Acabo de correr 45 minutos xustos, nin unha decima mais, polo Monte de San Pedro.
Acabo de ducharme.
Acabo de zamparme un pratazo de xibia e unha Estrella Jalisia.
Acabo de decatarme de que sigho paresendo o ghlobo de Betanzos.
Asi como os ultrarunners supercompensan moi merecidamente, aquí este ser mais ancho ca alto dedicase a hipercompensar calquera hipoentreno, e asi non cheghamos a nada.
Maña, aproveitando que mando ao cativo a facer manualidades en El taller de la Luna , teño pensado incumprir a promesa aquela de a dios pongo por testigo nunca mas pisar un gym e cometer unha boa sesion de eliptica e pisci. Si, pero cando acabe, que?
Diormio, dame forzas para non hipercompensar coma o porquiño da ceba. E se non mas das, daquela mandome interna as castigadoras de Burgos para que me poñan a pan e augha, a verse dan feito bo de min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario