24 de set. de 2014

NACHAS' POWER IS BACK 3 - O CANTO DA SEREA

Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo,inauguramos sección informal centrada en mulleres corredoras, e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. 
Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.

Cóntovos un segredo? Hai nesta costa unha serea que por veses dá en adoptar forma humana para correr maratóns e outras probas de asfalto. Disque a viron subida a algún podium e entrar de oitava nesta edisión da Carreira da Muller, da que é gran defensora. Eu non cría nas sereas nin na utilidade das probas femininas, pero desque lin o que tal escribiu no seu blog e nos foros de Correr en Galicia, aquelas declarasións tan desididas e cheas de sentimento, varréuseme a vontade inisial toda e mesmo veume á cabesiña poñer a andar este cuestionario, pero claro, foivos todo por culpa do canto da serea. Escoitade:



Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running?
Levo 5 anos correndo, comecei porque o meu mozo corría e de tanto insisitir un día fun con él.... conseguín correr 30 min. e dende aquela sigo......
Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo? 
Que me sinto xenial física e animicamente, que é o meu momento do día, que é das cousas que máis me gustan da vida, que cando corro son Libre, volvo a ser unha nena.

Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, porque non? 
Son corredora de asfalto, de carreiras populares, de correr kms moitas veces soa e acompaña outras.....fixen a maratona da Coruña a 2012 e a 2014 e me sentin xenial. Tamén nado dende fai 6 anos, este verán comecei a facelo no mar, é fantástico tamén, pero para isto penso que é máis segura ir acompañada con alguén, a bici non me levo moi ben con ela, pero insisto..... probei o triatlon, pero como digo non son boa na bici. Os Trails son unha forma diferente de correr, pero tamén require máis esforzo e máis técnica, para min o final o máis doado no día a día e sair a rodar kms e kms....

A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto? 
É unha obsesión que teño dende que comecei a correr, porque somos tan poucas? As razóns son sinxelas están ahí........a familia, o traballo, os fillos, as responsabilidades......As mulleres por educación sempre antepoñen a familia a elas mesmas.......e o tempo é limitado, ou saes a facer deporte ou te adicas a familia, e non está ben visto socialmente, as mulleres neste aspecto debemos ser máis egoista e coidar un pouco máis de nós mesmas, xa que o deporte é saude e benestar

Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir? 
Si, polo que comentei antes, pola educación, pola sociedade......

Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller? 
Discrimanada non. A maioría dos homes queren ver mulleres nas carreiras, e moitos animante e se sinten contentos de correr ao noso carón......non é un tema que os homes discriminen as mulleres nas carreiras, é un tema de sociedade da vida que vivimos, de educación.



Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo? 
Carreiras como a Carreira da muller si, porque anima as mulleres que non o fan habitualmente a probar, e que vexan que poden, non Clube Atletismo Sada, o domingo 20 mulleres correron por primeira vez unha carreira, e seguirán a facelo seguro.....
Segregada non, non confundamos, unha cousa é unha carreira para incentivar e promocionar, outra cousa é a segregación.

Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto? 
Persoalmente, non me gustan este tipo de revistas, nunca as leo, pola outra banda entendo que "Hola" foi unha das marcas que promocionaban a carreira é lóxico que agasallen co seu producto é un tema de Marketing ..........preferiría outro tipo de revista por suposto, pero tampouco é un motivo relevante para que me inscriba ou non.

Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular? 
Feminina en particular, Guarderías para as nenas e nenos, para que as nais poidan participar tranquilas.




Cal é a túa atleta máis admirada? Por que? 
Todalas mulleres que vexo e que me cruzo con elas correndo, sei que para elas é un esforzo, e en particular a miña irmá Inés!

Que momentos foron os máis especiales para ti como corredora? 
Correr a Maratona de Coruña, o primeiro ano co meu mozo e este ano coa miña irmá, ambalas dúas lesioandas e mortas de medo pero conseguimos chegar a meta, as dúas xuntas, sin axuda, grazas ao noso esforzo, iso é o bonito de correr!


Ningún comentario:

Publicar un comentario