Canto aquí, canto na Habana
Canto aquí, canto na Habá
E como
canto tan ben
Canto onde me peta
(Sés)
Camiñando pola praia de Mar de Fóra,
Noa confesoume que non corre. Que é pequena para correr. Pero que é
tan valente que acariña leóns e envolve serpes no pescozo. Que para
ela o deporte é nadar e bailar. Que adora bailar pero non quere
clases de danza. Porque a Noa o que lle presta é bailar como lle
peta. Sen ordes nin instrucións de ninjén.
Digna filla de seu pai. O noso Jabalí.
Por el estabamos ajardando en Mar de Fóra. El, Felipe, Arturo, Viki e outros (perdoade, non coñezo a todos) viñan
completando os 203 km do Ultra Camiño dos Faros. Por libre. Coma un
free pero ao jrande. Sen máis apoios cós da familia, voluntarios e
coñecidos. Porque a normativa oficial tumbara esta edición do 2015.
Pero a paixón non quere normas nin instrucións. Trochando nelas.
Son xabaríns, son salvaxes, que outra cousa poden facer?
Antes de coñecer a Noa sentíame fóra
de lugar en Fisterra. Chamádelle sensación de desarraijo,
chamádelle medo a ferir a quen dedicara moito tempo a orjanisar o
ultra inisial, chamádelle pánico a ser considerada oportunista
aparesendo tarde, mal e a rastro na derradeira etapa, chamádelle
desconfiansa a que o gramo de paracetamol que papara non puidese
atallar a febre que me acompañaba desde había dous días... Eu
chámolle grao sumo de “pero que carallo fajo eu eiquí”, e ás
veses é bastante jodido. O 26 de xullo érao.
Pero alí taba Noa. Para contarme que
ela baila como lle peta. Cunha frase deulle sentido á viaxe e
despexou os medos todos. Traer os carteis de apoio aos corredores e
ás enfermidades raras que imprimira Blas para pendurar como
recibimento en Fisterra tiña sentido. Tiña sentido facer soa o tramo en
sentido inverso ata dar con eles coma o ano anterior. Mesmo tiña
sentido perder as frechas verdes preto de Arnela e non ser quen de
chejar ao Rostro, dar cen mil voltas, darse por vencida, papar as jominolas de cocacola (a falta de twisters), voltar con
Fátima e ajardar en Mar de Fóra... porque alí había unha raiola
de nena que me lembrou que o mellor do mundo é bailar como a unha
lle peta. Ou correr como nos peta, onde nos peta e porque si. Sen medo.
Coma Noa, esa gran domadora de medos e serpes.
Ou como Sara, Sabela, Antón, Aroa, Tomás e outros tolos pequerrechos que viviron intensamente a experiencia alumeando máis cós propios faros.
Merce e compañía , momento mural
E así de ben lles quedou
As fotos boas (as cinco últimas) de Tuchi, por se non caerades na conta.
Todas roubadas eiquí
Foto de Francisco García Fernández
Veña estes cativos a durmir
Ningún comentario:
Publicar un comentario