08/06/2013

SERVIZOS MINIMOS

Inzado a mala herba teño o blos a forza de descoidalo. Ai mimadriña. Esta epoca e o que ten, que non miras polo cespede quince dias e xa logho queda a monte.
Por certo… Ola, que tal?
Eu por aquí, coas mans nos petos, pateando un croio, ollada esquiva, cabesa abaixada, asubiando, coma quen non quere a cousa, 6 dias sen correr, 15 dias sen escribir, estado mineral sen signos de vida. E non se estaba tan mal en modo petreo, tampouco vaiades pensar –eravos moito peor o carcere, onde vai parar; o malo eran os remorsos de non ter posto a foto que lle quitei a Paco no caixon TAC, que da outra volta non o mencionei porque andaba eu coa miña teima nachas power forever (e aí Paco, por moi versatil que sexa, non cadraba moito), e porque ademais contaba con perpetrar unha segunda parte ao dia seguinte, se non fose pola ghalbana esta que por veses me invade a traizon.



Este si que non sofre de ghalbanansia

Noraboa, Paco!!!



Canta xente memorable no Courel… O Blas -ese señor co que soamente me comunico no feisbuk, que rara e a vida moderna-, que tamen fixo podium no ultra; Manuel, que tanto loitou consigo mesmo; Luis e Carlinhos, que tanto loitaron co cabuxo asasino; tantas e tantos que o deron todo por rematar trail e ultra, e mentres tanto eu daba en ficar estomballada nun anaco de cespede no km 31 recreandome na sombra destas arbores:



Aquilo antollouseme o retorno a Itaca, o xardin do eden, a terra prometida, o shangri-la. Teria posto o meu vivir a pe do avituallamento, xurovolo, ainda sen birras e todo, que xa e moito disir. Nin sequera cando xa estaba descansada de todo e o Miguel apareceu por ali e me animou a seguir en modo escoba, nin sequera ai o pensei, que xa o disia Uxio, que cada sitio ten un camiño que non vai mais ala, por moita magoa que me quedara no fondo de non compartir os ultimos quilometros co insensato ese que ousou chamarme “doña” e de perder a ocasión de irlle arreando mochilazos, a falta de bolso de pel de crocodilo.
Parece que pasaron anos desde aquela…
No entanto tivemos ao Beserriño triunfando nos aquilianos, hoxe temos a Corredoira enfrontandose cos 215 km da Cerdanya, esta fin de semana o free-running organizado por Cibreiro polas terras das Pontes, o noso Rafita biciclista que xa entrou en Francia…
E eu aquí tirada esghotando as existensias de xeados da Curuña, queredelo crer?

Veremos de ir espabilando para esta que se aveciña:

Free running nocturno Cabo Home

Xa parece que nos vai quedando mais aquelado o cespede.