23 de out. de 2014

NACHAS' POWER IS BACK 8 - UN DOMINGO AO SOL

Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. 
Tal como prometera hai ben tempo,inauguramos sección informal centrada en mulleres corredorase que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.


Os días en que todo vén revirado cómpre respirar fondo, relaxarse e deixarse ir suave ata que amaina o temporal.  Tal foi o caso o domingo pasado, cando despois de varios imprevistos, despistes e outros mesteres vividos nunha carreira de asfalto do meu barrio, acabei tomando o sol nun banco do parque con dúas corredoras descoñecidas. Debeu ser a conxunción do precioso día, do subidón postcarreira e do noso natural falangueiro, que aquilo que comezara por compartir un banco no parque rematou nesta nova colaboración para a nosa serie Nachas' Power... Se é que, como di Mari, a cabeza non para!


MARI: "SEGUIMOS PENSANDO EN ROSA PARA AS MULLERES 
E EN AZUL PARA OS HOMES, E ASÍ NOS VAI"

 

Ola, son Mari, e o igual que algunha das outras corredoras que se atopan por aquí, adícome a unha das profesións máis bonitas que hai (para min, claro), e a que se debe de acceder sempre e cando haxa vocación. Son profesora. Agora mesmo dou clase no ciclo de interpretación de lingua de signos, e para as que non o saibades, a lingua de signos é unha das linguas máis fermosas que hai, é a que utilizan as persoas xordas para comunicarse. Aquí formamos a futuros intérpretes de lingua de signos.

Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running?
Fai uns dez anos que me metín nesto do running, e teño que decir que foi grazas o meu marido, con el empecei... o primeiro día 10 minutos, e xa foi todo un record para min, que non fixera deporte na miña vida. A partir de aí, 15, 20, 30 minutos. O día que conseguín correr os 30 minutos foi todo un logro para min. Agora non podo saír e facer menos de 10 km....

Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?
Pois o que máis me animou foi o intentar superarme día a día, eso de poder facer 5 minutos máis mañán, e outros cinco máis dentro dunha semán, era algo que realmente me axudaba a seguir, e tamén o sentirme cada día máis en forma. Agora si non salgo un dia, fáltame algo....ademais esa sensación de liberdade que sinto ó correr, os problemas quédanse a un lado, e por suposto o sentirme cada día fisicamente mellor.

Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
Asfalto, sen dúbida. Fixen unha vez unha carreira de orientación, paseino en grande, pero perdinme duascentas veces, creo que non é o meu, a veces penso que traguei unha brúxula de pequena, e que se me averiou fai moito tempo. Fago tamén spinning, algo que tamén me apasiona, e que no inverno intento compaxinar co running, sobre todo os días que é complicado saír a correr por mor do tempo (aquí na Coruña a gran maioría dos días durante o inverno).
Tamén me gusta correr polo monte, a sensación de liberdade é moito maior, fago cada vez que vou ver a miña nai a unha fermosa aldea do concello de Touro.

A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?
O rol que ten a muller na sociedade, coido que a pesar de que a sociedade avanzou moito, aínda queda moito por andar. Aínda así cada vez somos mais mulleres...

Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir?
Eu penso que non, ou quero pensar que non, na sociedade do século XXI non deberían de ter mais dificultades que os homes, aínda que a realidade é outra, pois segue habendo moito machista que pensa que a muller debe estar na casa agardando a que chegue o marido ou coidando dos fillos. Por sorte, non é o meu caso. As veces tamén é a propia muller a que pensa que é a súa obriga quedar na casa.

Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller?
A verdade é que non, nunca me sentín discriminada, máis ben todo o contrario.

Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
A verdade é que si o que queremos é a igualdade, tampouco non podemos pedir a discriminación positiva, pois estaríamos discriminando os homes. Prefiro as carreiras nas que poida participar calquera que queira, sen distinción de sexo.

Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?
Que se podo pedir, a próxima vez nos regalen un bo libro, personalmente non é o tipo de lectura co que me identifico. Seguimos pensando en rosa para as mulleres e en azul para os homes, e así nos vai...

Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
En primeiro lugar, nos colexios a educación física debería de ter maior carga lectiva, tamén, volver as carreiras que había cando empecei eu ir as populares, que eran gratis e todo o mundo podía participar sen que eso che supuxera ningún desembolso económico. Ahora algunha estase convertendo en un negocio, e eso non me gusta nada.

Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?
Non teño ningunha en particular, pero todas e cada unha das mulleres que me cruzo cando vou correr merecen a miña admiración

Que momentos foron os máis especiais para ti como corredora?
A primeira media maratón que rematei. Nunca pensei que ía conseguilo. E xa van tres!!! Sempre dixen que nunca faría unha maratón, e ahora con 46 anos xa me ronda na cabeza !!!! A cabeza non para!!

Máis cousas que nos queiras contar
Pois nada mais. Foi un pracer atoparte no banco dos Rosais tomando un pouco de Sol, e saber que fuches ti a que se quedou esperando a que viñeran os servicios de emerxencia a atender a un compañeiro corredor que se atopaba mal, a pesar de non coñecelo de nada. Esta é a xente que nos gusta saber que temos o noso lado a hora de enfrontarnos a calquer reto, que antepón sempre a seguridade dos demais e non o beneficio propio. Gracias Rosa, vemonos na seguinte!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario