6 de out. de 2014

NACHAS' POWER IS BACK 6: SORRISOS DE CARACOLA

Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo,inauguramos sección informal centrada en mulleres corredoras
e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. 
Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners.

Imaxinádevos deixando a un lado os problemas cotiáns e paseando pola beiriña do mar

Imaxinádevos xogando coas ondas, moldeando castelos e atesourando cunchas preciosas, e atesourade así, dese xeito, as verbas que nos dedica esta nosa Caracola, porque  provocan o feitizo de debuxarnos un sorriso dos inmensos, de orella a orella, o sorriso perfecto dunha xornada de mar e area; porque son encanto en estado puro mesturado con pequenas doses de retranca, espontaneidade marabillosa que nos deixa desarmadas e con morriña por compartir con ela uns cantos quilómetros máis de conversa. Polo mar ou polo Mero. É a nosa Caracola, coidádea. E coidado con ela!


Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running?
Empecéi o ano pasado en setembro, ata fun a Carreira da Muller, e despois diso estiven invernando; iso si, non dexei de subir e baixar escaleiras na miña casa (vivo nun adosado): da lavadora (no garaxe) ao baixo cuberta, do baixo cuberta aos dormitorios e despois a cociña e outra vez ao garaxe a buscar patacas…Volvín este ano en setembro con ánimo de non deixalo ou morrer!!

Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir? 

A sensación de estar facéndome maior e enferruxada,  e a sinceridade do meu compañeiro, que opina o mesmo. Tamén o endocrino colaborou coa sua opinión profesional: e mais importante facer exercicio que dieta; e a disculpa poética que busquéis para que non fose todo tan prosáico: ter media hora, alo menos, para min mesma, escoitando os paxaros e o discurrir do rio Mero.

Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non? 
Pois en realidade non practico nada diso: eu corro polo Mero. Gustaríame practicar o Trail, prefiro as árbores aos coches, pero son tan patosa que dame un pouco de medo eso de baixar correndo as costas cheas de pedras (ou as “baixadas técnicas” que din “eles” os expertos).



A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?
Haberá multitud de razóns:
  •   En xeral penso que as mulleres non temos tanta necesidad de competir.
  •  Temos pouca tradición; agora parece que se empeza.
  • O tempo libre, en xeral dedicamolo a familia ou a parella.
  •  O descoñecemento do ben que senta.
Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir?
Creo que encontramos dificultades para practicar certos deportes que se pensa que non son para mulleres.  As nenas van a baile, a dibujo, quizás como moito a patinaxe ou ximnasia rítmica. Para entrar nun equipo de fútbol hay que ser una nena valente, e hay 4 contadas. Hay deportes nas que hay algunha máis, pero sempre minoría. Penso que somos os país na casa os que influimos niso.

Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller?
Nunca me sentín discriminada porque tampouco tiven ocasión, nunca fun moi deportista aparte do aerobic, ximnasios de turno e demáis… no aerobic tiñamos un rapaz e nos non o discriminábamos a él: parecíanos admirabel que tivese “os collós” de meterse nunha clase con 20 mulleres.

Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
Non me parece ben ningún tipo de discriminación;  e tampouco me parece que sea útil nin necesaria una discriminación positiva para ningunha cousa . Para evitar a discriminación hay que deixar de discriminar e punto. E para fomentar o deporte entre as mulleres o que hay que facer e fomentar o deporte en xeral. Si nesas fermosas imaxes publicitarias que fan,  saen homes e mulleres todo o mundo se da por aludido.



Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto? 
Evidentemente o da revista Hola na Carreira da Muller soa sexista;  pero penso que  non por parte da revista, nin da organización da carreira. A revista o que fai e a sua publicidade, e a organización da carreira o que fai e buscar patrocinadores. Evidentemente o publico maioritario da revista e feminino, e eles aproveitan o tirón dunha carreira onde todas as participante son mulleres. ¿Quén e o sexista nesta sociedade? ¿porqué a mayoría dos lectores de Hola son mulleres? … non sabería decir: a mín paréceme patética (e inquietante), pero as miñas compañeiras de traballo cren que o digo porque “vou de guay”.

Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
Hay que acostumbrar aos nenos e as nenas. Creo que o deporte ten que ser una parte da vida, como o comer ou o dormir. Cando eu era pequena a ximnasia ou o deporte era una asignatura maria no cole. Facías o deporte de ir en bici de aquí para alá ou xogar ao pilla, tampouco che quedaba outra: non había nintendos e tele pouca… Hoxe e unha necesidades pra os nenos,e si se acostumbran seguirán a facelo sempre, penso eu.

Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?
Chamase Almudena e non recordo o apelido*, coñecíaa de vista das carreiras de trail, e tiven a ocasión de coñecela persoalmente no churrasco en casa de Carlinhos. Parecéume unha persoa especial. Alguen que vive o deporte dende sempre e a quen o deporte lle fai feliz.

Que momentos foron os máis especiais para ti como corredora?
Evidentemente ou meu momento coma corredora foi a Carreira da Muller do ano pasado: a única carreira na que participéi. Hay que recoñecer que hay que participar para saber a satisfacción que se sinte. ( E teño que voltar a pregunta 4 e engadir un punto máis polo que as mulleres non participan nas carreiras: por descoñecer o ben que senta)

Algo máis que nos queiras contar?
Penso que ya alonguei demáis as respostas. Estou sen alento de tanto falar.

*Almudena Suárez - Caracola non o lembra, pero eu si  :D

Ningún comentario:

Publicar un comentario