25 de mar. de 2015

PEDRAS, TOXOS E DORES ou A VINJANSA DO SANTO HADRIÁN

"Aquí non andamos con hostias. Se despois de facer unha cousa non melloras na seguinte, non vales para nada. Polo menos iso é o que pensamos"

O que pensan en Corme. O Suso Lista. Quen mo mandaría ler. 
Ajora ta claro. Non vallo para nada. Bueno, antes de ler Salseiros xa mo cheiraba, pero ajora quedoume.

Porque eu a Malpica fun cun proxecto oculto

Así, de cara á galería, era todo palabrería, era todo: ai, canto me vai prestar faser a primeira etapa de día, que á lus do frontal en xullo foi emosionante pero non vías un burro a catro pasos. Era todo moito blablabla de cantas jañas de saudar os trasnos, e que se hai que estar, que hai que axudar a faser ofisialmente do Camiño dos Faros un sendeiro de jran percorrido e tal... Palabrerío, díjovolo así, en confiansa. 

Que tampouco non mo vaiades tomar a mal ajora, que o Camiño dos Faros non é que non mereza o título de sendeiro de jran percorrido, é que é O SENDEIRO, e se as administrasións non toman nota moi cejas han de estar. Ben se viu o dominjo: máis dun milleiro de endeviduos xuntou a trasnada a camiñar por aqueles cantís. Tantos que acabou Jalisia toda escorada polo peso, sobre todo pola banda de Bariso, aló onda o bar de Xan -parada obrigada-, que ademais de seren moitos os trasnos, saían daló co bandullo cheo de callos e estrellajalisia, e inda menos mal que non deron en saltar todos xuntos, que daquela xa envorcaba o país e andabamos todos náufrajos. Bueno, eu sei dun, un tal Moncho, ou Xosé, que saíu do bar de Xan a fume de caroso, así como volo dijo, e inda hoxe en día non sei se foi por medo de que chejase o pelotón de camiñantes a envorcasen Jalisia ou se por obra milagreira da marmita de callos do Xan. Porque en canto saímos do Xan e botamos de novo a correr e o Moncho -ou Xosé- viu que dous corredores nos adiantaran mentres papabamos os callos, pejou un aselerón e Mónica e servidora non soubemos máis del ata que ao chejar ao Niñóns o chamamos ao móbil e resulta que xa taba ajardando por nós en Malpica con aqueles dous. Posión máxica.

Eiquí inda non caera nijén dentro da marmita do bar de Xan en Barizo

E que non me tomen tampouco a mal os trasnos o que escribín aí arriba, que moito me prestou darlles unha aperta a Marga, Susana, Merce, Luisa, Marina... Pero non me chejou a nada, que ao non ir de véspera, todo foi chejar o botar a correr e perdelos de vista, e así non hai xeito. Porque o camiño dos faros, que o saibades, empésase a andar a véspera, e perder a preetapa é como non faselo; e perder a preetapa malpicá, iso xa é expoñerse a caer en desgraza co santo Hadrián. Por moito que teime o Suso Lista en que o santo de Malpica é placebo, que disque o de verdade ta en Corme, a min o placebo castijoume por antipática, por facerlles o desprezo as redeiras de Malpica, aos músicos de Malante, ao Submarino e á Traskiband. Mandoume pedras, toxos e dores en vinjansa.

Non o credes? Pois deixade que vos dija que todo foi pasar por diante do Santo Hadrián, pisar mal nunha pedra, sentir un pé vencido e tornar coxa. Que xa posto en faena tamén podía terme mandado un lóstrejo o santo placebo.



E así foi como estrajei o meu proxecto secreto. E xa estrajado, que segredo nin que hostias, xa volo podo contar: eu a Malpica fun probar que por fin podía correr máis de doce quilómetros sen laiarme sejido. Porque aínda que levaba un tempo co corpiño desfeito, no trail de xojete de Curuña correra os 11 quilómetros sen molestia ninjunha. E ajora tiña que mellorar na cousa sejinte.  E  nesta cousa sejinte o que finalmente comprobei foi que puiden arrastrarme os 17 quilómetros desde o santo ata a praia de Niñóns trotando coa pata coxa, laiándome sejida e ostentosamente, zoupando e esquivando aqueles toxos máir jrandes ca min abaneados polos refachos do nordés que petaba a dios. E poñendo a proba a paciencia de santa Mónica. Ijual recordáballe á cadela, que disque é nejra, pequena e velliña e xa non lle segue o ritmo cando a leva correr polo monte. Coincidencias. E que tan mal o fixen.  Mesmo houbo un cacho de pisteo xa preto de Niñóns en que metín unha zoupada desas que quedas a punto de enfuciñar, o corpo ajuanta, non caes pero tampouco te ergues e coa inercia segues correndo uns metros así escrequenada... Tanto mal lle faría eu ao santo?

Nin tan sequera os dous proxectos secretos secundarios chejaron a bo porto. Un: fundir aljunha lorza desas que deron en adornarme o perímetro. Dous: precipitar o catarro pertinaz por aljún cantil daqueles. E aquí vos sijo ben mullida, tusindo e falando como cunha pinsa no naris. Inda menos mal que parese que xa vou menos trenca. Pero mira, como dixo tamén o Suso Lista, "o que estea libre de miserias que empece a hostias".

Ben falado, Corme. Para a vindeira etapa ofrézome ao santo deles, que disque é moi milagreiro. Ijual favoréseme tanto que corro coma unha jasela e lojo fajo eu soa a Levantada e carrexo unha fragata ata o Petón de Tubías. E non me levar a contraria, que vos mando pedras, toxos e dores. Hostias non, que non son de Corme.

Veña todo dios a ler a Suso Lista, pero apajade a luz axiña, que xa son horas. Róubolle outra frase máis e déixovola eiquí para que soñedes coma santiños:
"...sei que nalgún lado da nosa alma ten que estar o patrón polo que o traxe a facer será de ilusión ante o próximo proxecto"



Ningún comentario:

Publicar un comentario