Escribiu así un día
Carlos Salem: “Y sintió que estaba hecho de arena, condenado a las
ventanas cerradas y a evitar las corrientes de aire”
Ergueuse así un día
servidora. Abrín medio ollo aí ás once o dominjo pasado e sóubenme
areosa, volátil, talmente salemizada. Salamizada non, hostia.
É o que ten encontrarte
un sábado coa noite libre por sorpresa, cunha invitación a cear e
sen ter arjallado botarte ao monte á mañá sejinte. Que vas coma
unha tola e lojo amences destrozada, escachada, fragmentada,
astillada, pulverizada, areizada. Tamén hai sitios que lle chaman
resaca.
Puaj!
Area es e á area
volverás, díxome unha neurona que encontrei na cunca do típico café
nejro carjado e amarjo. Hai quen lle bota jotas ao café, hai quen
lle bota leite e na escuma aparésenlle as caras dos seus anterjos,
así tipo Bélmez pero en café con leite (moi socorrido é
rapinarlle as ideas ao Suso Lista, así a todo) e hai quen lle bota
neuronas, que é bastante divertido porque dan moita parola e
anímante a faser cousas e a saír da casa e non quedar aí coma a
fondona das fiestras fechadas. Viva o efe.
Así que lojo marchamos
para o areal de Santa Cristina a neurona maila saca de area botarlle
unha remada. Aló taban xa o Alejandro, María, Sergio, Carmen, Tino,
e outras dúas raparigas (a neurona a pobre é boa coas citas
solemnes pero unha calamidá para os nomes). Lástima de fotos. Non
hai, quer disir. Podo faser trampa e poñer unha doutro día. Coma
quen non quere a cousa. Pero sería trampa e así tamén non me vedes recocerme
abrijadirma remando cual penitente baixo un sol infame dadas as
sircunstansias. Sircunstansias que como disía tamén hai sitios que
lle chaman resaca.
Lojo de remare fixemos un picnic
perroflauta, que consiste en que a xente saca as empanadas aí no
medio do paseo e hai moita animasión e está Osa, a cadela, e está
a xente que nos mira raro ao pasar e nunca adiviñarían que somos
deportistas. Tamén moito prexuíso hai no mundo.
E dijo eu: que pasa? que
nunca viron, entre outras cousas, un saco de area resacoso e dous
tipos medio durmidos bebendo cervexas de a medio litro e papando
empanada no medio do paseo? Pois que saiban que o saco de area...
bueno, o saco de area é un saco de area, deixade estar así. Pero os
dous tipos eses que paresen a punto de toquear -espertade, leñe, que
falan de vós!- o Alex mailo Sergio, son a metade do Gallaecia NotNormal Adventure. Que botaran toda a noite anterior a adestrar polos montes de Ordes. Not Normal, abofé. Que tamén é serto que moi
normal non vos son, que eles tamén van partisipar na animalada esa
do raid de sinco días sejidos, e teñen que andar por aí orientando
sen parar en plan extremos que te cangas e para máis inri sen
durmire. Por que non paro de coñecer frikis?
O que si que estou sejura
que nunca imaxinarían aqueles paseantes é que Carmen, esoutra
muller do picnic perroflauta, esa que acaba de botar unha boa remada
e está co seu medio litro de cervexa, esa muller é campioa
nacional de carreiras por montaña. Compañeira de fatigas de
Paulina, outra cuarta parte do Gallaecia Not Normal Adventure que
chegou despois para unirse á ruta polos montes de Bastiagueiro.
Paulina e Carmen camiñan
xuntas, están tan compenetradas que paresen unha soa persoa.
Escoitando a Paulina poderías pechar os ollos e imaxinar vividamente
cada detalle do terreo e da paisaxe. Sabe describir todas as texturas
do chan, todos os obstáculos, o grao de xiro, a inclinación do
camiño, a técnica máis axeitada para acometer unha baixada, o
punto de inclinasión da cabesa para non bater cunha rama... Paulina
retrata a paisaxe coas súas palabras, e fai sinais sonoros
pegando pisadas fortes nos puntos problemáticos. Carmen escóitaa e
avanza áxil pola paisaxe que pinta Paulina. Ten tempo de contarnos
chistes polo camiño, sempre contenta. Tanto que Tino quixo deixarse
guiar tamén un cacho por Paulina; quería sentirse como Carmen.
Porque con Paulina,
Carmen non é invidente. Non é de area, nin está condenada ás
fiestras fechadas, nin a evitar as correntes de aire. Carmen é a campioa. E deixounos marabillados.
Carmen e Paulina en acción. Tino non daba crédito
Tino probando unha experiencia difícil
O Alex e o Sergio a punto de toquear. Sergio taba rallante de todo.
Xa sempre o dijo eu, que pasar sono é malísimo.
E xa aproveito o pé de foto este pra mandarvos durmir a todos. Lavade os dentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario