Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo, inauguramos sección informal centrada en mulleres corredoras, e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.
Hoxe, en vivo e en directo, as respostas dun DELFÍN SOLITARIO. Trátase dun ser esquivo para segundo que cousas e de natural tan humilde que non quixo faser unha presentasión e claro, deixoume a min o traballiño. Cajonojlorio. Pois que saibades que é unha auténtica todoterreo e unha teimuda de primeira categoría desas que se propoñen un reto de 100 km e acaban fasendo 150 (verídico); desas que son capases de botarlle un 10 de asfalto pola mañá e unha media de monte nocturna o mesmo día e aínda quedan con jañas de máis; desas ás que o mundo lles queda pequeno cando montan na BTT; desas que esquecen recoller o trofeo porque van apuradas a faser outra máis jrande. Jrande coma ela. Escoitade:
- Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running?
Correr correr un par de anos, tal vez tres. Pero sempre fixen deportes varios, taekwondo, aerobic, ...
Foron a partir dunha lesión na espalda. Non me solucionaban nada, e segun ía podendo ía aumentando km moi despacio.
- Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?
Ademais de ir conseguindo cousas, cando estas acostumbrada a que che digan que non vales, ou non podes, e que non teñan confianza en ti ... cambiar o chip da cabeciña e ter esa confianza é moi dificil... Unha tal autoestima ... ás veces brilla pola sua ausencia... E ainda que nalgun intre estivo ahi, escondiuse, e non quere voltar...
- Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
- A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?
- Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir?
E fai uns anos cando no concello de D. se iniciaron unas clases de btt para aprender a técnica, chamei o concello e falei co técnico de deportes e me dixo "q seria a unica tia", nin que a min me importara eso... E logo de dicirlle que o consultara e deixarlle o meu movil... ainda sigo esperando a súa chamada. Ainda que recado mandeille... e a súa contestación foi que fora un malentendido... Pero sin chamada incluso para subsanar o malentendido...
- Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller?
- Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
- Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?
- Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
- Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?
- Que momentos foron os máis especiales para ti como corredora?
Ningún comentario:
Publicar un comentario