14 de maio de 2013

EU QUERO SER ARTABRA - 2

E habera que seguir logo.

Xa estando os frikis reunidos geiper na lagoa de Mera, xusto cando me achego a saudar a Luis, Ezeq e Alvaro collen e dan a saida, ai mima, eu aló no medio, que espanto, eu que sempre saio de ultima pa non entorpecer. Pois non me quedou outra que botar a trotar par deles. Xa logho foi impar, que non lles dou seguido o ritmo; soamente compartin con Ezeq un treito en que lle deu tempo a rifarme por correr cos brazos moi abertos, que tamen xa ian sendo horas de que un koruño destes me chamase a atencion, que eu ben me vexo nas fotos e parezo un croasan buscando bronca, e inda por riba talonadora. Que fatalmente corro. E que ben corre Ezeq, que nos videos que sacara Luis o da Camara alo na Capelada veslle un aquel de tarahumara, que a ver que pinta un tarahumara na Capelada, diredes vos, correndo par dun croasan macarra, pero cousas máis raras se viron, se eu vos contara.

Alo foron os rapases, aí quedo concentrandome nos talons, nos brazos, na respirasion, no terreo, en deixar oco para que me adianten os lixeiriños, en sacar os panos do peto do cinto portabidon a tempo pra non parecer un trol (eche boa desghrasia ser alerxica), na posicion do bidon do meu primeiro cinto recen forneado no decatlon (mamá, ya soy trailera), ; en que non se me mova moito o buff; en dar un chisquiño de conversa de cando en ves; en tomar nota mental do percorrido; en desfrutar da paisaxe...(Respiro). Isto era moi estresante, Carmiña, como disia Manquiña. E na mesmiña orde que fun enumerando as preocupacions funas ciscando polo camiño, que correr e o que ten, que logho entras en ermo mental e deixaste ir e importache todo un pemento; quer disir: que lle dean a posicion dos talons e dos brazos; respirar é acto reflexo; o terreo non e tecnico, botome pa un ladiño e a xente xa pasa, que panos nin que farrapo de ghaita habendo metodo tradisional (e o moi oportuno de Luis inmortalizou o momento trol, que igual ai debin mirar un pouquiño pola miña imaxe, que non quedei nada Hepburn e aínda me han de vetar os CTOs, glamurosos como son, que eu tamen gostaría de ter ese chic artabro pero non me sae), o cinto e como non levar nada, as traileras temos dereito a despeluxarnos, a conversa flue cando ten que fluir e a paisaxe xa deslumbrara en canto saiamos a beiriña do mar fronte da Marola, pasarei a mar toda.



Videos de Luis o da Cámara, tamén coñecido como Luis Rodríguez Núñez 
Que ilusion, o primeiro video que poño no blos. Levoulles todo un tratado de instrucions a Luis e Candido sacarme de burra, conste, e xa veredes, para a proxima ves xa non me lebrarei de como se fasia

Debia dar moita magoa verme. Digo eu que seria por iso que ao chegar a unha saida do sendeiro, o señor que  estaba controlando miroume enfite e fixo un aceno que eu interpretei como que habia que seguir pola estrada, por unha costa bastante empinada  :-(   Eu obedesin toda mandadiña, botando os fighados polo asfalto arriba; pero ao chegar ao alto deume a impresión de ir moi soa, volvin a vista atrás… e alo estaba a ringleira de corredores que cruzaban a estrada e inmediatamente se internaban noutro carreiro. Por uns instantes acordeime moito da familia do nacho de amarelo, que a ver que fixera eu para merecer aquilo; pero cando baixei onda el miroume confuso e explicoume: “yo es que crei que querias abandonar, mujer”. No momento marmurei  imprecacions malsoantes, ofuscada polo asfalto, pero deseguida escachei de risa imaxinandome a min mesma aparecer entre a espesura coma un trol suorento, torpon, desacompasado, pesadote, colorado, sen folghos… A ver, o nacho aquel tiña razon, que non fai falta ser un xenio da intuicion pa desbotarme como corredora; eu de feito teriame mandado a murar mesmo antes de empezar a carreira. E aínda me escarallaba calculando o que tal pensaria o fulano ao verme subir pola encosta  a paso lixeiro, que unha cousa e querer abandonar por cansazo, pero abandonar por cansazo liscando a todo meter costa arriba...ai xa se debeu cheirar que algho non lle acababa de cadrar.  :D

Ao retornar ao rego cadrei un pouquiño cunhas rapazas de Nosportlimit que xa me soaban do Xalo e que parece que prometen moito na montunada. Quen me dera poder adestrar asi cun pouquechin de organización… Seguiria sendo unha petarda pero con fundamento. Asi a todo, pesoume non terlles advertido algho asi como “Que fasedes, insensatas? Deixádeo aghora que  tades a tempo, que empezas coma quen non quere a cousa e acabas decatlonera de coleta choni,  falta de unllas nos pes e escribindo un blog”. Pero non llelo dixen e ighual xa estan anotadas nun ultra, miñas santas.

Das miñas runners preferidas de Santiago viña unha metade, ou sexa, Belen, que facia a carreira acompañada do seu colega, e menos mal. Digo menos mal porque daquela xa vos estaba a medio derreter (ghanas de entraban de ghindarlle pedriñas ao sol e chamarlle idiota para espantalo, como fixera meu fillo de pequeniño un verán en Picos ao decatarse de que non había neve) e acopleime a eles para non sucumbir a tentacion de espatarrarme nun campeiro, e o rapaz animabanos moito. Ghrasias aos dous!

Avituallamento do km 15. O avituallamento do km 15 era tan estupendo que o terian que sacar nas peliculas, e xunto coas luvas e os imperdibles, unha gran xenialidade do CTO. Porque cando vin ao nacho ofrecernos auga, isotonica e unha birra houben botarme aos seus brazos, pero optei polo comedimento. Ai dos que levan na fronte unha estrela, ai dos que levan no bico un cantar. Bueno, poida que a estrela de Rosalia non fose de lupulo, pero tiña que meter unha cita ainda que fose con calzador, pasa algo? En fin, bebin augha e nada mais ca augha, non abracei ao meu avituallador preferido e botei os catro quilometros restantes automotivandome coa imaxe dunha Estrella Ghalisia xeada en compaña de Estrella, vallame a redundansia, que quedara en vir ao final para irmos xantar, e eu soñando coas cañas e os mexillons de Lorbe, que se non fose pola imaxe mental e polos azos que nos ia dando o colega de Belen, ighual ainda taba hoxe en dia extraviada e asilvestrada no Dexo, destilando licor de chorima e alimentandome  frugalmente, habendo no mundo marabillas coma estas:


Pero isto e frugal????, como dicia Asterix en Belxica

Toxos, breizo, mantos azuis e fucsia de flores contra o mar… Destrepada divertida con corda para as zouponas, rochas, volta a civilizacion, paseo, praia e xa tamos cheghando. Alvaro, Candido e Ezeq dando animos… Non me adiantan xubilados espontaneos no paseo, o que e moi de agradecer, e entro coma sempre, feliz e cun pouquechin de vergoña pero desa da que non fai dano. Alegroume poder saudar a Cristina, a outra metade do Comando Compostela que non puido conseguir dorsal, e tomar algo con Candido, que tivo a mala sorte de mancarse contra o final…Animo e forza! O resto dos koruños inde por ai, que sodes uns bebeleites :D




Rematou o CTO, pasei o trail todo


Proximamente neste lameiro, contareivos que irei un dia da Coruña ao TAC Courel por terras liberadas. Vaia xeito de desbrozar a Novoneyra, tou feita a terminator da literatura galega. Pero ainda eran peores os do colectivo Ronseltz, que lle dedicaron este bonito haiku:

Uxio
imosche facer a parcelaria
e vaste cagar en Dios

O caso: os do Courel, ideme lendo a Novoneyra xa que, rematado o CTO, heivos tomar a leccion no TAC ou no UTAC eses da GMTA (vallanme as sighlas).

E agora a marujear, a lavar os dentes, jesusito de mi vida e pa cama. Eu durmirei coas luvas CTO postas, e malo sera que non amenza algo mais artabra.






10 comentarios:

  1. estas como una cabra tola , jajajaja, me encanta!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. La cabra de la legión a sus órdenes :D
      Ghrasias, ghrasias, cientounero. Pero anda con ollo, non vaia ser que te contaxie o "rojerío" :D
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Cándido, repítoche o que che contestei cando me mandaches as instrucions de insercion de videos: "Alcalde, todos somos contingentes, sólo tú eres necesario"
      Ghrasias por ler, por comentar, por estar aí sempre para axudar :)
      Forza nesa recuperación!

      Eliminar
  3. jajaja, está ben, eres coma o Calleja no alpinismo, sempre vendo as escaladas nos momentos fotoxénicos e ten que chegar este (que parece que está sempre recen levantado da cama), para contarnos o que pasa no resto, antes e despois. Falando de despois, con ese premio en forma de xantar eu correría os trails cara atrás, miñanai que boa pinta.

    ResponderEliminar
  4. Ja, ja, cara atras e costa abaixo! Tendes que vir un dia Blanca e ti e fasemos un free running deses polo Dexo, xa veredes despois como saben as delicias de Lorbé



    ResponderEliminar
  5. Kriptonito15/05/13, 12:00

    Vaya crack que estás feita!! Esto é disfrutar da lectura!
    Noraboa, e vémonos na próxima aventura!

    ResponderEliminar
  6. Carlinhos de Souto15/05/13, 23:57

    Non esquezas as luvas CTO na casa cando vaias O Courel,non axudarán a pasar os momentos máis frouxos pero...molan que te cajas !!
    Que envexa dos mesillons de Lorbé e que ledicia ler as tuas cronicas......

    Ah!vou ter que facer a promesa de rematar as correrías montunas cunha boa dose de Estrela de Ghalicia

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As luvas CTO xa son un must deses, e si, hai que corrixir ese erro de orientacion postraileril ... Iate chamar teetotaller pero acabo de caer na conta de que segundo nos contaches ti xa viñas "hidratado" da vespera, pendon branquiazul :D

      Ghrasias por pasalo ben lendo isto :)
      E recordos a Loli

      Eliminar