Hoxe teño o dia libre (yupiii) e aproveitei un anaquiño de animo que agromou en min e un galano de ceo despexado para perpetrar un deses simulacros de microentreno que fagho eu as veses. O terreo foi mestura de asfalto e pista de terra con escaso desnivel, pero ainda asi levei as Salomon Crossmax toda chea de razon, que como ben dicia Paula, "son ideais para a transicion entre a leira e as pistas cando andas botando o ceboliño" :D
Nesta ocasion, ao meu paquetismo natural cumpria engadirlle enormes doses de prudencia (que malisimamente me cae Prudencia), de modo que foi unha tirada moi curtiña e pausada..."Seguimos no taller, non faghas a tola", repetiame coma un mantra cando ante min se debuxaban tentadores carreiros empinados. Firme no meu proposito inicial, conseguin non pasarme de ritmo, distancia nin desnivel e seguir polo aburrido rejo de terreo estable, o que deberia faserme meresedora dunha pronta recuperacion, verdade?
A magoa non ser crente para poñerlle unha vea a alghun santo ou ao papa Paco, que ven noviño do trinque.
Conformemonos con cruzar os dedos, logo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario