. Hai probas. No minuto 25, anque eu de vós miraría o projrama enteiro, que non ten desperdisio.


Marina, a que botou ao Edu Soto ás toxeiras

Ta de moda o trasnerío, vistes? Non dan saído da tele: cando chejín o sábado aló a Niñóns, aquilo era un despliegue de cámaras jravando, xente verde, Traskiband en sesión dobre, determinasión de dotar o termo “resaca” de novos matices,  e jambóns, sobre todo moitos jambóns. Á brasa, que era o que lle daba o aquel de lembransa inesquesible á xuntansa, que inda o resendo o traía hoxe na bolsa da roupa esa que teño que ir meter na secadora e canta jalvana me dá, por favor. E ajora que o penso, iso de aí atrás era ultrasecreto e ajora xa vou dereitiña ás toxeiras por lercha.

Típicas cortadoras de patas de jambóns de Niñóns

Amais, toume dispersando, falo de jambóns e secadoras cando todo o mundo sabe que o tema do día era a májoa de limpar os pés. A májoa de chejar á casa cos pés enchoupados e ajuantar aquí escribindo sen cambiarme porque non me dá a jaña de recoñeser que volvín. Á casa. Pa o lerio este tíñavos jardada unha cita estupenda de María Reimóndez, que disía así en A música dos seres vivos: Ás veces o fogar é o lugar máis estraño ao que regresar. Canta rasón. Non tando na casa o meu fillo, ese que trajou un megáfono e todo o enche coa súa vos, e despois dunha camiñada polos cantís do Roncudo en boa compaña, declárome antiulises. Que Ítaca nin que hostias.

E isto por unha fin de semana na Costa da Morte. Non quero nin imaxinar como se sentirá o noso Rafita, ese que saíu hai dous anos e medio na bici, percorrreu medio mundo e volveu pra a Coruña. O efecto dominjo ha de ser cósmico. Buah, neno. 

Aquí, como xa non sei que máis disire, collo e chanto outra cita, coma quen sabe ler, esta de Chesterton. Nunca a sacaba porque tiña medo de que me visedes o plumeiro, e di así: Un loco de verdad es el que pierde el camino de regreso a su casa y nunca lo encuentra. Ains. Ajora xa o dixen. Pero mira, Chesterton non camiñaba polos faros nin estrañaba un fedello na casa. Nin voara na súa bici polo mundo. Que cale a boquiña Chesterton. E ánimo, Rafita. Hai moitos camiños para lixarse a fondo neles.

Con todo, tola e así, encontrei o camiño á casa. O retorno. Aquí tou, escribinco cos pés nejros, cajándome en todas as Ítacas do mundo e moqueando porque xa vou collendo un frío que nin dios, a verdade. Vaia estampa. Case mellor vou indo pra a ducha e tomo unha sopiña e mándovos durmir, que é dominjo podrido e hai que deitarse cedo e soñar que enchemos os pés de merda polo mundo adiante. Dispensando.

Foto Gerva



*Xeixos en cormelán, que o sei eu porque o dixo o Suso Lista.