Se hai unha cousa que me indigna aos meus 46 tacos e tomar consciencia de que vou pa vella. Que a cabesa vai por un lado toda contenta pero ao corpo non lle entran as ganas de festa.
Asi que hoxe tocou operación xeonllo, ese malcriado que por veces require mimos e como non llos deas mal asunto. Xa se me empezou a queixar no ultimo tramo da ruta cedeiresa, asi que onte intentei emborrachalo un pouquiño en plan sabado sabadete, por ver de revivilo un pouco, e o pobre hoxe amenceu aparvado de todo, ocasión que aproveitei para levalo de pateada pola costa do Dexo asi coma quen non quere a cousa. Ao final aghuantou catro horas sen protestar; agora ben, entre as duas horas de ida e as case duas de volta tivemos que facer unha pequena escala tecnica para darlle unha cocacola light e a obrigada tapiña domingueira de callos que viña de oficio coa consumision. Que ben maridan os garavanzos e a cocacola light. E que gran gourmet se perdeu comigo. Veña fibra, imos espabilando e deixandonos de mixiricadas. Que como ben di Manuel Rivas, “o que quere a literatura e fibra para correr campo a traves”.
E como ben di Corredoira: “Lume, carallo!”
Xa me tarda volver a correr e deixarme de palabrerias.
Eu pensaba que era cuarzo e disque e porfirio. Igual as veces ta ben non correr e parar a ler os carteis para ir saindo de burra.
Magnificos os canzorros (dispensando) da igrexa romanica de Dexo
Buena crónica , enhorabuena guapa.
ResponderEliminarFenomenal relato, a seguir así y mejorar la rodilla
ResponderEliminarGrazas, Cibreiro! Correr non correrei, pero o que e falar :D Seguirei entrenando canto poida para chegar a unha decima parte da velosidade que levas ti :D
ResponderEliminarCandido, benvido a este lameiro. Eu queria escribir coma ti pero non me sae, mecachisenlamar... O xeonllo... Heino mandar interno, tantos disgustiños me da :D En fin, tamos trabajando en ello
ResponderEliminar