O peor que me podía pasar era
non pisar o monte.
E
pasoume. Quitando pequenas excursións, foron máis de tres meses amoreando gañas,
coleccionando envexas de crónicas alleas, contabilizando saudades por non verme
enchoupada, enzoufada e enlamada; morriña de perder balizas, de perder folgos,
de perderme e correr, arfar, agatuñar, suar e rematar escachando coa risa.
Quen
non o probou non o entende. Que por esa privación acabes pasándote ao reverso tenebroso e desenvolvendo,
como di Lorrie Moore (aí vén a cita), “un tipo de tristeza muy especial,
individual, que por su incapacidad para provocar lástima, por su falta de
brillo, elude la poesía y entra de lleno en el terreno de la ciencia”. Da ciencia, si. Porque
vamos a ver, a cabesiña tíñannola que mirar a todos os frikis do monte,
arredemo. Como por exemplo a estes de aquí:
Vaia pintiñas. Como uns 80 os que nos xuntamos en Aranga o 28 de decembro seguindo a
estela dos lunáticos máis inspirados, ilusionados e ilusionantes da contorna, o
Jabalí do Sacho e Blas, que xunto a Raquel ofrecéronnos un galano inesquecible:
o mellor manicomio ao aire libre de 2013 (creo estar roubando algunha expresión
de Nacidos para correr, dispensando).
Tamén lle chaman free running, seica.
Estes son os do lío
Bueno,
o caso é que tolos había alí a esghalla e de toda condisión: desde os máis
lixeiros desta banda do río Mandeo ata as señoras pequeniñas tristes disfrazadas
de Darth Vader coma min (“se echa el tarot, se toca el violín, se da pena”,
como disía E. Mendoza), todos cunha idea fixa na mente: despedir o ano como máis
mola. E a poder ser, sen romper a cabesiña. Ou rompéndoa, que carallo. Total,
xa a traemos escangallada da casa. Ou non, quen sabe? Todo é relativo. Como ben
escribía Torrente, “las verdades como piedras, a lo largo de dos mil años,
pierden mucho de su fuerza de persuasión, y más en un clima como éste, de
tantas nieblas, que las hace porosas e inconsistentes”. E na beira do Cambás
non vos quero contar como son. As pedras, non as verdades. Molladas, falsas e
traizoeiras, cantan coma as sereas a Ulises “ven neniña, ven, ven romper aquí
algho”. Nai que as pariu. Xa hai case un ano, cando fixera parte da ruta con Cándido,
acabara lamentando moito a existencia en xeral dos cuádriceps e dos movementos
exocéntricos (que non se diga que non somos de casa técnica). Por iso este ano
agradecéronse moitirmo as cordas para axudar a aghatuñar e non caer a rolos no
río (opa aí a orghanisasión!)
Pero
non se agradeceron tanto como a atención omnipresente da experta montañeira Raquel,
gran pastora de calamidades coma nós; pero sobre todo… sobre todo… Merda, qué
vergoña. É ighual, aí o vai: sobre todo, que estivesedes todos aí. Jabalí, Raquel,
Blas, Cándido, Manuel, Luis, Carlinhos, Quirina, Palote, Luís o da cámara, Paco,
Rafa Corral, Guti, Susana, Norris e Boimortos todos, Begoña e seu clube de atletismo de Sada,
e tantos e tantos outros que convertestes o trail nunha festa rachada.
E
se vos pasa por esa cabesa avariada que me estou poñendo sentimental e
lacrimosa, levádela clara. Eu a Aranga fun pa lucir o disfraz de Darth Vader e punto,
así que caládeme a boquiña, inde lavar os dentes e a durmir, e non me subestimedes o
poder do lado escuro, que logho pasa o que pasa.
Outra de Tuchi Fernández
PD: Viki e Carlos... un millón de grazas! :)
¡Una crónica genial, como siempre!
ResponderEliminarGhrasias.... E levas razón, señor alcalde, vai embutida a presión coma os xenios das lámpadas. :D
Eliminareu vou organizar trailes amigables soi para leer as cronicas.....Boa contadora estas feita rapaza.
ResponderEliminarBenvido ao maquis virtual, Blas :) Unha honra ter por aquí semellante máquina... E xa sabes, organiza canto queiras, que quedamos con gañas de máis
EliminarQuedei abraiada Rosa!! Que xeito de escribir! Grazas a ti por facer o día máis divertido...e, si, estamos un pouco toliños...pero, de algo hai q padecer non?...;)
ResponderEliminarEstás na túa casa, Rakel, pasa e acomódate :) Eu si que quedei abraiada do xeito en que te moves polo monte, xa me ghustaría... E que nos dure a bendita tolería :D Un pracer coñecerte e compartir quilómetros, xa estades argallando outra!
EliminarQuedei abraiada Rosa!! Que xeito de escribir! Grazas a ti por facer o día máis divertido...e, si, estamos un pouco toliños...pero, de algo hai q padecer non?...;)
ResponderEliminarGracias a ti , aquí lo pasamos tan bien por gente con tan buen rollo como el tuyo , un besazo pequeña gran Rosiña!!
ResponderEliminarVenga, que ya estamos, vámonos que nos vamos! :D Soamente nos faltaba a visita do fabuloso Jabalí do Sacho para xuntar neste lameiro os máis grandes argalladores de eventos montunos! Hoxe sacamos a alfombra vermella e as zapas de estrea, mecajina! Ghrasias, Pedro, unha aperta ghrande coma ti
EliminarXa botaba eu de menos as tuas crónicas......de tanto andares pola Torre tiñas abandoado o monte !
ResponderEliminarnon perdas as boas costumes de contarnos as vivencias dende o teu punto de vista, xa que senón perdemonos un anaquiño do Trail.
Bikos
Carlinhos de Souto
Carlinhos do Souto, xa me tardabas! :D Ghrasias por estar sempre aquí dando azos, rapás -e polo transporte tamén; de non ser por ti tería pasado por Tombuctú antes de chegar a Aranga, xa todos sabedes como son :) Xa mirarei de ir cadrando as cousas co cativo para poder montunear e perpetrar crónicas máis a miúdo... Logho non vos queixedes :D Unha aperta grande para ti e para Loli, bicos a esghalla
Eliminar