10 de abr. de 2013

PISAR O SOL

Teredes que desculpar que volva citar a Manuel Rivas, non me dou desprendido desta teima:

“Tiña oito anos. Os dous irmans foran recrutados para a guerra. E tocoulle a ela. Non habia outra. Levar o gando. As vacas, dous bois e un cabalo.
-         Vai ao Xalo. Hai pasto dabondo. Andaran mais ceibos. Non tes que andar pendente de que pisen aqui ou acola.
-         ¿E canto tempo?
-         Volve cando pises o sol
Por mais que preguntou non soubo como ia pisar o sol. Ate que chegou a hora. Ela toda tarde a espreita. Como ia facer para pisalo. Ate que chegou o intre e foi ben doado. O sol estaba aos seus peus. E pisouno.”

Se fose eu a autora destas liñas dedicariallas a todos aqueles que nalgun intre se senten coma un neno de oito anos diante do descoñecido, as persoas que a cotio enfrontan medos e incertezas e dalgun xeito se amañan para chegar a pisar o sol.

E por suposto, a todos os que estades entrenando para pisar o sol do Xalo a finais de abril.

Forza

1 comentario: