4 de xuño de 2014

A CULPA FOI TODA DE BLAS (Bostallars of my life)




 Que inesquecible galano, este pensamento de Evelyn Waugh en Retorno a Brideshead:

Me gustaría enterrar un objeto precioso en cada lugar donde haya sido feliz, y cuando sea viejo, feo y triste, volver para desenterrarlo y recordar

E ben felices fomos nos Ancares os trinta que aló nos xuntamos, pero será que como eu xa vou vella e…e tal, no canto de ir sementando as nosas pegadas de obxectos preciosos, collín e estraguei o charming todo da cita de aí arriba enterrando os carpíns nunha morea de bosta aló no Piornedo, porque xa me cheiraba a min (nunca mellor dito) que non taba pillando ben o espírito Brideshead, cajonodemo, pero a culpa é toda do Blas ese o do Carroucho, e se non prejuntádelle a Raqueliña, que non sei como o atura, e se non que volo digan tamén Edu, Antonio, Trini, Jose, Charli ou Javier, carrouchos deses grandes coñecedores dos montes todos e do demo do Blas.

 Aquí na foto ata parese boa xente, pero non vos fiedes. 
 E o ben que casou? A foto é de Pocholo

A cousa é que o cativo ese acirrounos a unhas trinta bestas para irmos despedir o mes de maio suando a camiseta na segunda edición do Ancares free trail perpetrando dúas rutas de duresa aljo importante:


Ao que estamos: que tan malladiña chejei ao rematar as oito horas de ruta do sábado, mimadriña, todo o tempo tentando non perder de vista o grupo dos chulitos, autodenominados “rápidos”, que a min non me enganan, que a culpa do ritmo infame ao que me someteron é toda de Blas e tamén de Carlinhos de Souto por querer voltar a tempo para ver o partido do Dépor, cajonofúmbol, que aquilo foivos  un auténtico espectáculo de sucesivos e despiadados corre - camiña – rebenta – caedecunorío -cájatenodemo- arfa - súa- aimima - euporaínonvou - zoupa - arrola- quenmemandabaamin – ajatuña – rebenta – desajatuña – rabuñadadoente - aiosmeuscuádriceps – repta – trota –cágatelorito – voupresadoscadrís - corremullerquexatamoschejando. Pero así cun estilaso tan pro que se me chega gravar todo o rato a min soa o Alberto Morlán do clube Atletismo de Sada a miña película había de eclipsar a de Kilian e os Summits of my life. De his life de Kilian, quer disir. Por se non vos decatastes, calamidades, podedes recrearvos cos vídeos que gravou Alberto pichando nel aí arriba. Bueno, pinchando no enlace. Pobre Alberto.

 ¿Hai que subir todo isto? Foto de Jose, o da GMTA

Di Javier Estévez que si que había que subilo

 ¿Hai que baixar todo iso? Foto de Jose, o da GMTA

 Haino que baixar, si señor. Esta foto tamén é do Jose GMTA
Creo que todos lle chaman Jeff, ou Jess, ai dios, que mala memoria teño



Parese que xa me dá vergoña repetir que esta tamén a sacou Jeff, ou Jess

Mira, xa non digo nada


Nin aquí tampouco

Aquí si, que esta foto é de Anita

 
Isto era moi estresante Carmiña. 
Outra do Jess, ou Jeff.

Aí arriba tedes a proba do estado lamentable en que chejamos aljúns, cans incluídos, no retorno ao Piornedo, coma quen di a Brideshead pero desta banda. Era o momento de sacar as zapas molladas, relaxar os pés, estirar e entrar en trance repoñendo forzas, tan consumidiños e deshidratados aparecimos que as malas linguas deron en disir que os pelexos estes cheos de merda, mentres agardabamos a chegada do grupo andarín, esgotamos as existencias todas de tercios Estrella na Cantina Mustallar, pero para min que a culpa foi toda de Blas, que eu cervexa non bebo, non:

Papounas todas o Blas, a culpa foi del

E así, entre raudais de endorfinas liberadas e reconfortante lúpulo fluía pracenteira a típica parola na que enredan os auténticos pros da montaña, talmente como falaría Marco Olmo ao rematar a UTMB caso de Marco Olmo non ser vegano, como Paco (moita pasiencia, María) nin abstemio como…bueno, como alguén que sexa abstemio. Os retallos daquelas observacións tan técnicas antóllanseme dignos de lembransa:

“Vouche pedir unha bolsa de patacas fritas, Ezeq?” “Viches como corrían os cans de Susana e César? Quen me dera!” “Pedídelle aí outra ronda, que esta a pajo eu” Di Luis que ao final Blanca vai deixar o cativo en Lugo e que chegará á noitiña con Felipe” “E que ben remendaches as zapas!” “Pon aí aljo de chouriso, que a fame é nejra” “E como no Courel non fuches á ultra, landrú? ” “Aaaai, que ben senta a cervexa ben fresca!” “Cala a boca e déixateme de minimalismos, calamidad” “Probaches o chouriso?” “Coño, Anita, que máquina, fuches á Traveserina?” “Que riquiña Bea, e non trouxo un tupper con percebes polo legado do Tibu?” “E hoxe que desnivel acumulado fixemos?” “Deixade percebes para os da andaina, lasmbóns!!!!” “E ti  tes todas as unllas dos pés, Miguel?”  “Aí vén o Blas con máis chourizo!” “Xisco, como levas o do tirón?” “Queda pan?” “Levas razón, Manuel, ser bípede está sobrevalorado” “Quen lle toma outra?” Quen descargou o track de mañá?” Mágoa que Luis e Magono teñan que marchar hoxe! “Tamén o Norris non vir por quedar a sulfatar as patacas…” “Lestes a crónica do Jabalí do Sacho? E non lle papou medio bocata a unha voluntaria na UTAC?” “O Damián disque foi na andaina porque ta lesionado” “Mira o can roendo nos percebes!!!!” “Ai Jose, pois se vas de escoba no Pindo igual me animo a facela contigo”

 Aquí xa se ve a xente máis supercompensada


Disque somos siareiros dos alevíns do Cambre. 
A bandeira esa azul e branca dixo Ezeq que era do Grecia, non sei


Chega a hora de retirarse ao hostal Novo en Campo da Braña e ocórreseme dilatar o momento relax camiñando cos demais cara aos coches coas zapas na man, sentindo como os pés se adaptan ao chan en cada pisada e deixándome invadir por instantáneas das imaxes atesouradas durante as horas recentes: o cálido arrecendo a café na cantina Mustallar entre apertas e risos de rencontros, o frescor do aire na capela, o son tan leve das nosas pegadas, o murmurio ao seguir as correntes do desxeo, os reflexos nos lagos de Burbia, as abas pintadas de uces e xestas, as cristas escarpadas, os azuis, grises e brancos inmensos de ceos abertos, a compaña reconfortante de Luis e Ezeq nos momentos máis duros, a morriña dos tres pola ausencia do noso alcalde Cándido, de Rafita e demais Koruños, a sensación de plenitude ao coroar o cume do Mustallar, a ensoñación de camiñar sobre nubes percorrendo brañas mentres deixas afundir cada pegada xusto como ocorre agora…Ein? como que xusto como ocorre agora??? Aidiormío, xusto como ocorre agora que estou enterrando os calcetíns na bosta toda de Piornedo, será posible, que tamén fai falta ser imbécil, cajonobucolismo, e tanta historia do retorno para acabar coroando o Bostallar of my life, vállame o palabro, pero a culpa toda tena Blas, díjovolo eu, que a ver a quen se lle ocorre levarnos de paseo por un sitio tan cagado, que eu de verdade non sei como a Raqueliña o atura, que nin sementar obxectos preciosos nin nada, a el era a quen tiñamos que deixar aló castigado nun neveiro do Bostallar, ou Mustallar, ou como se diga, e recollelo de hoxe nun ano no Ancares free trail terceira edición, o malo que mentres tanto a ver quen raio nos guía por lugares deses que te fan soñar e querer retornar a recuperar lembranzas, e nada máis que por iso haberá que levantarlle o castigo ao rapaz, pero coa condición de que vaia liando outra paresida, que xa nos tarda. Estamos?

Ala, ala, que, xa son horas, índeme lavar os dentes, durmide e soñade co retorno ao Piornedo, que eu aproveito para argallar o xeito de poñervos a parir na seguinte crónica sobre o domingo en Tres Bispos.


Pocholo`s picture? Picture by Pocholo?



4 comentarios:

  1. miña naiciña, Rosiña estas feita unha poeta...... e si foi culpa do Blas correr detras del e dalle uns paos......

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Prefiro pedradas, váleche? Por aquilo do poema e da pedrada na cabesa que disía o outro :D

      Eliminar
    2. estou contigo Rosa...pero antes afina a puntería ehhhh...;)

      Eliminar
    3. Xa tou practicando o tiro ao trol, Raqueliña. Se van enterar ;)

      Eliminar