28 de dec. de 2013

O MELLOR MANICOMIO AO AIRE LIBRE: ARANGA FREE TRAIL

O peor que me podía pasar era non pisar o monte.
E pasoume. Quitando pequenas excursións, foron máis de tres meses amoreando gañas, coleccionando envexas de crónicas alleas, contabilizando saudades por non verme enchoupada, enzoufada e enlamada; morriña de perder balizas, de perder folgos, de perderme e correr, arfar, agatuñar, suar e rematar escachando coa risa.




Quen non o probou non o entende. Que por esa privación acabes pasándote ao reverso tenebroso e desenvolvendo, como di Lorrie Moore (aí vén a cita), “un tipo de tristeza muy especial, individual, que por su incapacidad para provocar lástima, por su falta de brillo, elude la poesía y entra de lleno en el terreno de la ciencia”. Da ciencia, si. Porque vamos a ver, a cabesiña tíñannola que mirar a todos os frikis do monte, arredemo. Como por exemplo a estes de aquí:



Vaia pintiñas. Como uns 80 os que nos xuntamos en Aranga o 28 de decembro seguindo a estela dos lunáticos máis inspirados, ilusionados e ilusionantes da contorna, o Jabalí do Sacho e Blas, que xunto a Raquel ofrecéronnos un galano inesquecible: o mellor manicomio ao aire libre de 2013 (creo estar roubando algunha expresión de Nacidos para correr, dispensando). Tamén lle chaman free running, seica.

Estes son os do lío

Bueno, o caso é que tolos había alí a esghalla e de toda condisión: desde os máis lixeiros desta banda do río Mandeo ata as señoras pequeniñas tristes disfrazadas de Darth Vader coma min (“se echa el tarot, se toca el violín, se da pena”, como disía E. Mendoza), todos cunha idea fixa na mente: despedir o ano como máis mola. E a poder ser, sen romper a cabesiña. Ou rompéndoa, que carallo. Total, xa a traemos escangallada da casa. Ou non, quen sabe? Todo é relativo. Como ben escribía Torrente, “las verdades como piedras, a lo largo de dos mil años, pierden mucho de su fuerza de persuasión, y más en un clima como éste, de tantas nieblas, que las hace porosas e inconsistentes”. E na beira do Cambás non vos quero contar como son. As pedras, non as verdades. Molladas, falsas e traizoeiras, cantan coma as sereas a Ulises “ven neniña, ven, ven romper aquí algho. Nai que as pariu. Xa hai case un ano, cando fixera parte da ruta con Cándido, acabara lamentando moito a existencia en xeral dos cuádriceps e dos movementos exocéntricos (que non se diga que non somos de casa técnica). Por iso este ano agradecéronse moitirmo as cordas para axudar a aghatuñar e non caer a rolos no río (opa aí a orghanisasión!)


 Foto roubada a Manuel IP Prego


Foto de Tuchi Fernández

Pero non se agradeceron tanto como a atención omnipresente da experta montañeira Raquel, gran pastora de calamidades coma nós; pero sobre todo… sobre todo… Merda, qué vergoña. É ighual, aí o vai: sobre todo, que estivesedes todos aí. Jabalí, Raquel, Blas, Cándido, Manuel, Luis, Carlinhos, Quirina, Palote, Luís o da cámara, Paco, Rafa Corral, Guti, Susana, Norris e Boimortos todos, Begoña e seu clube de atletismo de Sada, e tantos e tantos outros que convertestes o trail nunha festa rachada.



 Esta roubeilla ao Jabalí do Sacho


E esta a Adolfo F. Docasar

E se vos pasa por esa cabesa avariada que me estou poñendo sentimental e lacrimosa, levádela clara. Eu a Aranga fun pa lucir o disfraz de Darth Vader e punto, así que caládeme a boquiña, inde lavar os dentes e a durmir, e non me subestimedes o poder do lado escuro, que logho pasa o que pasa.


Outra de Tuchi Fernández

PD: Viki e Carlos... un millón de grazas!  :)