7 de abr. de 2013

O SOL PRIMEIRO DO MES DE ABRIL, COMO DIRIA ANDRES DO BARRO

Estrear abril hibernando traeche a cabesa o verso aquel de Quasimodo “Piu nessuno mi portera nel Sud*, tanta fame de luz atrasada levamos.

E tanta desgana, tanta, que nesta semana encasilleime no papel de zombie de eliptica e ainda ghrasias que non me embrearan, me emplumaran e me botaran ao mar de San Amaro, que ben o houben merecer por desaboria, por bocexar tan ostensiblemente a ximnasio vista aborrecementos, claustrofobias e sopores varios.

Pero si, hoxe, sabado, por fin agromou o sur engalanado de luz; abril espertou festeiro, asi que cumpria saudar o sol e aproveitar un anaquiño de dia libre para trotar polos camiños da Torre. E para comprobar que estou feita unha pataca tamen.

As veces preguntome por que raio prendin no feo visio este de correr. Quero dicir, se fose especialmente rapida, ou axil, ou resistente, ou ainda se lucise un pouquechin… Pero a ver: unha tartaruga vellota modelo tapon afoghando polo mundo adiante, que sentido ten? A onde leva?

Corredores, de Antonio Heredia


Porque hoxe, se algunha faragulla de amor propio ficase en min por ter entrenado unha hora e media sen molestias, ala vai todo a tomar vento cando leo no blog do Cibreiro ese que adestrou 4 horas e fixo 47 quilometros, el muy militar, e o condenado ainda ten queixa porque iso non e nada e tal e cual. Moita soberbia hai no mundo, señores :D

Asi e todo, pa min que por moi paquete que sexa, por pouco rendemento que saque, por moi ridicula que me sinta vestida co traxe de luces, por moita vergoña que me dea cruzarme con descoñecidos e coñecidos -ola, Anarky :D-, por pouco sentido que lle encontre a esta teima de correr, por moita tentacion de colgar as zapatillas e empezar a surfear e aprender a patinar como e debido, pois pa min que ainda con todo iso non vou ser capaz de deixalo.

Porque o xantar e as cervexas que seguiron na sempre agradable compaña de Mar e Javier e mais a tarde cos cativos na praia e logo no monte, aproveitando ata a derradeira raiola, non terian sido tan luminosos nin divertidos se non fose por ese trote teimudo, pausado, torpe e absurdo con que dei por estreado abril e rematada a hibernacion.



E se ninguen nos leva ao Sur, xa faremos por que veña el a nosoutros.


*Conste que nunca lin a Quasimodo, xurovolo. A culpa e de Montalban por citalo reiteradamente en Los mares del Sur, lectura moito mais acorde cos meus gustos populares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario