Eu
de verdade que mo contan e non dou creto. Ta mundo do revés. E ben
reviradiño. Nunca tal se vira. No
mo credes? Pois eí vai unha adiviña:
- Poñamos que hai un trail. O 1º Brigantia Trail na Coruña
- Poñamos que ao rematar a proba hai jaspacho, que vai unha calor que nin dios.
- Poñamos que anda por aí Almudena Suárez, que acaba de chejar con sete medallas do World Police & Fire Games nos EEUU. Unha atleta impresionante.
- Poñamos que ando eu por aí tamén.
A
ver, adiviñade: quen lle serve o jaspacho a quen?
Almudena. O día do trail ía vestida normal,pero así impresiona máis.
Efectivamente,
Almudena. E cun sorriso de orella a orella, así como é ela. O mundo do revés, talmente. A supermedallista atendendo o
avituallamento final, e a tonta do bote papando no jaspacho. E ben que
papei nel. Por deshidratasión, por verjoña ou por considerar aquilo
un luxazo, ou un desperdicio, non sei. Tres ou catro vasos de
jaspacho ben deberon caer.
Birra
tamén caeu aljunha (tou falando da post carreira, non vos
confundir), pero esas foron pola cousa social, que me perde. É que
aló no bar había un desfile interminable de coñecidos:
os do trail curto, aljúns da orjanisasión, familiares, corredores
do trail longo, e non sei se aljún despistado que pasaba por alí
tamén, que isto de correr dispara as endorfinas e lojo enredas que
dá justo. E botei ben máis tempo no bar que correndo, onde vai
parar, que case pechamos o chiringuito a Mónica, o Cabañés mais servidora.
Porque
na carreira moito non corrín tampouco. Pra as fotos, e non pra
todas. Caer si que caín e sanjrín polas mans. Inda menos mal que
non enfuciñei directamente. Tamén afojín coa sede. Por boba, por
non levar bidón nin mochila Doradesbrosadora. Pa que, disía eu toda
sobrada, se son 12 km cun avituallamento aí no 7 ou no 8... Pa que?
Babeca. Soberbia. Idiota. Animal. A partir do km 5 soñaba con oasis
reparadores, mananciais de augas cristalinas, fontes en deliciosas
florestas umbrías e así. Do 6 en diante teríame conformado cunha
tasca. Lojo ao ver a Raqueliña no toldo do avituallamento quíxenme
postrar aos seus pés e renderlle pleitesía, pero como fun a un
colexio de monxas barato son bastante maleducada e soamente dixen “Ei
Raqueliña!” e trajei a auja con bastante ansia e escasa
moderasión. Raqueliña, a raíña de Tamadaba, a gran montañeira,
que lojo se incorporaría como escoba ao trail longo con Blas. E aló
no medio da nada servíndome auja. O mundo do revés.
O avituallamento, retratado por Raquel
Nestas
cavilasións sejía o camiño cando crin presenciar unha aparisión,.
Sonvos moito de aparisións por deshidratasión, eu. Desta ves non
era a Virxe da Barca, nin santo Hadriansiño de Malpica, nin Aduardo
(Pondal) sequera, que tabamos nun trail periurbano sen faros, santos
nin bardos. Foi a cousa que miraba eu para un cartel que disía:
“trail curto” cunha frecha cara á esquerda e a piques taba de
trochar monte arriba, mandadiña coma son, cando sentín unha vos
falarme así: “por aí non, Rosiña, calamidá, non les que pon A
VINTE METROS?” Erjín a ollada, e aí taba el, a vinte metros, a
aparisión, o jran Mijel Bernárdez en persoa jiándome polo bo
camiño, o mundo do revés, pero canta alejría, por dios! Ijual
moita alejría el non levou de que lle dese aquela aperta tan jrande
así suada como ía, non sei. Era por transmitirlle o meu apoio e a
miña solidariedade pola inxustiza que sufriu como orjanisador do
UTCF. (Cajo nas normas absurdas, cajo en Tráfico e a nai que os
pariu). Anque ijual o que lle transmitín foi un cheiro a sobaquillo
que nindios, dispensando. O caso que jrasias ao Mijel a esa altura da
carreira non me perdín. Perdinme un anaco máis aló.
Mijel Bernárdez xa de volta na sivilisasión
Pero
é que de verdá que me perde a cousa social, como vos disía antes.
Enredei, fun enredando. Porque apareseu Marta, que se retiraba do
trail longo. Eu con Marta cadrara no outono atendendo un lesionado
mentres non chejaba a ambulansia nunha carreira de asfalto do meu
barrio. Ben poucos corredores pararan nin sequera a prejuntar
daquela. Cousas do asfalto. Ver unha persoa tirada no chan e non
parar. Iso no monte non pasa. E se pasa, a quen non pare chimpámolo
ao río. Son ese tipo de cousas as que nos fan amar o trail e
fuxir do asfalto coma da peste... Como escribiu o Mark Twain: “Agora
que fixen a proba, prefiro ser pirata”.
Momento saída
O de "cívico" é mentira podrida. Tan todos a monte.
Os que se salvan son os escobas, en primeiro termo
Foto de Ignacio Senín
Fotos Quito
En
fin, como había moito que laretar, a Marta mais servidora sejimos a
ritmo lesión con tanta tranquilidade e palabrerío que nunha destas
corredoiras caimos na conta (caeu ela, eu vivo felis) de que nos
faltaban as balisas, fíxate. E a conversa fora ben ajradable, fue
bonito mientras duró pero nos estábamos haciendo daño, e tal.
Media volta e arreando.
Conste:
xúrovos que nunca un trail tan ben sinalizado houbo coma este.
Cajoenros. Chejan a poñer fita continua e cen mil mijelesbernárdeces
jiándonos e pérdome ijual. Que tan ben se me dá. Iso e os bares.
Que o saibades. Bueno, xa o sabedes. De memoria. Que xa vos teño
aborrecidos de vir sempre coa mesma cantilena, que se me perdo por
aquí, que se non corro unha merda, que se tropezo con aquilo... Pero
é a miña estratexia. Sacar a relocer as miserias. “As cousas
malas, como as patacas, canto máis as enterras máis fortes van
retoñar”. Díxoo Suso Lista, que é á literatura o que os
brijantios son ao deporte, e non me discutir, que vos jindo un xeixo
á cachola. E índeme lendo Xeixos, animais, que non vai ser todo correr.
Sijamos.
Bueno, quen queira. Eu escribo outro cacho; vós se queredes ledes, e se
non, sejuro que tedes cen mil cousas mellores que faser. Non dou
imaxinado cales, pero aljunha ha de haber.
Tabamos
dando media volta na procura das balisas. Alló
nun cruce taba o pobre do escoba ajardando, que non lle debían cadrar as
contas dos corredores. Meu rei. Sejuro que tamén é un atleta do
copón, que ta o mundo do revés, non cansarei de repetilo. Moita envexa
me daba o escoba. Non por intuilo atleta do copón, que para esas
cousas sonvos máis de admirar que de rabear, e tamén mellor me é.
Non. A min dábame envexa pola equipasión. Porque fora recollendo as
balisas e tíñaas penduradas da mochila e ao correr aquilo dáballe
un aire tan vaporoso que eu tamén quería. Xa imaxinaba faserme unha
saia hawaiana coas fitas e entrar na meta toda tuneada, glamurosa e
sobre todo tapando o cu, caso de haber fitas abondo. Ijual xuntando
as do curto e as do longo alcansaban, non se sabe.
Outra de Ignacio Senín
Vou toda chinada sen saia hawaiana
En
fin, fun rematando o percorrido e o rapás tamén aljo o debín rematar dándolle a brasa sejido. Fixen coma quen corría diante
dun fotójrafo e canteille a de Carros de Fuego. Lojo xa case entrando
saudei a Jana e a Priscila que taban de apoio, outro desperdisio, por
favor, coma o Quito, que ta o mundo do revés, que dijo eu que eran
eles os que tiñan que tar correndo e nós mirando por eles, que se
mo chejan contar non dou creto, de verdá.
O
mundo do revés, si... Pero sabedes unha cousa? Estes cativos do Brigantia orjanizaron o evento tan ben como corren, ou mellor aínda. O que
non farán o 23 de agosto en Ponteceso xa con faros, santos e bardos (Aduardo mediante)? Vai ser de non crer.
Os brijantios recolleron todo nun pispás
Foto de Quito
PD: aquilo taba inzado de xente do CAS, que é o mellor equipo do mundo mundial.
Se non o dijo lojo rifan comigo.
Aljúns CAS, Mónica e servidora, que disque son do CAS pero nunca compro a camiseta porque fai bandullo
Alejría!!!