13 de maio de 2013

EU QUERO SER ARTABRA - CAPITULO I

Vaia ataque de cordura sufrin a vespera do Costa Trail de Oleiros, arre demo. Deitada na cama vinme asaltada a traizon por unha espelusnancia parda de algho asi como pensamentos viscosos tal coma estes:

-         Quen me mandaba a min inscribirme na lista de espera? Por que os artabros eses, os xefes da lista de espera non me tacharon por anana impresentable e chamaron a a outro/a? Por que, se total no fondo non quero ir? Que significado oculto ten o dorsal 300? Vou tardar 300 minutos en rematar? Vou chegar xusto no posto 300, ou me vai adiantar algun xubilado espontaneo que estea a mornear nun banco da praia?

 Funcionarias, cual es vuestro oficio?

-         Quen me implantou no serebro esta teima absurda de reptar traballosamente polo monte, sabendo de anteman que son unha pataca: paquete subindo, pacata baixando e demais palabros que leven p, t, e k? (moi produtivas resultan as oclusivas xordas para describir a ineptitude)

-         Desde cando unha caralladas coma min non sae un sabado por cheghar en condicions minimas a unha carreira? Ein? Tanto me descoñezo –“con lo que yo fui”, como diria Corredoira-, que ghanas me entran de retirarme o saudo por transfuga.

-         Por que non aproveitei esta fin de semana para mirar escaparates de roupa e calzado de xentiña normal e botei horas babeando no Decatlon? En que intre da miña existensia se desencadenou esta estraña mutasion? Aquilo de chamarme pirucho de nena tiña fundamento?

-         Como me vou sentir cando me plante ali soa a recoller o dorsal, afeita como estou ao escudo protector dalgun colega? Serei capas de desviar a ollada dos meus pes, de non poñerme coma un tomate, de articular alghun palabro sen tatexar?

-          Por que non pecho dunha ves a leria esta de blog –polo que pido desculpas publicamente- e aproveito o tempo mellor, que moi sobrada non ando, entre traballo, fillo, marujeos, pseudoescasosentrenos e aghora que, por se fosemos poucos, tamen cheghou a avoa?

Ein?

A deriva das miñas reflexions poderia resumirse nunha frase da Biblia (tamen coñecida como GAG, Guia do Autoestopista Galactico): ´´E que hoxe fixen algo malo? Ou e que o mundo sempre foi asi e eu botei demasiado tempo metida en min mesma para decatarme?”

E con todo, amainou o lado escuro, amenceu a mente en branco e alo fun, maquinalmente, sentindo que a miña vida era unha especie de soño, e preghuntandome a quen pertenceria ese soño e se o estaria a pasar ben (GAG)

A lagoa de Mera estaba esplendorosa. Eu non.



Ainda menos mal que logho topei con Luis o da Camara, con Eloy Kriptonito, con Candido e Carlinhos, e puiden distraer a verghoña e mesmo tomar un cafe. Magoa de bola que nos puxeron con el e que non papamos porque disque somos deportistas deses, quen ma dera aghora, coa pintasa que tiña.

E as luvas que viñan na bolsa que nos deron co dorsal? Que me disides das luvas? Son o maximo, son supermegafashion traileristicamente, discretas a la par que elegantes, chic, divinas de la muerte, que todo foi probalas e sentirme (outra) muller, que ganas me entraron de ir a pegharlles unha aperta ben forte aos da orghanisasion. Se mesmo os imperdibles pa o dorsal eran chulisimos, negros e pequeniños. A partir de aghora os Artabros estes do CTO quedan nomeados estilistas oficiais montunos. Marcan tendensia, neno. Heilles pedir consello sempre, que boa faltiña me fai.



Mimadriña, o que levo escrito e ainda non botamos a correr.

En fin, antes de dar por rematado o festival de hoxe e pensar nalghun titulo pa esta entrada e poñerlle o apelido -I_ (continuara), porque maña hai que erguerse cedo e prefiro durmir coa cabesiña na almofada e non derriba deste teclado inutil sen acentos, antes de todo iso queria contarvos o contentisima que quedei cando, despois de deixar a chaqueta no coche e suxeitar o dorsal cos nanofashionimperdibles, un corredor descoñecido chamoume polo meu nome e comentoume que lle gusta moito isto. Si, este lameiro de blog. Gustalle. Incrible. E faloume de Rivas e doutros autores e comparoume con outros mais que eu non coñezo e xurovos que eu non daba creto e que o subidon foi tal que sentin que soamente por iso merecia a pena estar hoxe en Mera disposta a facer o ridiculo unha vez mais. Bueno, por iso e polas luvas. Neno, de parte da miña autoestima: tas na tua casa. 

Pero veña, todo dios a durmir, que xa son horas.

Continuara

2 comentarios:

  1. Carlinhos de Souto13/05/13, 10:16

    Ti xa es Artabra Rosinha jajaja
    Esperamos ansiosos a seguinte entrega

    Ah! non olvides as luvas po Courel

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Carlinhos de Souto, que saibas que non che penso dar as ghrasias polo comentario mentres non pase por aquí tamén a Loli. :D A min ou me saúda a familia toda, incluidos canarios se os houber, ou non xogo. :D
    Ártabra sonche de ubicación, pero carezo do glamour propio dos CTOs. Todos os trebellos eran así como moi Hepburn, non?
    Polo de aghora, unha aperta. Xa logho irán as ghrasias :)

    ResponderEliminar