31/03/2013

...E DOMINGO DE RESURRECCION

Se hai unha cousa que me indigna aos meus 46 tacos e tomar consciencia de que vou pa vella. Que a cabesa vai por un lado toda contenta pero ao corpo non lle entran as ganas de festa.

Asi que hoxe tocou operación xeonllo, ese malcriado que por veces require mimos e como non llos deas mal asunto. Xa se me empezou a queixar no ultimo tramo da ruta cedeiresa, asi que onte intentei emborrachalo un pouquiño en plan sabado sabadete, por ver de revivilo un pouco, e o pobre hoxe amenceu aparvado de todo, ocasión que aproveitei para levalo de pateada pola costa do Dexo asi coma quen non quere a cousa. Ao final aghuantou catro horas sen protestar; agora ben, entre as duas horas de ida e as case duas de volta tivemos que facer unha pequena escala tecnica para darlle unha cocacola light e a obrigada tapiña domingueira de callos que viña de oficio coa consumision. Que ben maridan os garavanzos e a cocacola light. E que gran gourmet se perdeu comigo. Veña fibra, imos espabilando e deixandonos de mixiricadas. Que como ben di Manuel Rivas, “o que quere a literatura e fibra para correr campo a traves”.
E como ben di Corredoira: “Lume, carallo!”

Xa me tarda volver a correr e deixarme de palabrerias.


Eu pensaba que era cuarzo e disque e porfirio. Igual as veces ta ben non correr e parar a ler os carteis para ir saindo de burra.


Esta piscina natural ao abrigo das batentes quedou fichada para ocasions estivais

Magnificos os canzorros (dispensando) da igrexa romanica de Dexo


Pasei a Marola, pasei a mar toda

VENRES SANTO, VIA CRUCIS DO KILOWATIO

Era visto. Unha non pode ir pola vida deixandose levar pola gula. Agora que se a gula ven en forma de marraxo do Kilovatio, Cedeira, falamos palabras maiores, señores.

E tal foi o que lin na proposta que me cheghou de M. R. Casal (tamen coñesido como Speedy Rodrigues) a traves de correo-e sobre unha ruta Cariño-Cedeira. Home, disque algho tamen informaba sobre distancia, desnivel, tempo probable e non sei que cousas mais de tracks e palabrotes polo estilo, pero o que son as cousas, eu leo “marraxo” e “Kilovatio-Cedeira” e xa non atendo a mais nada. E ighual debia centrarme nas lecturas no seu contexto, pero non dou.

Cheghou a vespera da gran cita cedeiresa e coma sempre entrei en panico. Da ighual que sexa unha carreira con chip ou sen el, unha carreira non competitiva, un quedar entre amigos, un guateque, coma quen di. Eu entro en panico e non hai que faserlle. Menos mal que xa estou afeita a ser boba e non me dou importansia, que se non non saia da casa.

E sain, vaia se sain, mecajina, un festivo as seis da maña xa taba eu alo preto da fonte das Pajaritas para que o gran biciclista, runner e bloguero Candido nos transportase a Corredoira (que corre ultras) a Ezeq (surfeiro-escalador que corre a dios e ten tipin de ultrafondista, tanto que dan ganas de abrigalo e de darlle de comer) e a min (un mazacote reptil) ata Cedeira para encontranos alo co Speedy Rodrigues, que coma o seu propio nome indica vai a fume de carozo; co Gran Cibreiro, que entrena maratons de montaña a ritmos indecentes, e con Carlos e Luis, que non sabendo de anteman nada deles tiñan pintasa de roer moito monte (xa logho me enterei de que son uns fenomenos da naturesa). E eu alo no medio. Ai diormio. E insisto: por qué non me gustara mais ir de tendas que botarme ao monte? Ou polo menos: por que non podia vir tamen Paula para facermos piña?

O peor, con moito, foi cheghar ao punto de partida, alo nun alto preto de Cariño, poñer o mochilo decatlonero do disfraz de trailarailarita -por aquilo de levar hidratacion- e comprobar que as fitas me cinguian coma o corse da zeñorita Escarlata, ou coma unha morcilla de Burgos, asegun se mire. A dios puse por testigo que nunca mas volveria a lesionarme so pena de lucir esta cintura de abejorro que he ido alimentando a base de no entrenar y de mucho lambonar, porca miseria. (Xa sei que castrapeo, pero e lisencia bloguistica).

E veña, imos alo. Pero antes:

AVISO: se hai xente que lea isto (¿haina?) e ta esperando algun dato tecnico, e se foi capaz de ler ata aquí, por favor, que marche pa calqueroutra paxina, que aquí non lle temos diso. Xa logho poñerei un enlace aos blogs de Candido e do gran Cibreiro, que son o aparato (dispensando) cientifico, e wikilokean e levan GPS e saben de zapatillas e critican as talonadoras cando lles peta (iso soamente Candido, je, je). Eu arrastrome polo monte e levo un reloxo infantil do Barça, ¿que queredes que escriba?

Eu que sei. Que a luz da maña sobre Cariño era cor de prata e que o frescor do aire traia promesas dunha maña perfecta. E que se botar a trotar por camiños novos sempre che da as, facelo aquí, tan lonxe, tan alto, debe ser o mais parecido a voar. O soño recorrente da infancia recuperado. So por iso paga a pena vir, paga a pena superar vergoñas, medos e preguizas, esquecerse de todo e deixarse ir co vento.


Iso si, dabame un pouco de medo que Cibreiro, que e militar, me puxese a faser a instrucción tipo ¡Recluta riveter, lo dificil se hace, lo imposible se intenta!, pero ao final portouse moi civil(izada)mente :D  Moita pasiensia tivo el e todos os demais, abofe.

Porque por haber houbo terreos que pa min son tecnicos (aos demais daralles a risa, pero para min son tecnicos) e claro, eu veña a pisar ovos; houbo toxos insolentes e eu veña a laiarme (baixiño, pero laiabame, e que peaso de bodyart levo tatuado hoxe nas pernas); houbo praderios con vacas ceibas e eu veña a lembrarme daquela vez que me viñan embestir unhas vacas de Silleda que pa min que papaban moito estramonio e que se volveran psicokillers e desde aquela teño fobia das vacas ceibas, e por iso berreilles aos rapases que esperaran por min; houbo pechados de espiño que eles pasaban dun salto e eu reptando porque non me dan as pernas; houbo regatos que me gustaria ter corrido se non tivese tanto medo de esvarar; houbo soutos esvaradios que corrin e nos que enfuciñei catro veces, catro, sen que ninguen se enterase (ainda menos mal), houbo escordadura de nocello sen consecuencias, houbo algunha rocha que agatuñar (mola!), houbo unha preciosa braña na que chapotear (e cada dia me presta mais mollar os pes), houbo costas intratables que me terian deixado cravada de non ser polos animos e apoio recibidos que nunca acabarei de agradecer, houbo choiva torrencial cegadora da que enchoupa a alma; houbo lameiros nos que afundir os pes ata o nocello, houbo a fin friaxe, dor (maldita dorrr!!!) e medo de desfalecer, medo de obrigar ao resto a dar volta para buscarte, vergoña de saber que van esperando por ti, mirando de que non te perdas, e ganas, moitas ganas de non fallar.



Fixen canto puiden. E disfrutei moito mais do que podia imaxinar. Como dixo Manuel Rivas, "Os camiños morren cando deixan de contar historias". E seguiremos camiñando para escoitalos.

Foto de M. R. Casal

Bueno, bueno...Tal como o conto parece que fixen un ultra, e foron 28 km, ja, ja! E nin os 28 daria feito se non fose porque M Casal avisoume nos ultimos quilometros de que estabamos a punto puntiño de chegar a Cedeira xusto pola banda do Kilowatio. Isto e psicoloxia e motivacion, e o resto son parvadas. Porque o Kilowatio ten o mellor marraxo do mundo coñecido, e ademais alo estaba esperando por nos a miña amiga Natalia, que tamen e desas tolas que corren.

Tiven os mellores compañeiros de ruta:


E a mellor sopresa ao chegar: coñecer a Lucia, unha fedelliña que vai para barefoot, que non habia mais que verlle a cara de felicidade ao confesar moi baixiño, despois de sacalos as agachadas: "no tengo zapatos"  :D

A mesma xornada narrada por unha persoa coa cabeza ben amoblada:

A version do Gran Cibreiro:
Trail serra da Capelada, por Pedro

 E un millon de grazas a Luis polos seus videos. Un recordo estupendo da xornada:


26/03/2013

CASTIGADA POR HIPERCOMPENSAR

Acabo de correr 45 minutos xustos, nin unha decima mais, polo Monte de San Pedro.
Acabo de ducharme.
Acabo de zamparme un pratazo de xibia e unha Estrella Jalisia.
Acabo de decatarme de que sigho paresendo o ghlobo de Betanzos.

Asi como os ultrarunners supercompensan moi merecidamente, aquí este ser mais ancho ca alto dedicase a hipercompensar calquera hipoentreno, e asi non cheghamos a nada.


Maña, aproveitando que mando ao cativo a facer manualidades en El taller de la Luna, teño pensado incumprir a promesa aquela de a dios pongo por testigo nunca mas pisar un gym e cometer unha boa sesion de eliptica e pisci. Si, pero cando acabe, que?

Diormio, dame forzas para non hipercompensar coma o porquiño da ceba. E se non mas das, daquela mandome interna as castigadoras de Burgos para que me poñan a pan e augha, a verse dan feito bo de min.

24/03/2013

BERNSDESCENTES


¿Un refugallo de corredora nunha zona verde, unha corredora verde nun vertedoiro, un verterse a correr polo verde, un refugallar verdoso polas costas, unhas grandes costas verdescentes?

Ainda non teño moi claro o que tal fixen esta maña. Algo diso seria.








22/03/2013

O MÁXIMO, NENO

Onte fun carne e suor de gym.Tras completar 50 mins de elíptica, pasei por diante das cintas facendo coma quen non as vía, porque a idea era precisamente non correr; non correr, repito, non correr, hoxe non debes correr, debes reforzar, para quieta, deixa de mirar para as cintas, calamidad –tal era o meu diálogo interior. 



O que non te mata, fortalécete. E seica o dixo Nietzsche,fíxate


Antes de baixar para a piscina, botei outros 20 minutiños máis subida nunha cousa que, o que son eu, nunca tal vira, porque veño da aldea: unha elíptica con movementos laterais, bastante divertida dentro do divertido que pode resultar un trebello instalado dentro dun contedor de xente suada e medio autista, ximnasio disque lle chaman.

Como era novidade no local (a máquina, non eu), aló ía parando todo o mundo (e quen dixo que non paraban por min? Ein?). A cousa é que cada vez ía quedando máis pasmada, porque nunha escala de 1 a 25 eu levaba o máximo, neno, o máximo, o nivel 25, e mesmo me parecia levitar do lixeira que ía; en cambio a xente que probaba o maquinillo do lado empezaba cun nivel 2, 3 ou 4 e ao momento marchaban comentando o machaque. “Mi madriña”- pensaba eu –“e parece mentira o cachas que acabas despois dun bo rato de elíptica; e tou feita un crack, se mesmo parece que vou tocar o ceo…Yujuuu!!!”. Ai, e que 20 minutos de autoestima estratosférica! Aquilo foi un cantarme a min mesma, un imaxinarme na conquista do mundo enteiro e das aldeas do lado, un non dar creto á miña potensia…

E que axiña pasan, 20 minutos de gloria. Porque para rematar a faena, en ves de parar a máquina tiven a infeliz idea de ir reducindo niveis. Ai, amigo. E canto máis reducía máis afoghaba e eu veña reducir e aquilo xa non había dios que o movese e ao descer ao nivel 1 xa taban as veas da gorxa todas en 3D con efectos especiais.

Tiven que poñer a abrandar na piscina a pena de saberme enganada por un mal calibrador de elipticas laterais, que e unha pena das importantísimas.

E como despois da experiensia xurei nunca mais pisar un gym, asi toda llena de despecho, hoxe fun trotelear ao mundo exterior un pouquechín tal que asín:



Non me mato cos entrenos por semana, ben se ve… Pero tanto ten; tou feliz. Cando parei para ir recoller ao meu fillo e sentín que o corpo me daría para facer 3 veces máis, que non había nin rastro de molestias, púxoseme unha cara tan bobalicona que ata lle perdoei a vida ao calibrador de elípticas ese.

Adoro os meus Sanxoves de San Pedro

18/03/2013

SACUDIR A VIDA

“A veces uno necesita afrontar justo ese desafio que no le conviene ni le corresponde, porque lo que pide el cuerpo es enfrascarse en algo que ayude a descolocar la vida, sacudirla y ponerla un poco del reves. Mas que nada, para que no se cumpla la condena de encajar en ella como una pieza mas de un mecanismo predecible: como esa pieza que todos somos, a la postre, desde la programacion fatidica de nuestros genes hasta la funcion que el codigo social, que tarde o temprano acatamos, sea cual sea, nos asigna sin derecho a apelacion”

Lorenzo Silva, La marca del meridiano
--------------------------------------------------------------------------------------

Poucas veces me pareceu tan ben retratada a necesidade de botarse a correr coma nestas liñas de Lorenzo Silva, ainda que referidas a outros asuntos ben distintos no seu contexto orixinal.

Hoxe as transcribo porque sinto unha estraña magoa de saberme incapaz de enfrontar unha desas necesarias “sacudidas” da vida. Dias e dias matinando no trail do Seixo Branco ata que chega a vespera da data limite e faste consciente de que probablemente, nin sequera o desafio minimo de rematala sen lesions esta ao teu alcance. Foron os sinais que me enviou o corpo no ultimo treito do entreno no Xalo os que me puxeron os pes na terra, ademais dalgun sabio consello moi de agradecer  ;)

Serei engrenaxe logo… pero hei de ir fiando unha cadea de entrenos tan bonitos que van organizar excursions para velos  :D

(Non sei se na derradeira frase non estarei medio plaxiando a Benedetti; e que non teño ideas propias, eu)

16/03/2013

XALO MOUNTAIN, I SUPPOSE

Un sabado por diante para min soiña, sen apuros, sen recados urxentes que facer, sen cativos boureando arredor, sen marujeos pendent…(ehem, obviemos isto ultimo; como ben dician, “a clean house is a sign of a wasted life”. Que gran frase)

O plan era facer unha boa tiradiña polo Seixo Branco e dependendo das sensacions sobre o terreo, decidir se inscribirme ou non no trail de Oleiros. Pero o plan incluia, ilusa de min, que algun dos montunos que esta fin de semana non foron nin al Alto Sil nin aos Trilhos Paleozoicos (moita sorte a todos!) se animase a acompañarme. Porque… en fin, saiamos do armario das fobias: dame medo ir soa polo monte. Asi de ridiculo como soa. E un medo irracional, que son os peorcisimos de todos. O caso e que esta ai acazapado, listo para subirseme a chepa no momento menos esperado.

Asi que ao erguerme o primeiro que fixen foi mirar no foro de Correr en Galicia por se a ultima hora algunha alma caritativa se apiadara de min e se apuntara ao do Seixo Branco… E nada, ai estaba o meu post triste e senlleiro. Cajonomundo.

I can do it, malosera, pensei. Ademais o Seixo Branco nin sequera e monte monte, e un paseiño pola beira do mar. Disfraceime de toureira, camiseta do Rio da Fraga incluida pa motivarme, preparei un mochilo con auga e muda porque a choiva non tiña cara de dar tregua, e…mireime ao espello.

Mal momento. Poida que non me rinda por molestias nas articulacions, por falta de sono, por escaseza de tempo, nin tan sequera por frio, choiva, raios, lostregos e centellas, pero mirarme no espello e comprobar que durante esta tempada de poucos entrenos houbo partes do meu corpo que se volveron mais redondas do admisible, iso si que e matador. E eu veña a tirar pa abaixo pola camiseta Kipsta que levaba por debaixo da outra para que me disimulase aquilo, e veña a camiseta a volver para arriba… Non faltou nada para desistir, xurovolo.

I can do it e a quen non lle ghuste que non mire pa min, tiven que repetirme. Ademais, quen vai andar polo monte neste dia podre? Como moito, calqueroutro friki que andara mais pendente de mirar por pisar ben que de fixarse en se a señora esa deberia deixar as lambetadas e torturarse coa Dukan.

Pois ainda non vos estaba eu ben decidida de todo, non: aghora tiña que darme por matinar no feito de que desprazarse en coche para entrenar resulta ben pouco ecoloxico, que deberia limitarme ao trillado Bens que me queda ao lado da casa, que moita leria trailera de respecto polo medio ambiente, de contacto coa natureza, e ao final acabas contaminando para botar unha carreiriña que podias botar ighual ao pe da casa, coma quen di.

Why should I? Pois porque Bens cheira que alcatrea, e punto, e porque tamen merezo un kitkat (aquí hai lambetadas ata nos similes) urbanita. Veña, vamonos que nos vamos, que ademais xa levo oito paragrafos escritos e ainda non puxen unha Salomon na rua. Seixo Branco, here we go… Se non fose porque xa instalada no cochecito lere lembreime dun paseo fluvial que descubrimos un dia que levei ao meu fillo ao parque de Celas de Peiro (en realidade o parque de Celas de Peiro e a nosa segunda sala de estar, e un deses sitios onde te encontras agustisimo e non podes deixar de ir), asi que como de costume e porque rectificar disque e de listas, mandei o plan inicial a paseo: volantazo (figurado) e…cambio de rumbo: Peiro, here we go! (notese o plural maiestatico; e que eu ia pa Sissi emperatriz e quedei en funcionaria gris).

Aparquei o Opel Austwich xunto a gasolineira de Peiro e percorrin camiñando o treito ata o principio do paseo coa cabeza gacha porque habia vergoña de que me visen os gasoliñeiros toda preparada baixo a que estaba caendo e que me tomasen polo que son.



Iso si, todo foi empezar a trotar por aquel paraiso e debuxarseme na jeta o sorriso da tonta da vila… Eu as veces non sei se isto de correr polos carreiros non sera drogha da dura. O lameiro mental esvaeuse por arte de maxia en canto puxen un pe no lameiro lamigueiro. Que gozada!!!!!  Muiños, pontes de madeira, fervenzas, ameneiros… O terreo nada esvaradio, podiase correr moi ben (e tamen parar para sacar fotos, je, je).




Ao final, un treito por asfalto leva ata unha pista de terra onde supostamente deberia empezar a subida ao Xalo (digo “supostamente” porque sigo sin saber a que monte subin). Funme guiando ao principio por indicacions dunha ruta BTT e despois… por nada, fun subindo por onde mellor me parecia… E as subidas eran potentes, abofe; de feito, mais ca unha subida “caco” foi “cocaca”  (correr-camiñar-camiñaaaaar)

  

Por aquí hai pegadas de bici. As veces me pregunto se a xente BTT esta feita de kriptonita sen mais ou en aleasion con algho.



O mais curioso e que canto mais ascendia menos medo tiña de estar soa. Cando por fin alcancei o cumio onde esta a antena de non sei que (que inutiles somos as de letras, por favor), mesmo a idea da fobia a montunear soa me parecia allea a min e ridicula. Toma subidon! (e este figurado, claro). Fobia superada, I can do it!

Ma non tropo, todo hai que dicilo. Para baixar decidin volver por outro camiño que sinalaban unhas frechas pintadas de verde nas rochas… Un camiño estupendo para correr ben: bastante amplio e de terreo firme con pouco desnivel porque vai dando voltas…ata que cheghei alo, ao innombrable, a caida en picado, ao punto en que te asomabas e vias a estrada alo embaixo mentres un algho que subia polo ventre lembraba que tes unha pequena conta pendente coa vertixe, e revives o ridiculo espantoso que fixeches en Penedos do Lobo nas baixadas, que che fixeron bater todos os records de paquetismo trailero… Eu por aquí non baixo,a tomar polo cu
  
Porque digo eu que unha cousa e a querensia polo monte e as ganas de superar fobias, e outra moi distinta e o masoquismo. E mais dunha fobia superada por dia xa e soberbia, digho eu, e por moi riveter que sexa unha, hai cousas que sobrepasan a mesura. Vaaaaale, son mais covarde cas ghaliñas, aquí non hai I can do it que valla.

Media volta, descorro o corrido e retomo a baixada desde a antena esperando ser quen de dar co mesmo camiño de subida sen perderme, mision ben dificil tratandose dunha menda. Pero non imposible.

Bueno, non foi o mesmo mesmiño identico camiño, pero perder non me perdin. De feito, baixei un rato por un medio carreiro medio regato que non tivera o gusto de coñecer. Foi nese punto onde ocorreu a insidensia, ou castañazo, como mais vos preste chamarlle. Mira que houbera oportunidades claras de pegarme batacazos (nunha delas baixaba con tanta alegria que houben empotrarme contra unha rocha, pero milagrosamente parei a escasos milimetros) e ainda asi non mos peguei, e aquí no medio deste regatiño inocente que nin sequera esvaraba… ala vou, collo, esvaro e caio cuan larga son (que non e moito dicir) aterrando nos cobados e quedo ai medio tumbada no regato coma quen esta na praia tomando o sol. Non sei se foi o gholpe, pero pa min que nos segundos que tardei en erguerme e seguir, foi coma se me estivese mirando a min mesma e reñindome..non sei, coma se a outra muller que son cando non estou disfrazada de toureira, suada, afoghada, despeiteada, mollada, cos pes cheos de lama e tirada no medio do monte-, a muller esa tan pouco riveter me espetase: “¿e non che valeria mais estar en Marineda mirando as tendas coma a xente normal? Pero que necesidade teras disto?” Ghindeille un pelouro imaxinario a boba esa pa que calase a boca e seguin. E pa min que ainda me ha de quedar corda para seguir riveteando polo monte adiante.

14/03/2013

CRUZADEME AI OS DEDOS, SE FACEDES O FAVOR

 Hoxe teño o dia libre (yupiii) e aproveitei  un anaquiño de animo que agromou en min e un galano de ceo despexado para perpetrar un deses simulacros de microentreno que fagho eu as veses. O terreo foi mestura de asfalto e pista de terra con escaso desnivel, pero ainda asi levei as Salomon Crossmax toda chea de razon, que como ben dicia Paula, "son ideais para a transicion entre a leira e as pistas cando andas botando o ceboliño" :D

Nesta ocasion, ao meu paquetismo natural cumpria engadirlle enormes doses de prudencia (que malisimamente me cae Prudencia), de modo que foi unha tirada moi curtiña e pausada..."Seguimos no taller, non faghas a tola", repetiame coma un mantra cando ante min se debuxaban tentadores carreiros empinados. Firme no meu proposito inicial, conseguin non pasarme de ritmo, distancia nin desnivel e seguir polo aburrido rejo de terreo estable, o que deberia faserme meresedora dunha pronta recuperacion, verdade?

A magoa non ser crente para poñerlle unha vea a alghun santo ou ao papa Paco, que ven noviño do trinque.
Conformemonos con cruzar os dedos, logo.



10/03/2013

ESCALEIRA AO INFERNO


Chanzos
Vaia palabro ridiculo (e iso que non e esdruxula, que como ben dicia Pessoa todas as esdruxulas son ridiculas, e que fago eu escribindo esdruxulas sen acentos no teclado!!!!)). Un pode crer que e coma quen di chances, e mira ti que tera que ver cando se da a casualidade de que cres que estas recuperada de todo tipo de doenzas e colles e saes a dar unha voltiña moi curta de 25 mins tranquilotes para acostumar o corpo de novo a correr e zas! Todo e acabar, baixar os putos chances ou chanzos ou merda para eles e volves sentir esa condenada dor que te deixa petrificada, condenada dor, condenados chanzos e mecajinas escaleiras todas do mundo e mais no meu xeonllo dereito por non deixarme vivir.

Acabouse o trail, acabouse correr, acabouse todo, pecho o chiringuito e morra o conto. Se o chegho a saber procrastinaba ad aeternum y mas alla, e outro cacho mais.

PROCRASTINANDO

Ante todo: procrastinar, por feo que soe, nin e practica propia de secta satanica, nin tecnica de entreno, nin palabrota, xurovolo; de feito xa existia en latin (o que por outra banda non e garantia ningunha de non ser palabrota, bos eran eles, non hai mais que ler a Catulo naquilo de pedicabo ego vos et inrumabo, mimadriña). En fin, cras, para quen non se cosque, significa “maña”. Bueno, “maña” pero con til aguda (merda, tou ata as partes esas de non ter acentos nesta ruina de portatil), asi que me poño didactica e explico, non vaia ser o demo, que “procrastinar” significa deixar para maña o que sabes que debes facer hoxe -me dispense polas explicacions superfluas a xente culterrima que isto lea…o que induce a pregunta do millon: hai alghen que lea isto? Ai diormio, soamente me faltaba aghora entrar tamen en crise bloghistica, outra vaca no millo; porque o caso e que entrei en crise trailera, runner e mesmo existencial (dispensando polo palabro, novamente). Todo foi unha cadea de imprevistos, sobreentrenos, gripes, supercompensacions, dorcisima de moas -idiotas delas-, antibioticos, cambio de traballo… E cando todo remata, que queda?

Vaghansia suprema. Pero asi, sen mais. Botas semanas desexando recuperarte para sair a correr, e que raio pasa cando te encontras de marabilla e sabes que por fin, por fin podes? Pois que amences transmutada en zanghana, pero zanghana zanghana de toda a vida. Que si, que hoxe foi todo unha cousa de querensia profunda polo edredon e de escoitar a choiva tan ricamente instalada na molicie. E non por nada, pero que ben se estaba… Eu por veces tiven tentada de autoinflixirme unha hostia, de autoimplosionarme* unha labazada ben ghrande, pero nin con esas. E pensaba en Corredoira que andaria pola ultra de Bandoleros, e en Iaga, Seixi, Paco e Manuel na nocturna de Vilatuxe, e eu que desde Moaña case non peguei pao a auga, quitando alguns hipoentrenos autocompracentes… Duas semanas sen correr DUAS SEMANAS SEN CORRER, that’s incredible. Home, facer, facer, hoxe algo fixen: ao final fun a piscina e patinei. Vale, pero cando vas cun neno a piscina –polo menos co meu- acabas facendo calquera cousa menos nadar: andar todo o rato con el a cabaliño, competir a ver quen aghuanta mais coa cabeza dentro sen afoghar, saudarse dentro e fora da augha, virar cual derviche… E patinando? Patinando ainda e peor, vaia frikis: hoxe por fin declaramos pasado de moda o xogo que consistia en pillar ao outro berrando “Hola! Soy Iñigo de Montoya! Tu mataste a mi padre, preparate a morir!** por outro que consiste en intentar tocar ao outro coa espada de Darth Vader. Vaia xenios, nos os dous.

En fin… Maña VOU CORRER

De maña non pasa. E se pasa, rebautizo a cousa esta como “Cronicas da Tonta do Bote” ou algho asi.

* Ghrasias, Maria Reimondez
** Ghrasias por La Princesa prometida