5 de ago. de 2015

NAMÓRATE, VIZINCZEY

Linlle un día a Vizinczey (dispensando):
¿Para que enamorarte de un sitio si tienes que marcharte?”

Tamén vaia prejunta. Porque ese é o amor verdadeiro, que tamén parese mentira que cho teña que explicar eu, Vizinczey, que nin son húngara nin escritora nin nada. E ao teu lado, un iogurín.

Que dijo eu, e creo que dijo ben, que amamos o que non temos aborresido; e canto máis lonxe e distante e inalcanzable e esquivo e fujás, máis nos presta laiarnos de saudades. A xente namórase do reflexo dunha serea ou dun barrijudo que ronca no sofá? Ein? Pois xa ta.

A xente que andamos no monte tamos fartos de sabelo. Corres por un sitio distinto, apampas coa fermosura do lujar ao tempo que afojas e súas a camiseta e ao final quédache aí un pouso estraño de sensasións mesturadas tan intensas que xurarías que entraches en trance, ou en simbiose ou aljo, que parese que as imaxes, os arrecendos e os sons que atesouraches no percorrido quedáronche jravados a lume con cada unha das pulsacións e con cada pinja de suor. E claro, marchas namorada. Dos sitios. Xa antes de ir sabes que vas namorar. Por iso vas. Tamos, Vizinczey? Que non cho teña que repetir.





Eu por exemplo onte á tardiña namorei dun roteiro frondoso que sae de Sada e cheja ata a punta de San Mamede. Con xente do CAS. Eles téñeno tan visto que mentres corrían soñaban con volver a Picos; eu en cambio desidín que o paraíso existía e taba ao leste da Curuña, e era, en palabras do jran Cunqueiroun lugar feliz, donde sopla el céfiro blanco y nadie conoce el hambre,la enfermedad ni la muerte.

Fame non, pero aljo de sede si que nos quedou, que en canto acabamos de correr e volvimos ao mundo urbanisado sacaron aí unhas birras para estirar a justo, que xa saíu o Luis disindo que se en ves do San Mamede fixeramos a santa Mamada e así, e soamente non faltou montar nos cochitos da festa. Porque para máis fartura tan en festas en Sada.

Xente CAS: Fede, Grinch, Lola, Patricia, Iago, Serxio e Mario
Localisasión: San Mamede. Repito: San Mamede


Foto Grinch.

Pero había que regresar. Xa á noite, conducindo pola espantosa Ronda de Nelle, dei en lembrar aquela de Dios ke te Crew que diBenvido a Mordor, antes de entrar ponte a máscara, perigo! Zona canceríxena!


Por sorte, chegaba inmunizada desde o paraíso. Porque para vivir en Mordor hai que marchar namorada doutros sitios, non sei se me explico, Vizinczey.

E ajora que xa quedou todo claro, veña para a cama soñar con sereas. Namoraivos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario