Ás veses quixera vivir nunha peli de John Ford. Ser John Wayne mazándome
a hostias con calquera e acabar tan amijos.
Porque sempre intuín que
as amizades máis fortes son as labradas a hostiazo limpo,
dispensando. Hostias fijuradas tamén valen. Mesmo son preferibles, que somos políticamente corretas [sic]. Amais de pequenas, máis eficases no ataque verbal.
E canto máis vella
repunante vou, máis saudades das pelexas lendarias de John Ford.
Porque saberedes que cheja un punto na vida de toda muller en que, en
canto caes na conta de que a vidiña non che cadra, en ves de calar
coma un peto, bótaste de fronte contra o mundo co coitelo de matar o
porco. Fijurado tamén,o coitelo. O porco non sei como foi que se
coou, pero parese auténtico.
Pero vas e dáste de
fronte co baleiro ás máis das veses. Quedas aí coma unha idiota no
medio da nada, co teu coitelo fijurado, sen rivais.
Porque hoxe en día non
está de moda hostiarse, nin fijuradamente sequera. É moito máis
elejante ignorar as voces discordantes. Invisibilizar a disidencia.
Enrocarse, erjer valados inexpugnables, parapetos ideolóxicos ou
simplemente conservadores de vellos costumes devenidos (revenidos?) norma por mor
de inercias. Hai moito mestre en apuntalar preconceptos.
E canta májoa me dán.
Tan elejantes na arte de desprezar sen facer aprezo que lentamente
van murchando afojados pola falta de aire novo.
Como vella repunante
permitídeme un consello: buscade o rival e medide as vosas forzas.
Sairedes mazados e enlamados, o máis sejuro. Pero conforme avance a
pelexa, en cada jolpe aljo ha de moverse no voso interior (non
necesariamente os dentes). Aljo do contrincante quedará en vós e
quizais saiades transformados, coma quen retorna dunha longa viaxe.
Renovados.
Amais sempre fasedes a
escusa para ir ao bar botarlle unha pinta co outro e comentar as
mellores xojadas.
O que vos dijo, ás veses
soño que vivo nunha peli de John Ford. Veña durmire.
Ningún comentario:
Publicar un comentario