"Soamente cantan
e bailan e seguen así ata que un dos seus deuses chega e fala a
través dun deles. Por algunha razón elixen noites coma esta"
Foto Jose
Monte Xalo. Media noite
dun sábado de ajosto. Ceo estrelecido. Choiva de perseidas. Eramos
nove zombies subindo a todo meter unha encosta á lus dos frontais.
Dos nove, eu fun a
elixida. De socato, a media subida, erjín a ollada ao ceo e
"escoitei unha voz que falaba sobre un silencio sepulcral. A
miña voz. Falando co Houmfort. Estaba posuída". E dixen
así, atender á revelasión, que é divina:
"Así a todo, hai que
estar moi pirado de dios"
Así falaron os deuses
por min. E os oito zombies déronme a rasón. Non ma ían dar, se
falaban os deuses pola miña boca. Amais quero disir, por exemplo,
que Los Enemigos tocaban en Cambre. Ou que hai moitas festuquis polo
mundo adiante un sábado á noite. Ou que podes ir ao cine, ou quedar
na casa vendo unha peli ou lendo ou aljo. Diso último non me pedir
detalles.
E hai que ser medio
zombi, hai estar moi pirado de dios para preferir ver o solpor no
Petón Jrande e chejar ao Pequeno con noite pechada. Que tamén cun
pouco de sentidiño xa caes na conta sen revelasións nin hostias.
Pero por pirados que non
quede, ijual uns vinte habíamos. A culpa toda foi do Pequeno Besbello, que funsionalmente ao sendeirismo é como o Houmfort ao vudú. "Posúen
feitizos que farían unha persoa percorrer medio mundo. Teñen
trucos. Maxia". Andan provocando e lojo pasa o que pasa.
Coma zombies fomos acudindo ao reclamo dos tambores besbellos que nos
convocaban en Celas de Peiro ás oito da tarde.
Ao fondo, a mole de
Xalo, coma un inmenso boi deitado, en
palabras de M. Rivas.
En primeiro plano, unha vaca condusindo rumbo a Celas, contemplando o
perfil do Xalo e fasendo a pedante, nas miñas palabras.
Non
me deu tempo tempo de coñecelos a todos. Os pirados. Bueno, antes de
botar a camiñar oínlle comentar a Roberto que levaba
pateados os canóns do Eume desde as oito da mañá e viñera
dereitiño ao Xalo, seica non lle cheja o mundo nin as horas. Pero
ese era o do tambor. Tambor metafórico, entendámonos, zombies. O do
lío, o Besbello, o que anda matinando nunha proba de 500 quilómetros
e a nai que o pariu. Hai que estar moi pirado. De dios. E a Lali,
jrandirma avitualladora besbella, repartindo barritas con meijallo.
Enerxéticas, quer disir.
A foto xa non sei de quen é. Ha de ser de Manti ou de Jose que non saen
Aquí si
Petón Pequeno
Na
banda dos zombies, nun jrupo de nove, taba o Andrés,
orientador do Gallaecia. E Manti, biciclista e pateador de
lonjos percorridos. E Vanessa, que disque correu a Camovi e
moitas máis, unha fera. Tanto que ao rematar ela mais o mozo
quedaron aló no Petón a disfutar da noite en ves de baixar ao bar
de Celas tomarlle aljo. Que ijual son zombis-morcejo, non se sabe. E
Iolanda, que tirou pra arriba nas encostas coma unha campioa
con Begoña. E Toni, que polo visto fixera jran parte
do ultra dos Faros 2014 con Oliva, un tótem do sendeirismo galego. E
o Jose que nos jiaba.
E
jiar jiounos, pero non sei o que pasou que fomos ficando por diante
sós a noite, o Xalo e mais nós os nove, así descoljados do resto.
Coljados, mellor dito. Os máis pirados de dios, díjovolo eu. A
escoura. Os frikis. Perdendo de contemplar o ceo de ajosto sobre o
Xalo, cajoenros. Tanto apurar e mirar pra o chan para non escordar
aljo. Inda menos mal que paramos un cacho nos dous Petóns. Tamén
era obrijado: os Petóns do Xalo son de reverenciar, e quen non
lles rinda tributo é pirado de competisión ou zombi podrido.
Ata aí inda non chejamos. Polo de ajora. Deixádenos estar. Pero que
morriña da festuqui que deberon montar os de atrás, cajonojlorio. E
de tantas estrelas como verían. Sobre todo a pobre da rapasa que
escordou o nosello. A mellorarse, rula. Iso si, escordados ou non,
alí case nijén perdeu de faser unha consumisión no bar ao final.
E
que tan tarde se me está fasendo. Destas alturas non sei se disirvos
de soñar con zombis, besbellos, petóns, perseidas ou pirados. Ou
mandarvos ao Xalo. Que son horas, non sentides os tambores?
Fotograma da peli "Eu andei cun zombi", roubada eiquí:
As frases en vermello, roubadas da peli
Ningún comentario:
Publicar un comentario