Teño o corasón contento
porque despois desta sejunda etapa do Camiño dos Faros hei
quedar por fin mundialmente consajrada como corredora extrema.
Todo comesou o sábado á
tardiña cando en Ponteceso improvisei un adestramento de elite
consistente en subir e baixar o Monte Branco con saia curta e
botas de platamorfa tipo dancing queen. Pódovos disir que
causei sensación na ruta pondaliana co meu estilismo e coa
miña perisia en semellante exersisio de propiosepsión taconil.
Houbo quen me prejuntou
se ao día sejinte pensaba faser os 27 quilómetros da etapa
Niñóns-Ponteceso. Eu contestaba que si, e que correndo, e mirábanme
aljo raro. Mesmo a xente coñesida tamén aljo raro me miraba pero
era todo pura envexa, que ben vía eu a Daniel, Felipe e Quito e a
un que non se chama Pablo, dijo que ben os vía a eses mirar con
ollos celositos as miñas fantásticas platamorfas, quen llelas dera
para entrenar. Ha! Monte Branco Training Queen fun por un día,
brillaba máis có sol morrendo no mar. Menos que Marga, Beti
e Bea de Cotelo. Moitirmo menos que Adrián Varela, que nos guiaba, pero máis có sol, fixo. Que como disía xa morrera no mar.
E que ben baixei entre
aqueles pelouros soltos. Cousa digna de ver. Con “pelouros soltos”
conste que non me refiro aos envexosos de antes. Era expresión
literal, non sei se me explico. O caso: inda fun quen de perfecsionar
a técnica de baixada entre pelouros, xa de por si depurada. Iso foi
cando Mari espetou que non o podía aturar máis e por
iso deixoume un cortaventos e un pao ben jrande pa usar de
bastón, que resultaron complementos divinos, que aí xa taba
monísima a la par que superpro, o sea.
E fíxose noite e baixar
tornaba empresa heroica e Chus ofresíame apoiarme nela e os
cativos emboscábanse e imitaban alimañas para meternos medo,
pero nin me apoiei nela nin mallei nos cativos co pau porque era de
moito máis avío como báculo da miña desestabilisasión. Ajora,
rapases, deixade que vos pille un día sen taconasos de
competisión. Dispensando, Beti.
Lojo entremedias veu
aquilo da lúa encarnada asomando sobre o malecón conforme nos
achejábamos de volta a Ponteceso, e veu aquilo da hidratasión
prolongada en plan supercompensación e veu aquilo do conserto da
Traskiband e do aniversario de Ceci e do Daniel
cantando e de bailar na porta do bar e de quedarmos ata o final o
millor de cada casa, pero non vos quero aburrir coas rutinas típicas
das corredoras revelasión.
Ao dominjo ijual si que
chejei un pouquechiño sobreentrenada ou sobrehidratada ou
as tres cousas, como
diría Suso Lista, pero
disimulei, que é o noso, o das atletísimas superextremas que
adestramos platamorfamente polo bar e polo monte. Ademais daquela
xa calzara as zapatillas. Rosas. Que menos.
E todo foi saír do
primeiro trasnoautobús na igrexa de Niñóns os nove magníficos
do Ultra Trail Camiño dos Faros Training Camp –dispensando-,
amais de Mónica e servidora -independentes-, botarnos ao
trote ata a praia e sacar unha foto do jrupo, que tamén foi o único
momento en que cadramos os once. Porque a idea de Quito era empesar
tranquilos para acabar con chispa pero a min deume máis por
empesar tranquila e acabar senil, como fasemos as consajradas.
E xa chejando á Barda rifei con eles por reajruparse e aviseinos ben
avisados de que nunca máis, pero nunca máis ajardasen por min
(májoa do pau da véspera para acirralos coma as vacas
“pasaaaade, ultratrailtrainingcampers, ho) y a dios puse por
testigo de que eu non me había perder polo camiño, que boa son
eu.
De feito, nada máis
perder o jrupo de vista, aproveitei para poñer en práctica un
novidoso adestramento tamén inventado por min para a ocasión.
Consiste en describir insistentemente numerosos aneis conséntricos
arredor dun caseto, debuxando cos pasos un mandala infinito.
Boísimo para a fortalesa mental tipo dar cera pulir cera e
tal. Ao mesmo tempo, para potenciar a efestividade deste exercicio,
ademais de respirar forte e traballosamente, hai que poñer cara
de buscar frechas verdes e botar aljún xuramento. Caso de
que esta rutina se vexa interrompida polos berros duns señores moi
amables que tan paseando os cans pola praia, cómpre aprazar o
adestramento e sejir o camiño que che están indicando, máis ca
nada por non faserlles un feo, que as hipersupermegacorredoras
xamais non perdemos, palabrita del niño jesús.
Ajora fasemos un inciso
porque acaba de apareser un coro estilo traxedia grega con su solista
(Suso Lista non, su-solista), que non é outro có mesmísimo Pondal
resitándose a si mesmo -tuneado- e increpándome así:
por
eso as boas xentes
pr'
onde vagante vai,
ó
ver o seu abandono,
din
con admirasión:
parese
un pino leixado do vento
parese
botada do mar de Niñóns
(BIS)
(BIS)
(BIS)
(BIS)
Bueno Pondal, cálateme a
boquiña e leva o coro faser mutis por aí. Prosma.
Fasédeme caso a min, que
vos teño que contar que lojo, catro pasos máis adiante, ideei outro
exercicio de propiosepsión deses tan recomendables. Atendede ben,
que non ten desperdisio:
Trátase de acabar nunha
cala de pelouros e ir saltando por eles con cara de pánico, así
coma se te estiveses prejuntando onde carallo puxeron aquí a
saída. Unha ves que choutaches por todos e cada un dos pelouros
da cala en todas as direccións posibles e noutras tamén, daquela xa
podes buscar o mesmo camiño polo que baixaras pa dar volta. Sen
chorar. Caso de levar algúns metros subidos estilaso cuadrúpede
e comprobar que tas no medio dunha toxeira, entón cómpre inisiar
unha manobra de retroseso de xeito que acabes en pose de rá
botándose á auja, en plano inclinado descendente sobre unha
alfombra de espiñas de toxo (soa
a reseita, non?), e deixarte levar de volta aos pelouros,
coidando a dentamia se for posible. As espiñas interiorízanse
como lembransa inesquecible, sobre todo as de debaixo das unllas.
É a técnica chamada “A Parva da Barda”, en breve
obrijada en sentros de alto rendemento. Májoa que non me gravasen,
que empeso a coljar vídeos destes en youtube e me forro e me pide
pasantías o Kilian.
Non
sei se me dá medo,
Se
me dá compasión;
Parese
un pino leixado do vento,
Parese
botada do mar de Niñons.
Isto de aí atrás é un
boicot clarísimo que me está a faser o coro pondaliano por
mandarlles calar antes. E non o cantan con asento de Cai, como as
chirigotas? Moi empoleirado vexo ao Aduardo, ha de ser porque
xoja na casa. Non lles faser caso ninjún.
O que disía: de aí en
diante sejín depurando a técnica e a consentrasión, sobre todo
cando chejando ao Roncudo me alcansou o Alex de Laracha, que
non corría. Májoa tamén aí do pau para jindarllo á
cachola, cajoenros. Dito desde o afecto e o compañeirismo
Roubada eiquí: http://www.caminodosfaros.com/faro-roncudo/
Ajora ben, que tan mal me
pareseu chejar ao Roncudo e non ver ao Suso Lista. Quen
quere faser a sejunda etapa dos faros e non escoitalo? Persebedes?
Que sentido faser o camiño a todo meter e chejar tan cedo? E o
concello, que menos que meterlle no faro unha pantalla de plasma tipo
Rajoy -dispensando- cunha jravasión? Faséndelle aljo interactivo aí
en Corme, eu que sei, poñede en valor o voso, o Suso, o
persebe, cultura empresarial, un merchadising, aljo, vendede
souvenirs en forma de persebes que os acendas e saia a cara de
Suso Lista falando. A min jústacheme ben máis có Pondal e mira o
que tal liaron en Ponteceso con fitos e a ruta e a fundasión e todo.
Lojo non vos queixar.
Non me quedou outra que rapinarlle a foto ao Amboade. O que tal me perdín. Non volvo correr.
Xa lojo superada a
desepsión, Mónica -a do nocello escordado-, mais eu fomos
desenvolvendo unha estratexia consistente, como ela ben expresou, en
enredar en canta silva, toxo e taberna encontramos polo camiño. A
primeira taba en Corme. Parese que non era día de Levantada (o que
non se cosque que lea Salseiros) que taba a xente toda de
terraseo e non vimos nijén carrexando barcos cara ao Petón, e moita
májoa me deu iso tamén, que ten que quedar ben
autonómico e pintoresco, palabros do jran Lista. Ajora
ben, a tónica a auja e o aquarius entraron de marabilla e máis
había de entrar porque atalarora (díxeno!!!!) petaba a calor dunha
maneira que tornaramos xurelas lañadas por mor do salitre
mailo sol.
Eí
vén outra ves o coro pondaliano, xa tardaban:
Por
eso eu á min mesma,
Non
me conozo, non;
E
escraman os caminos
Mesmos
por onde vou:
Parece
un pino leixado do vento,
Parece
botada do mar de Niñóns.
Non lles faser caso, de
verdá. Fasede coma quen non oe nada, que se non é pior.
En fin... Pasando pola
praia de Osmo tentoume protestar escribíndolles cun
jarabullo na area unha frase de pura provocasión, aljo así como
“que pasa no Roncudo, que non atenden?”, por ver se o
Lista tiña narices de quitarlle unha foto desas del, pero xa a
Mónica a do nocello escordado ía diante, e había que sejir, así
que fomos tirando e cantando con jrandísima alejría “perdona a
tu pueblo señor” e “no podemos caminar cansadas bajo el
sol”, cantigas de moita festa e repichoca. E chejando a
Valarés apareseu o Quito, o do ultra mega training camp,
fasendo o camiño de volta e eu saudeino amablemente pero tamén
estrañei moito o meu pausiño de zoscar porque ás veses rabeo do
tan mal repartido que ta o mundo. O Quito de volta, o Felipe
bañándose na praia... Tanto rabeamos que houbo que parar aló
tamén no bar de Valarés para esquecerse da vida, do universo, dos
ultras e de Corme; pero tamén vaia desjrasia que xa temos eiquí
outra ves a Pondal, ajora cuns mariachis botándolle unha rancherita
aos nove magníficos, ándele:
Quen
poidera vivir coma eles,
Ñas
prayás e bancos,
Nos
baixos e fumas,
Ñas
sirtes e fachos,
Nos
seos esquivos
Dos
teros peñascos
Ajora si, ben cantado,
Pondal. Os rapases teñen mérito, aljúns deles finishers dos faros
2014. 203 quilómetros. Ajora que se desta edisión do 2015 sejen as
miñas directrises e adestran de taconaso, díjovos eu que os 203
quilómetros fanos levitando.
Levitar o que é levitar,
nós as dúas moito non levitabamos polas dunas do Monte Branco, non sendo
en chejando a Ponteceso xa diante dunha tapiña e dunha clara,
compartindo mesa con Miguel Bernárdez, o aparesido, e Roberto, un
dos nove magníficos.
A eles, os magníficos
ultra training campers, dispensando, levoulles unhas catro horas a
etapa, creo. A Mónica, a do nocello escordado, mais servidora, non
vos penso disir na vida canto nos levou, porque as
supermegacorredoras extremas é o que temos, que xuramos jardar o
sejredo profesional. Así me ameacedes con quitarme as platamorfas de
competisión, non volo dijo. E pasade para a cama, non teña que
sacar o pau. Que son horas.
Para
a cama todo dios, Aduardo, non cho están disindo?
A chavalada tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario