A ver, cativos, hoxe toca Chesterton, pero pouquiño:
“Lo más
increíble de los milagros está en que acontezcan […] La vida posee cierto
elemento de coincidencia que la gente, acostumbrada a lo prosaico, nunca
percibe”
E ás veces amoréanse. Os milagres. Ou
meigallos, quen sabe, tratándose de trasnos.
E xuntándose catrocentos e pico para percorrer os 32 km que separan Camariñas
de Muxía na sexta etapa do Camiño dos Faros,
a cousa dá para moito milagre, trasnada, meigallo ou fenómeno deses.
A min por ejemplo
contáronme un, o milagre da
multiplicación dos trasnos: van un día catro de Malpica, quedan
para tomar unhas cañas –eu non sei cantas lles caerían, pareceume de mala
educación preguntárllelo, mesmo igual o prohibe a lei de protección de datos- e
coa inxesta de lúpulo ocórreselles abrir unha gran ruta de sendeirismo pola
beiriña do mar desde aló ata Fisterra. Toma! E dirían eles, “e por que non?” “Nada es de mejor gusto y de más distinción
que el pasear donde a uno le da la gana”. Pois xa está, e toma Chesterton.
O caso: abriron ruta. E botáronse a camiñar por ela en etapas, seica ao
principio eran media dusia en plan colegueo, non?, pero logo a xente debeuse
poñer envexosa porque deron en camiñar par deles tipo Forrest Gump, ou a vida
de Brian, e foi así como acabaron marcando tendensia, mi madriña, que ocasións
houbo de xuntárense setecentos a inzar os camiños todos da Costa da Morte, que
a min me dá que o natural trasno ten un aquel endémico, pero isto non llelo
digades a eles que igual se mosquean e a saber como reacciona un trasno
encabuxado. O caso: xa van pola terceira edición do Camiño dos Faros, hoxe en
día locen logo, manteñen un blog estupendo, organizan cursos de fotografía,
implican aos concellos no seu labor, algúns visten conxuntados de verde fosforito que dá gloria
mirar para eles e teñen una banda cun himno de guerra que remata dicindo “son
trasno e cada vez somos máis”. O que vos dicía, tan inzando a Costa da Morte,
isto vai ser como a invasión dos ultracorpos ou peor. A min xa me captaron para
a secta, non sei como fan que vas un día e faste socia e logo queres volver, e aproveito
meto aquí a Chesterton outra ves e xa me deixo de citas: “Yo le he pescado con anzuelo invisible y con hilo que nadie ve y que es
lo bastante largo para permitirle errar por los términos del mundo, sin que por
eso se liberte”. E así funciona a multiplicación de trasnos, ou de peixes.
Verídico.
Milagrosa e mesmo vertixinosa
foivos tamén outra multiplicación, pero de
birras, o sábado 10 de maio á tardiña na terraza do bar Marina de Muxía. A
ver, igual máis que milagre dos milagres de toda a vida puido tratarse dunha sensación de irrealidade desas que te
invaden en situacións estrañas como é chegar soa e despistada a unha
traskizuntanza e aos poucos minutos encontrarte de parola cos trasnos coma se
nos coñecésemos desde o parvulario, porque esta xente é o que ten, que ademais
de endémicos resultan moi falangueiros e sociables e campechanos, así, como o
rei, pero con mellores andares.
Prodixioso, como
mínimo, o final da noite ao ritmo da música da Traskibanda, coa guitarra de Ramón,
a encantadora Cecilia ao
violoncello, Merce ao ukelele e
algúns outros que subiron ao escenario, por non falar do fantástico
acompañamento vocal do público e a coreografía superfashion de Miguel e compaña…Mágoa dos que a
perdestes! Para compensar, déixovos un retallo xenial da letra da súa canción
“mundo sereno”:
Cómo me gusta
acariciarte por debajo de la ropa
cuando me llevas de
paseo en bicicleta
y me preguntas si
estoy loco…
Por supuesto que
sí!
Estoy loco por ti
Y por tu amiga
también
Eu de verdade, eu
non sei con que xente estarei enredando.
Máis sucesos
extraordinarios? A arroutada de asistir soa a Muxía e compartir cuarto cunha
morea de xente descoñecida, que nunca un
albergue pisara eu na miña vida, celosa como son da miña intimidade pa
según que cousas. E aló foi o conceto [sic] intimidade a tomar vento, quen o quere, que
nada máis pisar a recepción do albergue Bela
Muxía, Celia e o seu compañeiro fixéronme sentir coma unha raíña, pero en
plan peregrina, e xa logo collín confiansa e dei en retratar algúns dos paneis
que ilustran os hóspedes con referencias
literarias e históricas do lugar, mirade canto traballiño aforrei de ir por aí
rabuñando máis citas axeitadas para a ocasión, que xa mas deron feitas.
Esperemos que non
Bela Muxía, un
espazo confortable e acolledor para o indispensable repouso nocturno antes de
enfrontar eses 32 km,
e aínda menos mal que Dores e Josi
acabaron calando dunha maldita ves, que o cuarto "Rosalía de Castro", o noso, parecía unha regueifa, ou un jaliñeiro, cajonomundo, e mesmo tivo que erguerse un da liteira e
vir rifar con eles e ordenar silencio, como Tejero pero en plan campamento.
Falaba eu do necesario repouso previo aos 32 km de etapa que un subgrupo de 4 tolos
quedaramos en completar correndo. (A idea era que tamén estivese Mónica de Ordes pero non puido
ser…Esperamos verte noutra, rapaza!!!)
Rosalía en plan visionario, pero tanta xente que corre non había, que eramos catro
Logo xuntáronse catrocentos
Mencer en Muxía.
Unha marea verde de trasnos buliciosos cobre o paseo. Vexo saúdos de
reencontro, risas e cariñas ilusionadas mentres agardamos polos autobuses que
nos levarán ata o inicio da etapa en Camariñas. Miguel preséntame a Belén, gran ciclista e runner de Cee
coa que compartiremos trotada. Como non podía ser doutro xeito entre trasnos, a
conversa flúe coma coñecidas desde a catequese ou máis alá. Dores vainos informando dos detalles da
xornada como unha auténtica azafata profesional e desembarcamos en Camariñas, onde a celebración dunha
proba ciclista vai obstaculizar o paso dos autobuses e impedir o reagrupamento.
Así, decidimos que Belén e eu botaremos a correr e que Miguel e Carlos comezarán algo máis tarde para alcanzarnos polo
camiño.
Belén e servidora aínda aseaditas en Camariñas xusto antes de botar a correr
32 km por diante…Ai diormío! Soamente completara unha distancia semellante
no trail do Courel hai cousa dun ano e as sensacións foran regularcillas
tirando a pésimas. Ajora vai o rebumbio mental. Mentres camiño con Belén cara
ao punto de partida, raiolas de optimismo tipo maloserá inciden na escaseza de
desnivel e de terrreo técnico da ruta. Sorrío. Chega un nubarrón nejro, cega
raiolas, optimismo, sorriso e todo e
descarga en forma de recordos da maldita lumbalxia que me tivo presa despois
dos últimos entrenos grandes e que me impediu acudir ao Xalo…Ai diormío! E se escordo un nocello e
me teñen que evacuar e logo non podo conducir de volta pra Coruña? Ai Jesús!. E se me baixa a tensión coa
calor e quedo por aí espatarrada, ou espallada, como a rosa de Rosalía? Ai
Virxe da Barca! E se Belén vai coma un fojete e non lle dou seguido o ritmo
e ten que parar cada pouco para agardar por min e me declara inútil non grata
para o resto da vida? Ai Santo Hadrianciño
de Malpica!
Santorais á parte,
mente en branco, imos aló. Confianza. Belén vai suave. Xenial. Imos adiantando
algúns caminantes e xa logo –primeira saída do rego e volta atrás para retomar
o camiño mediante- nos poñemos por diante, “cabesa de pelotón” seica nos deron
en chamar na fotofeisbuk de Traski Costa
da Morte, que no meu caso ighual acaíame mellor cabezona do pelotón, pero
bueno.
O sorriso ese de
tontas del pueblo que se nos ve na foto non se nos deu borrado en todo o
camiño. Deixámonos ir nese trotar tranquilo entre praias, sendeiros, regatos e
aldeas dunha beleza fascinante e o tempo voaba canda nós. Algunha parada e
volta atrás para recoñecer o camiño, algún treito equivocado que refacer malia
a perfecta sinalización (unhas
desencarreiradas,a Belén e máis eu), algún lameiro no que que comprobar que
as zapas medio minimalistas non traileras poden con case todo. Enseada da Basa, desembocadura do Río
Grande, praia de Ariño, Ponte do Porto, Cereixo, praia do Lago…
Subindo desde a
praia de Lago vimos achegarse ao lonxe a Miguel e Carlos, que saíran 40 minutos
despois, e sentamos a agardar por eles todas cómodas pero estilo runner de
semimonte, ou sexa, na cuneta. E aquí agroma outro acontecemento milagroso, atendede todos, porque nese punto foi
cando souben que xa estabamos entre o km 20 e o 21 e non o podía crer, porque
sentía coma se o corpo me dese para outro tanto, hasta el infinito y más allá y
tal. Nin molestias, nin cansazo, nin mareo nin nada. E iso, que o saibades, ou é un milagre, ou é que me botaran droja
no colacao, e como colacao non tomo, pois é milagre, e non me rechistedes,
que aquí a que escribe son eu e o resto calades a boquiña, así como o goberno
pero en plan blog. Sen acritude.
E xa en grupo de
catro fomos suaviño e parolando o resto da etapa, e así foi como soubemos da
próxima participación de Miguel e outros trasnos no Soplao a finais de maio (forza!) e da moi concienzuda preparación
de Carlos para os 200 km
da edición piloto do ultratrail Camiño dos Faros o 25 de xullo, iniciativa solidaria xurdida dos soños dos trasnos,
organizada por Miguel -que este rapás sae da GMTA para descansar e xa logo se mete noutra peor, que debe ser cu de mal asento- e que parece, a iniciativa, quer disir, ter bastante ilusionados os
criptonitos eses da comunidade ultra tipo Blas, Corredoira, Jabalí, Linkin e
demais familia. Pinta moi ben! Quen me dera ter ese aguante… Penso acudir e
rematar unha etapa ou como moito dúas, que máis ca iso xa sería milagre excesivo,
descomunal, paranormal, pecado ou cousa anatemizable.
Polo de agora voume
conformando con milagriños de gama baixa como foi ter chegado a Muxía tan
fresca e tan a gusto que gañas me deron de bicar o chan e facerme a ola, e a
subida polos penedos cara ao mirador do Corpiño pra min que a fixen levitando
de alegría, e se non se me apareceu a Virxe da Barca foi porque non me fasía
falta ningunha, que xa taba eu divinamente e non era cousa de perder
protagonismo. Xa o dixo Miguel: “acabar
un entreno contemplando semejantes vistas no hay quien lo pague”. Nin ir
mollar os pés na praia de Lago e deixarse acariñar polo sol tumbados na area
tampouco, como foi o caso.
Carlos, Miguel e Belén no Corpiño mentres servidora levitaba
E non, non me
botaron droja no colacao. Foi milagre… Ou meigallo, ou trasnada, ao final déixovos
decidir a vós, así toda magnánima, coma o goberno pero en campaña electoral. Vémonos
por Fisterra e xa me contades.
Graciñas trasna!
ResponderEliminarGrazas a vós pola acollida e o voso magnífico traballo! Unha aperta
ResponderEliminar