- Dime, Pierre, se a final ían gañar todos, por que fixeron unha carreira?- preguntou Annie. [...]
- Porque estaban mollados e querían correr para secar. Ademais, Alicia atópase nun mundo marabilloso no que nada ten sentido.
- E por que nada ten sentido?
(Santiago Lopo, A
diagonal dos tolos)
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Heroe arquetipicamente masculino a enfrontar dificultades tremendirmas e/ou a recuperar a honra perdida e/ou a mallar no inimijo en batallas eternas e/ou a conquistar territorios para o seu rei; porque ademais de machirulo, o heroe épico adoita ser bastante lambecús. Amais de mentirán e trampulleiro, sempre invocando a axuda divina e tal.
E as mulleres épicas?
Májoa dan. Unhas que se dedican profesionalmante a ajardar polo seu
heroe tecendo e destecendo, outras que "fican remanidas", outras que
son “desondradas” e sofren coma cadelas... E as poucas que parece
que o pasan ben, esas non valen para casar con elas, sonvos malas
coma a peste.
Xa o disía a miña avoa.
Foi unha jrandísima lectora, pero sempre disía que ela non lera
Guerra e Paz. Lera Paz. As batallitas saltábaas. Quen
as quere. Vale, Guerra e Paz non é épica, pero poño o exemplo para
entendérmonos.
E diredes vós que por
que me meto coa épica aquí no maquis.
Por aborrecemento. Porque
hoxe en día non hai crónica dun ultra, mesmo de carreiras de
distancia media, na que non aparesan os palabros “épico” e
“heroe”.
Heroes de que? Tamos
aparvados/as?
O verdadeiro heroe non
desexaría ser tal. Hai pouco lin unha frase semellante a esta. Canta
razón. O verdadeiro heroe non desexa ter que loitar por superar a
adversidade. A desjrasia cébase nel, non é que el vaia buscala. Ou
a obriga contraída. Ou aljo superior á súa vontade.
Para nós, que terá de
heroico, por exemplo, roubarlle horas á familia para ir competir ao
quinto carallo? (dispensanso) Heroico en todo caso será o papel que
lle toca á outra parte da parella se ten que “ficar remanido/a”
coidando dos cativos ou limpando a casa ou facendo os recados fin de
semana si e fin de semana tamén mentres o seu / a súa churri, tan
épico/a el/ela, se escaquea correndo tropecentos mil quilómetros
por darse o justo para lojo coljar as fotos no feisbú. Non sei por
que carallo poño isto de el/ela, épico/a, tendo en conta que son
maioría aplastante as que “fican remanidas”. En fin. Deixémolo
estar.
Heroico gastar un
pastizal en inscricións, viaxes e material técnico? Non tanto como
chejar a fin de mes para unha persoa desempregada, non?
Heroico levar a
capacidade de resistencia ao límite por deporte, sofrer
deshidratación, levar uns cortes, rozaduras? Que llelo conten á
poboación siria ou aos milleiros de refuxiados amoreados en Turquía. Os que chejaron.
Foto Julio Flor
Teremos que lembrar que
correr é unha afección coma outra calquera? É opcional para nós;
alomenos para os cidadáns desta Europa mol e olvidadiza. Noutros
tempos ou noutros continentes non foi, non é así. Mesmo nas portas
de Europa non está sendo así.
Recoméndovos moito ler A diagonal
dos tolos, de Santiago Lopo. A
min amais de entreterme quitoume bastante de burra, que xa ten
mérito. Deixo aquí uns fragmentos e castíjovos a pensar, que eu xa
fixen a penitencia:
“Os
grandes mandatarios internacionais arranxaban o mundo facendo
footing, mais ninguén se acordaba das outras carreiras que as súas
guerras provocaban, as dos malpocados que bulían entre impactos de
bombas para non se converteren en efectos colaterais, as dos
sentenciados pola cámara en branco e negro dunha aeronave militar”
“Correr.
O ser humano racionalizara aquel comportamento animal. O instinto
fora amestrado e amortizado baixo o nome de running. Varios
ultratrails do mundo competían coa Diagonal para ver cal ofrecía o
trazado máis esixente […] Carme non ignoraba que o reclamo dos
blogs e de Youtube, e a posibilidade de erixirse en heroe de
internet narrando unha fazaña, ofrecían un pastel moi saboroso aos
organizadores e ás marcas deportivas, que aproveitaban a vaidade
humana e o exhibicionismo para engrosar os superávits das
multinacionais. O capitalismo vira o filón das macrocarreiras, fosen
urbanas ou non”
Vainos
directiño á liña de frotación, verdade?
Échenos moi ben aquelada esta frase de Aníbal Malvar:
O
home, cando é consciente do seu propio aburrimento, convértese nun
heroe en busca dunha causa.
E deixémonos de épicas.
A durmir.