O domingho, 14 de abril, Dia da Republica (Himno de Riego e man no corason tricolor) tocou pasarse ao maquis na Serra do Ghaliñeiro, alo por Gondomar, que os rapases do GMTA disian que algho habia alo polo Sur.
E mira ti que aquilo que citara eu toda pedante o outro dia de “piu nessuno me portara nel Sud” era todo mentira, que ao final si que me levaron ao Sur e me aturaron ida e volta, que ten moito merito e ademais e unha gran labor social pasear a Miss Riveter polos trails adiante (Ghrasias, Carlos e compañia).
E nada, aquí a nanorunner puxo a coleta alta, calzou as Salomon de oferta (que agradecidas, a coleta alta e as alzas das zapas nada minimalistas, para as infimas nanorunners que malamente sobrepasamos o metro e medio), cinguiu no pulso tres fitas para compoñer a bandeira da Republica e…perdeuse.
Perdinme, si, duas veses perdinme antes de embarcar no coche de Carlos, que non dou saido de palurda, cajina. A primeira ves para recoller a Eloi, que pasei tan ricamente co meu Opel Austwich por diante do punto de encontro e seguin tirando millas toda consentrada, e a segunda ves mesmamente no segundo punto de encontro, na area de servizo do Burgo. Coñecedes a alguen que se perdese na area de servizo do Burgo? Ui, se mua.
Falta de sono, idade avanzada, estuticia conxenita, aliñacion dos astros, fase da lua… Botei case media viaxe cismando a que raio botarlle a culpa do meu natural pailaroco.
Outra case media viaxe cavilei sobre se levar ou non a mochila trailarailarita a un paseiño de dez quilometros –que ridiculo, habendo avituallamentos deses, pero claro, mola ter o cortaventos na mochila para cando remate e entre en hipotermia, ese feo costume que teño, ou por se houbese insidensia no camiño e quedase ai espatarrada nun lameiro media morta e tiritando, e pensamentos optimistas polo estilo.
O resto da viaxe que non son as case duas metades escoitei a Carlos, gran montañes que te transporta aos Picos de Eropa co seu don de palabra, a Eloi que relataba o seu accidente biciclistico, recuperacion e marcas atleticas familiares que che fan sentir ainda mais vella e anana en xeral, pero chea de admiracion cara aos kriptonitos, que habelos hainos, e ao sempre moi agradable Serxio, que coñecin naquela proba de orientacion en Orro (parece unha broma, eu nunha de orientacion, pero e veridico) e seguin coñecendo no Mandeo e en Moaña. Forza, Seixi, con esa recuperacion!
E xa tamos.
Vincios, Gondomar, pouso indiano:
Xente que quere café, e eu detrás deles para sacarlles a foto:
Encontro co comando Ferrol, ou Picapedras (Pedro, Pablo e Vilma- vaale, chamase Quirina, pero non me cadraba o nome –Quirina, sintoo, pero quedouche Vilma):
Alegroume mooooito encontrar a SuperPaco, que a min me parese asi como un geiperman pletorico de enerxia, quen ma dera, a Marga, na sua case primeira cita trailera con Rafita, biciclista trotamundos, e Berta, loira lambona :D
Moutinho quixo chamarnos a capitulo pero ali non calaba nin dios:
Moutinho intentando arengar as masas
E como non calamos, mandounos castigados ao monte. Veña lio.
E claro, como eu non fago tempos decentes nin indecentes nin nada, nin me fixo en nada que non sexa pisar ben para non romper, que teño moito que coidar na casa eu como pa esguinzarme, nin uso trebellos para medir distancias nin tempos, nin teño case experienSia nin preprasion nisto do monte, pois xa tamos, que cando chega a chicha do relato non sei que dicir. E que mellor que poñer un enlace a cronica doutro kriptonito deses que corre a todo filispin: Cibreiro Picapiedra
Foto roubada, xa vos direi de quen
Vistes que cara de consentrasion?
Porque o que son eu, a ver… Quedei admirada das vistas, tanto que quixen ir emighrada pras Rias Baixas e tiven que parar a quitar fotos, cutres, pero afotos:
Paseino bomba aghatuñando polos penedos, que cada ves teño eu mais querensia polo status cuadrupede, e sentin una algho asi como de envexa pola xente que nos cruzamos practicando escalada. E deles non teño fotos, porras.
Tamen pasei un certo acongojamiento ao pasar pegada a unha vaca ceiba (que fobia pendente bovina arrastro, por favor); rin moito co nacho aquel animador do cencerro e con outro da organización que taba alo nun alto e que algho me comentou dos Koruños traileros (eche un mundo ben pequeño, este do maquis) (Un saudo, organizador!).
Baixada timida, covarde (many baixadas to cross, abofe) pero divertida, con moito palique. Con todo, estrañei aquel mergullarse anfibio de Moaña, pero chegar a meta no posto 69 do minitrail para recibir o superabrazo de Moutinho…iso non ten prezo :D
Eiqui queria poñer unha foto de Marga, Rafita e Berta, pero como non ma manden ides ter que esperar sentados.
ESPAZO PARA A FOTO DE MARGA, RAFITA E BERTA
QUE ME DEBERIAN ENVIAR
Adorro o GMTA, toume facendo moi fan das cousas estas que orghanisan, e ainda por riba poñenche asi un musicote a saida e a chegada que che entran ganas de bailar (escoitade eiqui o himno do Galiñeiro, que eu non daba aturado as ghanas de botarlle unha peza). Fante sentir coma na casa, pero mais alo. E –xa sabedes da miña teima de non pasar sen unha cita, neste caso unha parafrase de Hernan Casciari- fannos sospeitar que somos felices. Ainda sen republica e todo :D
Muy bien Rosiña , aunque para la proxima te queremos ver en la grande , con nosotros , que la mini , era para los principiantes ,;).
ResponderEliminareso, eso, como si no hicieras muchos km juntos otras veces.
ResponderEliminarmuy bien, muy bien, a la perfección lo que rodea todo esto de las carreras, sobre todo las de GMTA.
Non perdas a costume esta..
PD: cual era la andaina que dijo Carlos de 50 km para preparar el UTAC?, arrecordas?
Ola, rapaces!
EliminarHabera que ir aumentando distansias logho :D
A andaina creo recordar que e esta: http://www.travesiadosalnes.com/
Saudos, e grazas por facerme caso bloghisticamente
tú no te preocupes que con como lo cuentas seguro que te seguimos haciendo caso, me encantan los títulos que pones.
ResponderEliminarmenuda pintaza que tiene lo del salnes, pero estoy apuntado a la corta de 101 peregrinos ese mismo día :-(, como os dije voy, además de a pasarmelo bien corriendo, a ver si gano el consurso de vídeos que tienen en la carrera esta... y así por fin gano algo,jajaja
Sorte e forza! Xa convidaras a algho cos leuros do premio, que seguro que o levas ti :D
Eliminar(Este merdan de teléfono non me deixa escribir en galego)
EliminarEso seguro, si gano fiesta, xq espero veros en más como cerceda, trails o andainas
Eiiiii Rosinha, abofé que ben me gostou a tua crónica !!!!
ResponderEliminarTanto no Trail como na crónica debeute de inspirar a Tricolor
Moitas grazas por momentos así.
Acabo de ver a resposta de Luis, de cara a curta de 101 peregrinos....non para este home....
Estou inscrito para a andaina do Salnes, un polvo a feira e carne o caldeiro ben merecen a pena. Imoslle alá ?? Lumeeeeee
Apertas
Ghrasias, rapas!
EliminarSalnes...Claro, total son 50 KM de nada :D
Teria que ir mirando se podo dispoñer dese dia... De todos os xeitos, nesas distancias creo que como moito trotaria unha quinta parte...
Iremos mirando. :)