Primeira fin de semana de setembro, a cita máis
ajardada. Correr unhas dusias de quilómetros pola contorna da senda ártabra
deixándonos levar no vento mareiro, okupar unha casa en Meirás e comelo e
bebelo todo. Planaso.
Foto Blas
O ano pasado, Blas titulara a crónica do evento,
servidora subtituláraa e o Jabalí puxera a chicha do relato. Desta ves, entre
outros, faltounos o Jabalí: a alejría da festa, o que se ajachaba detrás dos
toxos pra saír berrando posuído e espaventarnos; o noso Jabalí andaba polo
mundo adiante en misión espesial… Faltando a súa crónica, cumpría unha entrada
tamén moi espesial sobre esta II Quedada Onda o Carlinhos e o Mai Kel Escoitan O Vento (maiusculirma,
meirandirma).
E como ao final acabamos todos sementados polo
céspede en beatitude -peace and love, brother- asolagados nun cóctel de
endorfinas postcorrienda (dispensando), beberaxes varias e sol de setembro, e aquilo
cheiraba a comuna ippie, que idade pa ipsters non temos, pois díxenlles eu a aqueles
peludos do céspede que por favor, desta ves a crónica había de ser coral, comunal,
colaborativa, asemblearia, atlántica e oseánica se fasía falta. Ou sexa, que
escribisen eles e que me quitasen de traballar, que xa está ben. Que se
mollasen. É tempo de embarcar nas palabras, de mollarte de vez en tanto salseiro, disía Xurxo Souto. Tempo de meirasear, o verbo que inventou Carlinhos o que escoita o vento
en Meirás.
11 dos asistentes cumpriron e meirasearon.
Unha desas persoas, ademais de padeser o papel de
anfitrioa, escribiu tan marabillosamente ben que non canso de ler o seu texto:
Loli:
Cada ano cheja o esperado día: “A quedada
onde o Charli e o Maikel escoitan o vento”, fermoso nome que inventou Blas (ou
foi o Jabalí). Jústame; jústame moito xuntarme con esta caterva de
pirados do monte e do correr ata o infinito e máis alá. A compañía é relaxante, refrescante,
reedificante, e todos os “res” que me apetezan.
Un dos significados do prefixo “re” é o de “retroceso e volta ao punto
de partida”; así que, despois desta reunión (unión= ser un) é dicir, despois de
voltar a ser un, outro ano máis, nesta finca preciosa que foi dos meus sogros,
retornamos ao punto de partida coma novos. O punto de partida, todos sabemos
que é o luns. Cada luns é voltar a empezar pero o luns seguinte á quedada é
mellor: máis morriñoso, máis quedo, aínda axitando as ás da quedada; dese voar
rasiño sobor dos camiños e mesmo das ondas da Praia.
Eles,
estas estrañas aves, voltan a Gándara cansos, e bótanse na herba, beben
cervexa, parlotean sobre as pedras, os toxos, a auga, estas cousas que son
reais, e deixan que o sol de setembro lles deslumbre os ollos. E eu contémploos
con envexa querendo saír a correr nese mesmo momento, e non parar. Calquera día
así será… para merecer un lugar nesa quedada, como protagonista non como
observadora, fáltame soamente sacudirme un pouco o pó da cotidianidade, e
lanzarme media horiña cada día a voar polos camiños.
Graciñas
meus pola fermosa compañía, e polo soño que me nace de botar a correr calquera
día…
Loli: queres ser a miña nejra? Quer disir, que ti escribes e fasemos coma quen fun eu, por favor, Loli.
Cos textos dos demais, con permiso, imos faser un experimento. Titúlase así:
Pero...Isto é deporte?
Marcamos en azul o léxico relasionado co running e
en vermello o que teña que ver coa paparota:
Carlinhos da Jandra:
Nada Rosinha,
que para a próxima imos traer mais cervexas......como prestan cando a compaña e
a do sábado…ah! e temos que ir
todos dar un baño ao rematar a andaina-carreira, así logo chegamos con sede e
fame. A verdade é que dá gusto amañar estas quedadas cando logo ves que a xente
o pasa en grande.....como se nos coñeceramos de sempre.....Paixón
montuna-mareira en Meirás !!! O ano próximo voltaremos Meirasear. Lumeeeeee
3 vermellos-2 azuis. Inda menos mal. Iso si, empesa forte o rapás, falando do que importa.
Rakel:
Segunda
quedada anual de grupo mixto de crazy runners (porque este ano estaba Pablo
Mella e xa comprobastes todos que está un pouco crazy...a el gústalle que llo
digan así...seguro!) e camiñantes daquela maneira, que menos eu o resto erades
todos máis corredores que andarines...jejeje
Eu
ía camiñar máis que correr e acabei ao revés...cando anda Blas polo medio é o
que pasa...;) iso, ou tiñamos presa polas cervezas, non o teño claro...
Total,
chegamos os dous grupos case ao mesmo tempo e empezou o que realmente
dexesabamos todos...o churrasquito e a cuchipandi, que foi moito máis longa que
a sudada...jejejej...con sesión de tarde das de antes...bartola, chupitos,
charleta....
O
único malo que tivemos un cativo que non o pasou tan ben...quen será? e un
lesionado... ámbolos dous moito mellor xa!!
Diazo
de sol, xente variopinta, pero toda guai...comilona e bebidas
espirituosas...resultado final= xornada antiestrés garantizada!!! sempre
pensando en repetir!!
Ahhhh...e
eric este ano de corpiño presente, q o ano pasado ía dentro da nai...jejeje
Non
sei que máis dicir, aparte de que sempre son éxitos as quedadas do Carliños e o
Blas...obxectivamente ehhh...;
Blanca:
Pois
a verdade é que o día pintaba ben. A noite anterior fumos de cea cuns amigos e
entre que lle dei duramente ao treixadura e que dende que quedei embarazada non
bebera, fixen unha boa, así que me levantei cun resacón tremendo. Despois de
saúdos, bicos e deixar a Luís cos dous peques, empezamos. Teño gañas, aínda coa
resaca, xa que en dúas semanas vou á Xtrem facer o que poida. A verdade é que
xa de primeiras, vendo o grupo, e sen coñecer algúns, vexo que vou ir bastante
afogadiña; farei o que poida. Comezamos
a bo ritmo, Nacho e eu imos daquela maneira, ata que nunha baixada Iago fai un
esguince. Ten mala pinta. Nacho e eu decidimos acompañalo ao coche, así que
aproveitamos para falar do humano e do divino. Despois de deixar a Iago
poñémonos a correr para atopar o grupo en cabeza. Unha vez unificados facemos
parón para baño reparador. E xa nos restan 3 km para chegar ao churrasquiño.
Atopo
a Ian xogando, enfurruñándose e rindo a ratos, e a Martín facendo de mediador
profesional, unha marabilla de rapaz: xogou con eles e aturounos toda a tarde.
E os maiores a zampar e parolear.
Pasámolo
pipa os catro e esperando a próxima. Moitas grazas aos anfitrións e
organizadores. Vémonos na seguinte.
Ai Blanca, Blanca, moita ansia traes despois do embarazo... 6 vermellos contra 1 azul, e de resaca. Ai Jasús diormío.
Martín:
No
día a día soio ser unha persoa que gosta de quedar cos amijos de sempre e nunca
se me ocurriría ir de festa ou a tomar aljo con alguén que non coñezo, pero
cando a cousa se refire a quedar con xente a facer unhas rutas de monte e
mandarlle despois un churrasco cambia o conto pois a xente montuna ten un xen
especial que a fai conxeniar entre ela. E isto foi o que aconteceu en
Valdoviño, unha persoa que coñezo de vista dunha carreira que convida a súa
casa a amigos e a amigos de amigos para desfrutar dos fabulosos cantís de
Valdoviño (terra que ama e coñece como a palma da súa man) e ensinanos as
paraxes máis fermosas destas ribeiras mentres desfrutamos facendo o que nos une
e máis nos gosta: CORRER POLO MONTE!!!
E
despois de queimar calorías que mellor que degustar unhas boas viandas e facer
unha boa sesión de hidratación, xa que como galegos que somos, o importante é
xuntarse ao redor dunha mesa (aínda que sexa imaxinaria e estés sapateado na
herba) e comer e contar contos e rirse; xa que estas cousas son as que che fan
feliz e merecen a pena, pois a pesar de non coñecer a estas persoas, o
compartir unha paixón faiche comportarte como se os coñeceras de sempre.
Grazas
amig@s polo convite e grazas por unha xornada espectacular.
PD:
o mellor o patxarán do Maikel.
10 vermello - 4 azul. Nomear o patxarán son 2 puntos. Esta mocidade vén perdidiña de todo.
Xosé (ou Moncho, non se sabe):
Chegou
o dia de ir escoitar o vento donde o fai Carlinhos e Maikel e ala me fun, un
cafetiño e saudos os participantes.De esta ves tocou andar e trotar con Blas,
Rakel , Fany e a Sra. Rosa +- 20km por a costa artabra con unha boa
temperatura, monte, praia e subida Á vela e volta ó punto de partida e
reencontro cos que foron correndo. E chegou o momento de recuperar forzas,
churrasquiño, verduras, empanadas e larpeiras de casa Moras
4 vermellos - 2 azuis.
Si, si... coma se non tiveses catado a birra, Xosé... Mira que aquí abaixo deixo probas que te inculpan:
Antonio:
No
mesmo escenario maravilloso do ano pasado (A Costa Artabra e logo a casa de
Carliños), variación no cadro de actores co descubrimento dun auténtico
"showman": Pablo Mella. Fíxose co protagonismo da función asumindo o
papel de actor mais destacado. Imposible non se rir! Impagable.
Antonio pasmou tanto co Mella que nin correu, nin comeu, nin bebeu, seica. É ijual: Pablo Mella conta coma vermello por ir buscar gin tonics ao bar tenda.
Antonio pasmou tanto co Mella que nin correu, nin comeu, nin bebeu, seica. É ijual: Pablo Mella conta coma vermello por ir buscar gin tonics ao bar tenda.
Éramos
poucos pero escollidos!! E ainda así faltaron moit@s. Darlle as gracias a
Carlinhos e Blas por todo e o resto por vir, coñecelos millor e pasalo tan ben.
E o ano q ven mais e mellor bicos e Apertas a toda a chavalada!!
Iago:
Quero
amosar públicamente o meu descontento coa organización do evento xa que a
pesares de:
-
Desbrozar os camiños.
-
Facer unha churrascada caralluda con tomates de producción ecolóxica by Mai Kel.
-
Ter cervexa cervexa fría en abundancia, chupitos de demais beberaxes de alta
octanaxe.
-
Poñer a piscina e servizo de garda para os nenos.
NON
QUITARON AS PEDRAS NA BAIXADA DO PICO DE VELA.........A QUEN SE LLE OCORRE.
E
claro, alí xusto foi meu peíño, cheo de inocencia a pousarse onde non debía ca
súa correspondente escordadura de nocello no KM3.
Agora
xa en serio.....agradecer a Carlinhos, Maikel e a todos os que botaron unha man
para que pasaramos un día caralludo en Meirás
Todo vermello. Non hai coma unha lesión para botarse á mala vida.
Luis o da Cámara:
O
ano pasado fun correr e non comer, este ano tocaba do revés, coidar dos ananos
e esperar os que corrían para encher o bandullo. E así foi, non se fixo esperar
moito, comín como si houbese gatuñado polos montes igual que o resto...
Chouriciños, churrasquiño, pataquiñas, champiñonsciños, todo chupando as dedas
e regandoo ben con 1906, de doce nada, e o café sen zucre, que iso e
veneno....que mais se pode pedir... a compaña do resto de traileros para ter
unha tarde estupenda por onde o maikel e o carlinhos escoitan o vento
O Luis desde que fai crossfit é tan flexible que en ves de dos dedos, chupa as dedas. Tamén é paleolítico, ou paleófago, ou aljo. E o pequeno, o Eric, quere papar as follas das árbores pero non lle deixan, iso que non levan zucre. Eu deixei ao meu fillo ao coidado de Luis. Ás veses síntome coma se non fose todo o boa nai que debería, non sei.
Nacho:
Banda
sonora: ""perfect day"" de Lou Reed.
Un
dia perfecto. Boa compaña para conversar, correr, bañarse, reír, comer,
beber...vivir!!
Desfrutar
da natureza e de xente xenerosa, que adica parte do seu tempo para que os
demais o pasemos ben e abren as portas da súa casa. Moi grandes!! Grazas!!
Un
pero: a lesión de Iago, pero é forte e de seguro que estará nos Lagos,
desfrutando como un bo CAStrón.
Non
estou moi inspirado pero a verdade é q desfrutei moitisimo todo o dia. Esa
comida free escampaos, o bañote post carreira, as conversas...a perfect day!
Despois disto, diredes: Meirasear é deporte?
Eu que sei, prejuntádello ao vento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario